20130912

A residencia de maiores, pasiño a pasiño

Comentaba hai tres días a (pen)última postura da Consellería fronte á petición dunha residencia de anciáns para Ribadeo. Hoxe xa está na web do concello a pre-resposta á última polo momento.
Adiantaba daquela que era previsible unha resposta roma da Consellería e que fora cal fora, a comisión tería feito un traballo que tería que continuar. E nesas estamos. A 'nova' proposta é fundamentalmente igual que a anterior sabida luns, presentada doutro xeito, e coido que non é difícil ver que a necesidade pasa por outro camiño de compromiso, aínda que non sexa pouco o conseguido ata o momento, dende o terreo a boa parte do financiamento. Máis aló de quen poda ver manobras políticas no que polo momento é unha acción de Ribadeo en conxunto, resulta doado aliñarse completamente coa postura que representa agora mesmo o alcalde como cabeza visible.
Digo o de 'máis aló' consciente de que nun tema calquera sempre pode haber posturas encontradas, que aquí polo momento foron adaptándose en aras dun ben común aínda que non sexa o ideal de todos e cada un.
O caso é que tras un ano de traballo, o avance é substancial, pero pode irse ó carallo en calquera momento para ter que comezar de novo sobre uns plantexamentos diferentes. E coido que é iso o que ten que quedar claro ós responsables políticos: que a cousa, de calquera xeito, cunha ou outra orientación, continuará ata que se consiga un mínimo aceptable. E que polo tanto, o movemento pro-residencia fará de memoria provisional de Ribadeo na que constarán os pasos dados e tamén as actuacións de cada parte, dos responsables e dos irresponsables.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

¿quén é o arquitecto que fixo o presuposto?? ¿cal é a empresa constructora?? ¿non se pode chegar a un concerto cos cartos que hai a que outra Empresa constructora a faga e empezar xa a facela sin máis dilación...??? cales son as trabas e por qué tantos miramentos... dimes y diretes...!!!! O palé de ladrillos vale 35 €, o metro cúbico de aréa 40 € e un palé de 71 sacos de cemento 250 €, calquera pode ver que os materiales son baratos ... man de obra...????? depende de donde sexa...!!!

Agremon dixo...

Sei que quen está con isto ten a percepción de que xa se conseguiu, que os cartos son abondos para ir tirando...