20130613

Porque aquí no va a la cárcel ni dios

Ó final da proposta B de selectividade en Galicia para lingua castelá é nidio e cortante. O texto, de Manuel de Castro, Crónicas de la emigración, 21/1/2013, adaptado, faría pensar ós alumnos que 'Spain is different': amosaba a confesión de Lance Amstrong e contrapoñíaa ó que sucede en España. No deporte, si, pero sobre todo, en políticos e financieiros.
Hai unha cousa coa que non concordo: en base a que 'o fai todo o mundo', debido a que 'todo o mundo' enfróntase ás probas en contra do seu comportamento cun sorriso e mantendo a mentira, en base a que 'todo o mundo'  público e cheo de lixo, nas últimas décadas ocultou a súa cara e esquivou pedir perdón, en base a iso, afirma o autor que fan ben os que así actúan. É un xeito de aplicar aquilo de 'en terra dos lobos hai que ouvear como todos' co que non podo concordar. Se non defendemos facer o ben, remataremos sinxelamente 'facendo ben' e de paso, cargándonos a ética e o futuro.
Quizais non sexan bos tempos para a denuncia, de tan afeitos que estamos á corrupción. Quizais a fartura de denunciar mentras se ve que aumentan os motivos para facelo e as denuncias non teñen consecuencias produza un perigoso fastío. Si, o quizais só vela un pouco o feito real destas cousas, o fastío, que se está a dar. Pero o quizais deixa un resquicio á esperanza. Un resquicio que hai que aproveitar. E loitar. Quizais hoxe dende a minoría e mesmo a marxinación do sistema. Hoxe. Se queremos un futuro hai que comezar a construílo. Hoxe.

2 comentarios:

mil profesionales dixo...

Contra el aforamiento de los políticos

http://www.milprofesionales.org/diputados-que-todavia-no-han-renunciado-a-ser-aforados/

Un saludo

agremon dixo...

Interesante a web do mentario anterior ...