20121231

A San Silvestre do 2012 (e dos pasados anos)

O resultado pode verse en http://www.championchipnorte.com/index.php?op=result_ext_list_carre&re=201&carre=Proba%20Absoluta.%20Distancia:%204938%20m , pero o ambiente tento deixalo abaixo, xunto con algún dato máis (foto e vídeos), este ano que non corrín...
Listado de distancias en relación ás categorías.
 O recorrido dos pequenos, comezando dando a volta ó Campo.
 Xusto antes da saída dos maiores.
O recorrido dos grandes (igual ó do ano pasado)
O vídeo da saída:

O vídeo da chegada (vencedor, 15 minutos xustiños):

As San Silvestre ribadense de anos pasados:
S. Silvestre 2011
S. Silvestre 2010 (con perfil)
S. Silvestre 2009
S. Silvestre 2008

Despedindo o ano, despedindo un ribadense

   Hoxe é fin de ano. O dato non significa nada máis que unha convención, unha volta máis da Terra arredor do Sol completada dende un determinado punto de inicio. De feito, outras culturas teñen outros comezos de ano, e aínda que pouco a pouco parece que se vai uniformando cara ó comezo de ano occidental, hai que lembrar que os chinos, por exemplo, nos levan máis de 2 500 anos 'de avantaxe' no seu cómputo numérico. Así pois, o motivo da festa é máis ben 'convencional'.
    Aceptado o anterior, ó mellor sería cousa, como fai máis dun medio, de glosar o sucedido no ano. Desisto hoxe de facelo (quen quera, xa sabe que ten unhas 400 entradas no blog para facerse unha idea dalgunha cousa que foi pasando en Ribadeo e fóra), pero non de lembrar. De lembrar a unha persoa que xa non está connosco e que foi 'Ribadeo pata negra'. Deixo a continuación un pequeno escrito que fixen para unha publicación que sairá en 2013, e polo tanto cun formato adecuado a ela, non a un blog, para que sirva de metáfora dunha persoa que tampouco se adecuaba á tecnoloxía actual, con notas en pequenos papeles en varios bolsiños repletos de lembranzas contra o esquecemento, todas relacionadas con Ribadeo, e notas mecanografiadas nunha máquina de escribir.
-->
Gilberto segue
GilbertoSuárez Méndez, Ribadeo 19360731/ Ribadeo 20120611, segue vivo entre nós. Unha persoa non morre mentras o que ten feito perdura. E Gilberto fixo moito polo ben de todos, as súas obras perduran no tempo, renovándose ano tras ano nas mans doutras xentes que o teñen como referencia: o seu nome perdura, está vivo.
Quizáis alguén das novas xeracións non coñeza aínda a Gilberto, pero é difícil chegar a Ribadeo e estar un certo tempo sen saber del. O antroido (carnavales, dicía el) asóciase con el como unha constante durante moitos anos, dende o primeiro no 1984, formando parte dun grupo de xente que pouco a pouco se iría renovando.
Articulista na Comarca e noutros medios, as súas notas tentaban dar información ou formular peticións evitando aristas que poideran rasgar a comunicación: o primeiro era a harmonía.
Activista, participou fundou e máis adiante presidiu a asociación de veciños O Tesón, despois de ter participado noutra asociación de veciños de curta duración aló polos 80 do pasado século. Quizáis non veña mal facer un inciso e lembrar que foi el quen animou á xente, fixo o papeleo e recibiu a comunicación da inscrición da asociación, con data de saída de Lugo de 9 de abril de 2003, despois de xuntar a unha serie de persoas para constituír a comisión que lle dera nacemento. Comisión da que foi tesoureiro e que deu lugar a unha primeira directiva, da que foi vicepresidente, posto que deixaría para pasar a ocupar máis tarde a presidencia (abril 2006), que deixou a petición propia en xullo do 2007 nunha renovación sobre a que consta en acta: “A engadir como complemento o aplauso outorgado a Gilberto Suárez Méndez pola labor como impulsor da asociación e posterior directivo durante toda a vida da mesma”.
Xunto coa súa actividade nos xornais, participou en libros, sendo por exemplo artellador do libro dos carnavales de Ribadeo, dende o comezo ata o fin, xa sen Pepe, co que comezou. Representante de Follas Novas na súa xira arxentina, tamén foi o impulsor do retorno dos restos dos irmáns Moreno a Ribadeo. E poderiamos seguir cunha grande variedade de actividades en favor de Ribadeo e os ribadenses, presentes e pasados (aí queda o retorno dos irmáns Moreno); por poñer un exemplo máis, arredor do fútbol, afición e pasión que animou activamente, espallou e describiu nos seus artigos.
En fin, non se trata nestas liñas de facer unha biografía, que dun xeito ou outro xa as ten (dúas mostras na rede, http://www.galegos.info/gl/gilberto-suarez-mendez e http://gl.wikipedia.org/wiki/Gilberto_Suárez_Méndez), nin tampouco unha elexía coa consideración de que como xa pasou, foi bo. Ou de escapar de diferenzas nalgún tema, que tamén as tivemos. É sinxelamente o deixar claro que Gilberto respondía a 'por Ribadeo, o que faga falta'. E facía o que fora necesario para o ben de Ribadeo: iso guiaba a súa actuación.
Antonio Gregorio Montes, Secretario AVV O Tesón

Algunhas referencias na web:

20121230

Aquí como en Viena, 20121229

Dende unha mañá de domingo con villancicos sobados non só deste ano, senón de moitos anos (a razón dunha vez/hora, máis de oito horas/día, dúas semanas), martilleando os oídos a unha hora na que a rúa está vacía, lembro o concerto de onte, un deles, o 'Aquí como en Viena', cun auditorio Hernán Naval case cheo e un son que fixo subir aplauso tras aplauso.
O director, ó comezo, dirixiu unhas verbas ó público, e logo Víctor Villar tamén fixo unha curta alocución para lembrar os actos do festival solidario (dous concertos, onte e antonte, e un mercado do troco, hoxe, na praza de abastos), e logo comezou o concerto.

Deixo gravado todo en tres partes. A primeira, ata o descanso, a segunda, do descanso ata o teórico final, e a terceira, un agasallo da banda e a marcha Radetzky.


20121228

Un artigo que enviei: Santo e Mártir

Xa saíu en Crónica 3 hai uns días, e hoxe sae na Mariña/El Progreso:
Santo e mártir
Parece que en Ribadeo, dende a semana pasada, temos un santo e mártir, ó estilo do santoral clásico. Para compensar, tamén habería un fanático actuando de mala fe en contra do probe do santo.
A cousa é que Balbino Pérez foi absolto pola Audiencia Provincial despois de non ter feito caso de máis dunha decea de denuncias á miña instancia. A raíz diso, un xornal publica declaracións súas nas que tenta igualar absolución con rectitude e de paso, descalificarme.
Os feitos están aí, recoñecidos, e consultables na documentación do caso e na sentencia. A confusión na interpretación que se manifesta na sentenza é consultable asemade. A pesar diso, os primeiros, os feitos, quizais debido á segunda, polo que parece non constitúen delito. É dicir, non constitúe delito que un político faga o que fixo Balbino a pesar de recoñecer que non fixo o que tiña que facer. Ben, ó contrario da claridade dos feitos, a sentenza non é doadamente interpretable, ao menos por min, pero remito directamente a ela. Invito á súa lectura e remito a unha próxima visión dela en internet.
Quédome polo tanto sen comentar máis a sentenza, só o farei polo momento coas manifestacións de Balbino a conto dela recollidas nalgún medio. E nin siquera con todas, que non é necesario aínda que ningunha delas teña desperdicio.
Así, afirma que teño un problema persoal con el, que creo que podo facer política dende unha asociación veciñal, e en particular na toma de decisións que corresponden ó pleno.
Por partes: non fun eu quen deixou de tramitar as denuncias, e si quen tentou solucionar a situación en diferentes ocasións, pedindo reunirme co el e avisándoo do que estaba a facer, e que o estaba a facer mal. Tampouco fun quen no alegato final do xuízo sinalou con cabeza baixa (polo que parece agora esquecida) que sentía se tiña feito dano a alguén coa súa actuación. Así pois, cabería dicir máis ben que Balbino ten un problema persoal comigo: intentar calarme. Por outra banda, non comprendo como di que ten tanta xente con problemas persoais con el, xa que noutros lugares das súas declaracións engade máis persoas coñecidas no pobo e cita ata dez casos xudiciais, de todos os cales parece ser que logrou saír absolto, sen castigo.
Sobre o de facer política, coido que o emprega como se un arma arroxadiza se tratara, descalificando con elo ademais ó resto de participantes nas directivas coas que compartín a honra de tentar xestionar de xeito adecuado a asociación de veciños O Tesón (por certo, nunca como presidente). A dicir disto que só os políticos que tentan facer un coto vedado da política discuten que todas as persoas temos non só o dereito, senón o deber, da participación política. Algo que axuda a distinguir as persoas doutros animais como os borregos. Sen necesidade de ‘usar’ unha plataforma de veciños, acusación que quizais veña dada por unha desgraciadamente estendida costume de facer uso de diversas entidades mediante a súa manipulación dende postos de poder.
En canto á interferir nos plenos, teño curiosidade en saber como se podería facer dende os xeralmente pouco concorridos bancos ou sen asistir a eles. Teño curiosidade porque das súas verbas parece deducirse que el si sabe como pode facerse. Mesmo intúo momentos nos que puido facelo.
Fala da petición de 30 000 € por dous anos de denuncias escamoteadas incumprindo o seu deber. Só unha comparación: foi el o que reclamou máis de 12 000 € (a parte de outras partidas que non lle foron retiradas e que polo tanto, enténdese que seguiría a cobrar) por emolumentos de menos de dous meses de mandato nos que estaría cumprindo as súas obrigas. E por certo que os conseguiu! Ademais, non foi el quen fixo célebre en Ribadeo coas súas intervencións nos plenos a frase ’será por dinero?’
Acúsame de actuar de mala fe. Se defender os meus dereitos é actuar de mala fe, si, actuei así. Se defender a paz dos meus é actuar de mala fe, si, son culpable. Se darlle anos de oportunidades de rectificación é actuar de mala fe, entón declárome culpable de ser un inocente e crer nas persoas, mesmo naquelas nas que non debera.
Para xustificar a mala fe, fala de que o denunciei como persoa particular e non como alcalde. Pois si, resulta que non denunciei ó concello, que é o que parece el tería querido, e que segue castigado polo tema do ruído nocturno dende o 99, senón a el como responsable. Considero que non é o concello como entidade representante do pobo o responsable de que non se traten as denuncias e teña que sufrir as consecuencias. Nin a súa estrutura, así, en abstracto. Nin o pleno, que non traslada papeis. Non, coido que non son o posto nin a cadeira os responsables, senón a persoa que os ocupa. E que esteamos afeitos polos medios a sufrir resolucións que admiten feitos pero exoneran de culpabilidade non me fai cambiar de opinión. Para entendérmonos: coido que no seu momento había un dereito de pernada, xustificado daquela dalgún xeito pola lei e o poder que a impoñía. Xa non: non o hai na actualidade e non está xustificado legalmente.
Collo para rematar unha cita recente que se pode atopar en internet:
“Los derechos y las libertades no son gratis. Costó mucho conseguirlos y costará también mantenerlos. Hay que ejercitarlos. Hay que defenderlos. Hay que luchar por ellos. Hay que unirse para hacerlo y hay que ayudar a los que lo hacen, aunque a ti en ese momento no te afecte. Y hay que estar dispuesto a perder algo para defenderlos.”
Os feitos están aí. Os dereitos, hai que seguir a defendelos. Os de todos.
Antonio Gregorio Montes

20121226

Sobre a asamblea de Amadores

O pasado sábado 20121222 tivo lugar a asamblea anual ordinaria de Amadores da Música. Aprobouse de xeito unánime a acta anterior e as contas, que inclúen case 26 000 € de gastos e un saneado balance no que aínda non están incluídos os recibos dos socios deste ano. Detalláronse asemade no apartado de gastos diversas axudas.
Fíxose tamén unha relación de actividades pasadas e as que se pretenden no futuro, comezando estas polo concerto 'aquí como en Viena 2012', o próximo día 29 (antecedido dunha saída) e salpicando as actuacións xa pasadas doutros feitos, como a xuntanza en Cabanela este verán, a edición en curso do DVD do 20 aniversario ou a lembranza dos novos músicos incorporados.
Pedíronse ideas para levar a cabo, e déronse. Unha morea. Dende colaboracións coa coral ou algún grupo a concertos didácticos nos centros educativos, pasando por concertos conxuntos con outras bandas.
De calquera xeito, dende o meu punto de vista, o tema estrela foi unha novidade proposta dende a propia diretiva, un proxecto participativo a medio prazo no que se constituirían dúas mesas de traballo, unha artística e outra socioeducativa, que levarían a cabo de xeito independente cada unha un par de xuntanzas de diagnose e outro par para perfilar a estratexia posterior. Sería unha acción a incorporar de xeito sistemático no futuro, na que polo momento participaría xente da directiva, músicos, socios, profesores da escola, concello, asociacións culturais ... en xeral, xente involucrada dalgún xeito, incluíndo o que se entende por stakeholders, os 'mantedores de opinión' que poderiamos chamar opinadores cualificados. Pedíronse voluntarios para levar o proxecto a cabo.  De xeito natural, o proxecto completariase cun plan de difusión.

E armouse o belén

Coido que non é a primeira volta que falo de beléns no blog (por exemplo, aquí-2008, aquí-2012 ou aquí-2010). Coa chegada da época, de novo armouse o belén: http://ysearmoelbelen.blogspot.com.es/.
Ribadeo, de mans da sociación belenista, estase a converter en terra de beléns. Este ano, a parte do xa antigo da Terceira Orde, está o de Casa Maseda, o belén nabateo, e o do antigo local do banco de Galicia, o belén florentino, ámbolosdous mantidos pola asociación.
Deixo a continuación unha imaxe do blog da asociación belenista, cunha peza a medio construír, nun encuadre que da idea da magnitude do edificio, que hoxe se atopa no local da r/ Rodríguez Murias.
Palazzo Ruccelai en construcción para o Belén florentino
O caso é que pouco a pouco, e este xa é o terceiro ano que a asociación belenista monta o belén, en Ribadeo estase a crear un fondo de imaxinería e tramoya, xunto cun saber facer  ó que se lle podería sacar proveito. Como xa teño comentado con xente da asociación, a formación de unha ou dúas persoas por tempada pode desembocar nuns postos de traballo artesán que, segundo os datos que eles manexan, pode ser convinte como elección de modo de vida. Máis cando a propia experiencia dos asociados ten servido xa de formación colaborativa por un período de tres anos. Así pois, Ribadeo, a vila dos beléns? Por que non?

20121223

Ben, xa está roto o consenso sobre a residencia en Ribadeo (II)

Despois da entrada de onte sobre  mesmo tema, o artigo de José Mª Rodríguez, presidente da Comisión Pro Residencia, publicado hoxe en Crónica 3 , no seu propio blog, e (supoño) en impreso hoxe ou próximamente:
¿A QUIÉN SIRVE EL PP DE RIBADEO?
José Mª Rodríguez .- Quiero empezar, ante todo, manifestando mi pública admiración y felicitación personal al portavoz de grupo político del PP en Ribadeo, Sr. Valín, por su apoyo y adhesión a los acuerdos de la Comisión pro Residencia Comarcal de Ribadeo, entre los que figura un acuerdo unánime para la celebración en fechas próximas de una concentración ante la Consellería de Benestar de la Xunta en Santiago. Y lo hago porque la valiente actuación del Sr. Valín, es no es la usual en la generalidad de los actuales políticos que se decantan por apoyar las conveniencias de sus partidos por encima de los intereses del pueblo a cuyo servicio dicen que están. Así acaba de pronunciarse el PP de Ribadeo, en unas declaraciones hechas en la prensa el día 22 de diciembre, en las que el presidente de la junta gestora, el Sr. López Penabad, y en contra de la actitud adoptada por su portavoz municipal, desautoriza y niega su apoyo a la mencionada concentración.
La extraña razón en la que apoya su negativa es porque el PP, según él, apuesta por el diálogo. Un diálogo mediante una entrevista personal con la Conselleira de Benestar de la Xunta que, tanto la Plataforma de Vecinos del concejo de Ribadeo como la Comisión Munciapal, llevamos dos años solicitando. Una demanda de diálogo, avalada por más de dos mil firmas de vecinos de este concejo remitidas hace dos años, al que la Conselleira ha contestado con su despectivo silencio. ¿A qué diálogo se refiere, pues, el joven alevín de político y presidente de la junta gestora del PP de Ribadeo? ¿O es que pesan más en él sus expectativas personales en el partido que el bienestar de los ciudadanos a los que proclama que va a servir? Espero que el pueblo de este concejo tome buena nota de estos comportamientos.
Justifica, además, el silencio y la negativa de la Concelleira a recibir a esta Comisión pro Residencia, diciendo que “A Xunta está facendo un estudio serio das posibles ubicacións de unha residencia, mirando a demanda que hai, e unha vez que se resolva propoñerá unha ubicación”. Los vecinos de Ribadeo somos plenamente conscientes de los esfuerzos de la Conselleira para dotar de una residencia a los pueblos según sus necesidades. Precisamente de ese esfuerzo y objetividad en la ponderación de esas necesidades salió la concesión de un geriátrico para Foz. Una villa que goza ya de una residencia, tiene otra de la Xunta en Burela a 10 kilómetros de distancia y otra privada en Ferreira do Valadouro de gran capacidad a 19 kilómetros. ¿Tiene más necesidad de residencia esta villa que la de Ribadeo? ¿Son esos los criterios que mueven los acuerdos de la Conselleira?
Desde aquí y en nombre de todo el concejo y de los ancianos que en estos momentos se ven obligados a acabar sus últimos días en otras residencias foráneas, alejados de sus familiares y amigos, manifiesto mi agradecimiento al Sr. Valín por su valiente postura, lógica y esperada por parte de un político que se supone que está al servicio de los vecinos.

 Obras de José Mª Rodríguez

 

20121222

Ben, xa está roto o consenso sobre a residencia en Ribadeo

Chegou o agasallo do PP polo Nadal a Ribadeo: unha xuntanza antonte, a decisión dunha medida de presión fóra de Ribadeo, e, voilá! o PP desmárcase e pasa a exercer de oposición da oposición.
Repito: oposición da oposición, que non goberno, que move máis á compasión e ó victimismo, ó tempo que da menos solucións.
De que se trata?
Mentras as peticións públicas non saíron de Ribadeo, e foron iso, peticións tentando aclarar, o partido 'tolerou' a actividade para lograr unha residencia de anciáns en Ribadeo. Despois de ano e pico, incluídos varios desplantes por parte da Xunta, aprazamentos, falta de resposta, etc, entón prantéxase ir a Santiago e facer forza alí dun xeito público, o que se entende por unha manifestación (aínda que a un desprazamento así non se lle pode chamar só manifestación). Vaites, non! Que entón en Santiago poden enterarse que o PP ribadense non ten o control, e ademáis, pide algo para o pobo que os de enrriba non consideran! Así pois, segundo o PP, manifestación, non.
Permítome pasar de puntiñas ata o momento por un tema relacionado: Manuel Valín, representante no concello polo PP como cabeza de cartel, apoiou a realización da manifestación (a xuntanza de antonte implicou un apoio unánime dos reunidos)mentras que agora parece que algunha facción deixou a Valín como minoritorio dentro do partido en Ribadeo. Coido que non é a primeira vez que pasa algo disto dende as eleccións, e que haxa diálogo dentro dun partido coido que é bo. Máis, a tenor das informacións, non é exactamente diálogo construtivo para determinación dunha liña de actuación, senón enfrontamento polo poder, algo ben diferente no resultado e na convivencia.
A residencia en Ribadeo leva retraso. A crise vai adiantándose e adiando unha posible solución, e minguando os recursos ó tempo que dando desculpas para solucións. O futuro está aí e hai que loitar por el. Dar desculpas despois de todo este tempo para dicir que se está a facer un estudo, non é de recibo. É de esperar que a xente de Ribadeo non o recibamos, cun motivo que non tiña antes a consellería cando nin recibiu á comisión.

20121221

Comentario á presentación do libro de Camilo Nogueira

Onte fun á presentación do último libro de Camilo Nogueira, Para unha crítica do españolismo, na Casa das Letras e da man da AC Paco Lanza.
Apreciei escoitar a Camilo Nogueira, pero en canto ás ideas expostas, atopei algunha cousa que quería comentar e que non me foi posible pois o asunto alongouse demasiado e cortaron o turno de preguntas cando ía facelo. Houbo quen me preguntou se gravara a charla de Camilo, pero aínda que se me pasou pola cabeza, tamén no momento da pregunta tiña claro que non foi tan aquilatada como para unha gravación, co que non a podo poñer aquí, e facer amago dun resume requeriría máis tempo do que lle vou adicar. Aínda así, se falo dela é porque quero deixar constancia do que ía dicir na charla, aínda que aquí esteña descontextualizado e polo tanto corra máis risco de non ser entendido, xunto coa dificultade de expresalo sen ese contexto.
En primeiro lugar, tanto Camilo como logo varios intervintes fixeron mención da resistencia en relación á lingua galega (sobre todo, aínda que tamén a Galicia como idea, se ben neste segundo caso foi mediante a citación da eliminación ou ninguneado de elementos históricos). Houbo quen se remitiu á resistencia pasiva de Ghandi como algo ata certo punto parello en idea. Eu coido que a resistencia pasiva chámase así por mal nome, pois de pasiva tiña pouco, e o nome de resistencia quédalle certamente desacougado. Coido que nun mundo en cambio, calquera resistencia leva sempre as de perder se se concibe como defensa e non, falando nos mesmos termos militares, como ataque. A resistencia en concepto remata por implicar unha cerrazón e ista unha falta de miras máis aló da propia cerrazón.
A segunda cousa que me gustaría ter dito é sobre o nazonalismo contra nazonalismo, relacionada co anterior: na discusión nazonalista moitas veces é necesario centrar o tema, centras as forzas sobre a defensa e extensión da propia idea, e así o que da soporte da idea sofre unha deixazón por mera falta de atención. Para comprendérmonos, o exemplo da ría de Ribadeo: a discusión do nome hai veces que oculta os esforzos pola súa conservación, sen a cal o nome podería deixar de ter sentido ou ó menos pasaría de ser un orgullo a ser unha rémora. Algo así pode pasar con Galicia cando o nazonalismo esquece un contacto co pobo e/ou tenta convertir un centrismo en Santiago como pode haber e hai outros centrismos en Madrid ou calquera outra capital, como contrapoñendo nazonalismos nun mundo onde hai conciencia de que non hai centro, aínda que haxa identidades.


20121220

Ja! Ou o riso do control financieiro.

A ver: Créase un banco malo para xestionar activos con perdas, e resulta que non é banco nin é malo, segundo a ministra. Ata aí, vale. Resulta que tampouco é público, e que os seus directivos, postos dende o ministerio, poden cobrar tranquilamente os seus 0,5M€, porque teñen limitado o soldo, que se non...
Pero resulta que por agora non vai ter persoal, e entón váilles pagar ós bancos que lle 'prestan' os seus activos pola xestión dos mesmos. A caraba! Ou sexa, imos entre todos pagar unha renta mensual ós bancos que teñen activos polos que están nominalmente perdendo cartos  ('realmente' perderán se os venden agora, o que non tería por que suceder en principio, e de calquera xeito, serían as 'leis do mercado' que tanto defenden)
Vamos, que non existe máis que para que o estado se desfaiga dalgúns cartos nosos que lle sobran. Que invento isto das transferencias financieiras!

20121218

O plan perfecto: pagar para vender

Hoxe a portada da Voz é clara: o banco Novacaixagalicia val -3091 M€. O seu significado, tamén: haberá que desprenderse de 3091 M€ (+1 €) para quedar a pre e que alguén se faga con ela. Outros tres mil millóns máis [nota: máis de mil euros por cada galego], ... e segue sen pasar nada. A que me refiro? En todo caso, a responsabilidade sería por ganar moito catro directivos o último ano. Do anterior, non se fala. Da responsabilidade dos políticos e supervisores, tampouco. De quen vai pagar eses 3091 M€, tampouco (aínda que isto, como do que quedaría anterior, tamén se sabe).
Por certo, no paquete vai o nome. Hai un ano sabiamos que quebrada ou non, era algo público galego. en breve, tras entregarlle cartos outra volta, será de quen sexa, e o nome, que inclúe a Galicia, tamén será reservado para alguén de fóra.
Hai un anuncio de bankia nos xornais estes días que serve tamén ó caso. O lema, a toda páxina, é 'imaxina o plan perfecto'. Sen comentarios.
Un par de cousiñas 'sen vir a conto': collo de diasderaia un par de datos, que inclúen 600M€ de subvención para os touros, que serían soportados por un 9% da poboación española, segundo o MCu. Ou sexa, unha subvención duns 150€ por persoa interesada. Quen dixo que había crise? Aquí págase para vender!...

