20130711

Sobre un comentario sobre a temperie

Atardecer dende a zona da illa Pancha

Hoxe amence coas rúas molladas e a vista pecha, e lémbrome dun comentenario que oín onte de pasada a unha muller falando por un móbil. Ó chegar á casa, mirei a temperatura, 19 ºC, como antes me fixara na visión, cousa de 1 km, con néboa suave, igual que o vento, asemade unha brisa suave. Ben, como digo, a muller estaba a falar por teléfono, e a presentación foi: 'oye, mira, que estamos en Ribadeo, pero que está superdesagradable'.
Evidentemente, a muller e eu non tiñamos a mesma percepción. Eu vía un día tristón pero polo demáis, abondo máis agradable que os 35 ºC ou 40 ºC doutros lugares, mentras ela o vía 'superdesagradable'. Quedoume a tentanción de preguntarlle se o que pasaba era que non quería que o seu interlocutor ou interlocutora viñera darse un garbeo por Ribadeo a sacarse o suor contínuo co que naquel momento me imaxinei que estaría nunha temperie 'superagradable'.
Si, xa sei que non leva feito moito sol neste verán, que para velo de contínuo hai que achegarse á Garganta ou á Xesta, aínda que abondo máis preto se poda desfrutar del tempo abondo. Xa sei que a auga está fría este verán. Sei que tanta néboa non é boa ... Sei que un día que saín papei unha sueira e estaba desexando voltar a un clima suave (o coche ía cheo e coincidíamos todos) que temos que vender non só como noso, senón como contraposición ós extremos doutros lugares. E si, gústame algún día tomar o Sol. E si, a boa parte da xente que coñezo e coa que teño comentado o tema, coincide comigo en que este ano no noso microclima temos unha temperie mala, que sería mellor un pouco máis de Sol, pero que nos gusta esta temperie abondo máis ca outras.
Nubes altas sobre Ribadeo

Ningún comentario: