20130731

Escollera no

En torno á ría hai conflitos. Ás veces, pequenos, dos que non nos enteramos; máis probable aínda se se producen á outra beira. Quedei sorprendido hai pouco por un que non sospeitaba.
A foto corresponde ó peirao de Castropol. Nel aparece unha inscrición xa medio borrada: 'escollera no'. Non sabía a que se refería. Unha escollera en Castropol?
Preguntei a un remeiro e aclaroumo de xeito rápido: Na construción da rampa de baixada, nova, que se ve na imaxe, os remeiros non vían a necesidade de poñer pedras de protección -a escollera- que ademáis lles impiden abarloar e baixar dun xeito máis doado. Loitaron, e polo que se ve, perderon. As causas, quizáis que comezaron demasiado tarde, cando se enteraron, ou quizáis intereses económicos en botar unhas pedras nunha zona aparentemente calma e onde non parece que fagan grande labor, cando no muro pegao non hai tal.
Sexa como sexa, a escollera está feita ... e pouca xente o sabe, nin pola ría (unha pequena cousa en comparación con outras que se levaban feito) nin pola loita (quizáis tamén menor) nin moito menos polas causas.

Ningún comentario: