20121217

Estados Unidos estimulará a economía ata que o paro baixe do 6,5%

Será nova? Non é unha inocentada? De feito, a nova é do día 12 e ata hoxe deixeina gardada por se había desmentidos ... Non os houbo, pero tampouco se lle deu moito aquel por estes lares... Debe ser por incredulidade respecto do que está a pasar na chamada 'pel de toro', na que segundo parece, non importa moito o paro mentras se lle pague o que se debe ós bancos extranxeiros, previo agasallo duns cantos miles de millóns de euros ós 'nacionais'. Claro que mentras, en Ribadeo o que se discute esta semana na Comarca é sobre as corridas e que político é peor (neste segundo caso, o menos importante son as accións de por que se lle chama peor, que tamén a Xunta recorreu unha sentenza sobre o galego que segundo ela, lle daba a razón), e en España, anda a xente moi alporizada pola posible independencia de Cataluña, sen analizar moito as causas do conflicto para tentar resolvelo e precisamente ocultándoas na propia discusión. Mentras, a razón pasa a ser cada vez máis de que a pode mercar (hoxe entran en vigor as taxas).
Así que, se nos contos Obélix dicía aquelo de 'están tolos estes romanos', agora aquí, tocaría dicir 'están tolos estes norteamericanos' ou máis ben actuar como os norteamericanos? Dígoo porque aquí parece que está en marcha a toleada colectiva.

Ningún comentario: