20130105

Escrito de Pancho Campos: HISTORIA DA RÍA DE RIBADEO. O TRIBUTO DAS CEN DONCELAS

Perguntáronme fai uns días o que era este tributo, e dado que para a nosa historia local e nacional e algo digno de saber por todos, vouno expoñer tal cual eu o sei.
O Tributo das 100 Doncelas era unha contribución casi de vasallaxe que entre finales do século VIII e mediados do IX os pobos de Galaecia tiñan que pagar o emir de Córdoba, Abderraman I (756-788)
Mauregato, rei de Galaecia entre 783 e 789, ou o que “parece” o mesmo, rei de Galiza, Asturias e León, tomou o trono de Silo (774-783) no ano 783 coa axuda de Abderramán I, e como pago polo favor que lle fixo, quedou obrigado o pago deste tributo de vasallaxe, que consistía en entregarlle o emir 100 doncelas vírxenes e fillas de fidalgos de ditos reinos.
En 788, os condes Don Arias e Don Oveco, rebeláronse contra Mauregato e mátano como venganza de haber asumido e concedido este tributo o emir de Córdoba. Bermudo I “o Diácono”, rei entre 789 a 791, sucesor de Mauregato, vence en Astorga a Hisham, e sustitue o tributo das doncelas por un pago en diñeiro.
A Bermudo I sucédeo Alfonso II “o Casto” (791-842) quen se resiste tamén a pagar o tributo en cartos, e vese obrigado a entrar en batalla cos moros, vencendoos en Lugo na batalla de Lodos, matando o capitán musulmán Mugait, e así consigue temporalmente librarse do tributo.
Pero, posiblemente polos favores de apoio que uns e outros señores feudales, pedían os emires de Cordoba, para manter as prevendas do feudo, o caso foi que o tributo das 100 Doncelas non se erradicou, e a Alfonso II sucédeo Ramiro I (rei de Galaecia entre 842-850)
Os pobos limítrofes da Ría de Ribadeo, tiñan que entregar al menos cinco das doncelas esixidas, e todas elas, iban sendo entregadas as comitivas moras, polos pobos cristiáns do Norte, e eran reunidas nun punto próximo a Las Traviesas, lugar próximo a Betanzos, para ser trasladadas máis tarde a Córdoba.
Nunha das voltas de recaudación, a guardia mora que escoltaba as doncelas, a altura de Riberas do Sil, atopouse coa comitiva de Don Alvaro Fernández Miranda, que viña de Santiago (aparecera o sepulcro en 808), e ante o cal as doncelas fincáronse de xeonllos e suplicáronlle que as librase dos carceleiros. Don Álvaro Fernández de Miranda entrou en batalla, e derrotou os moros, librando as doncelas e devolvéndollas os seus páis.
Despois, en reunión conxunta con Ponce de León, solicitaron o rei Ramiro I que non volvese a pagar este tributo. Ramiro I acepta, e non volve a pagar o tributo das doncelas en todo o seu reinado.
A Ramiro I sucédeo Ordoño I (850-866) que se ve obrigado a sair de León con tropas cara os territorios moros, pois estes querían que se seguise pagando o Tributo das Doncelas, e as tropas de Al-Andalus tamén saen a percura dos cristiáns.
Téñase en conta que as doncelas fidalgas eran “mercadoría moi valiosa” pois iban de concubinas para os serrallos do emir de Cordoba, e nunca máis se volvía saber delas.
Os exércitos de Galaecia e Al-Andalus atópanse na vila de Clavijo (Logroño), e entran en batalla.
Según a lenda histórica, Ordoño I, tras un primeiro día de loita desafortunada contra as tropas de Muza “o Renegado”, entrégase a oración e aparéceselle o apóstolo Santiago e ordénalle que reanude o combate o día seguinte, decíndolle: “Dí os teus soldados que confesen e comulguen, e maña ataca os moros invocando o nome de Deus e o meu. Eu marcharei a cabeza das tropas montado nun cabalo branco, cunha bandeira tamén branca na man, e os inimigos serán derrotados”.
Así, milagreiramente, o apóstolo Santiago, apareceu en batalla sobre un cabalo branco, e os cristians venceron. Desde entón data o grito de invocación: “Santiago e cerra España” con o que os españois entran en batalla. Tamén podemos recordar, que hoxe en día celébrase a Festa das Doncelas en León, xunto co día da Nosa Señora do mes de agosto.
 A Don Alvaro Fernández Miranda e á Ponce de León lles foron concedidas como armas de nobleza as cinco doncelas, as cales, en forma de roeles grande e pequeno, están representadas no cuartel dereito superior que pode verse perfectamente, no escudo heráldico da Casa de Miranda na súa casa de Ribadeo na rúa Amando Perez fronte da fonte dos Catro Caños. Este escudo, e proba evidente, de que dito Tributo das Doncelas existiu, pois ainda hai xente excéptica que dí que o tributo é máis lenda que historia, quizáis debido a estar algo embarullada a historia co “milagreiro suceso” de Santiago Matamoros.
Pancho Campos Dorado

1 comentario:

Enrique Sampedro Miranda dixo...

Curiosa historia. Sabía que o escudo da casa en fronte á fonte dos catro caños era dos Miranda, pero non coñecía o seu significado.