20121217

Estados Unidos estimulará a economía ata que o paro baixe do 6,5%

Será nova? Non é unha inocentada? De feito, a nova é do día 12 e ata hoxe deixeina gardada por se había desmentidos ... Non os houbo, pero tampouco se lle deu moito aquel por estes lares... Debe ser por incredulidade respecto do que está a pasar na chamada 'pel de toro', na que segundo parece, non importa moito o paro mentras se lle pague o que se debe ós bancos extranxeiros, previo agasallo duns cantos miles de millóns de euros ós 'nacionais'. Claro que mentras, en Ribadeo o que se discute esta semana na Comarca é sobre as corridas e que político é peor (neste segundo caso, o menos importante son as accións de por que se lle chama peor, que tamén a Xunta recorreu unha sentenza sobre o galego que segundo ela, lle daba a razón), e en España, anda a xente moi alporizada pola posible independencia de Cataluña, sen analizar moito as causas do conflicto para tentar resolvelo e precisamente ocultándoas na propia discusión. Mentras, a razón pasa a ser cada vez máis de que a pode mercar (hoxe entran en vigor as taxas).
Así que, se nos contos Obélix dicía aquelo de 'están tolos estes romanos', agora aquí, tocaría dicir 'están tolos estes norteamericanos' ou máis ben actuar como os norteamericanos? Dígoo porque aquí parece que está en marcha a toleada colectiva.

Unha felicitación

Aló polos 80, un membro do club Altruán ensinoume a manterme sobre a piragua e mesmo avanzar  para moverme pola ría con tranquilidade. Moitas molladuras seguidas, a paciencia do meu mestre e algo de voluntade pola miña parte, deron resultado ó fin.
Despois deixeino, pero ségueme a gustar, en particular polas posibilidades que ofrece.
O Club Altruán cumpriu 30 anos. Con boa saúde. Dende aquí, a miña felicitación ós que mantiveron e manteñen un espazo que ten historia pero que sobre todo foi bo para moitas persoas en Ribadeo.

20121215

A ría de Ribadeo ten nome

Onte chegou a min un vello artigo (do 2002) sobre a historia do nome da ría de Ribadeo, por Gonzalo Anes, en La Nueva España, que antes fora publicado en ABC, ningún dos dous considerado 'pro Galicia', que eu saiba. Queda referido asemade en Publicado en Ribadeo.
E unha curiosidade: quen tente atopar o artigo en La Nueva España, atoparase con isto.
Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de 'publicado en Ribadeo'. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo

20121214

Xardín sen xardín

Coa liña actual, así será. O que en tempos foi chamado 'xardín de Sela', despois pasou a ser sinxelamente 'xardín', e logo pretendeuse 'de indianos' nunha zona, remata de sufrir unha nova merma. Hai uns meses tomei nota no blog dun atentado que fixera arder o parque infantil de preto das vivendas sociais. Estas semanas remata de consumarse: en troques de amañalo alí, convertiuse en aparcamento, deixouse un anaco máis para beirarúa, e o parque pasou a unha nova posición diante da casa do óptico. Hai que recoñecer que no paquete foi incluído un camiño que evita a rotonda e pasa por diante do canapé, que facía falla despois de quedarse o concello co tramo que antes era de Fomento e a construcción da rotonda (que tamén colleu parte do xardín, claro)...
Enrriba, a obra, aínda sen rematar.
Abaixo, outro anaco de parque sen parque. O terreo cedido para a instalación dunha terraza segue así meses despois de que o local cerrara:
Co que, de seguir, nun tempo quedará o ceo...




20121213

Repartir dor

Gobernar, ás veces, é repartir dor. Gallardón, Ministro de Xustiza, dixit. Quizáis se se fixera xustiza no reparto, o goberno podería ser bo. Se se reparte dor inxustamente, non.
Terá que ver o anterior comentario ministerial, por exemplo, con que o Goberno teña ordeado á Guardia Civil que lle diga a que políticos está investigando ou cos levantamentos de penas discrecionais do mesmo Goberno? Con poñer atrancos ó coñecemento público das accións administrativas? Con eximir de impostos á igrexa ou poñerllos ó 1% ás grandes fortunas, ou perdoar as triquiñuelas pasadas ós mesmos mentras sube o ive de xeito indiscriminado? Quizáis teña que ver coa petición de apretarse o cinto mentras os políticos electos votan que sexa obrigado para eles viaxar en clase selecta a costa do erario público? Quizáis cas rebaixas de soldos ós funcionarios, perseguindo mesmo ás institucións que tentan resistirse, mentras os deputados aprazan a súa plicación a eles mesmos? Ou cos atrancos para protestar xudicialmente por diversas vías, como o aumento de taxas mesmo por riba dos potenciais beneficios que poidera traer unha decisión xudicial favorable? Con impor taxas elevadas de matrícula ós estudantes ou repagos sanitarios? Con agasallar a determinados bancos con cartos de todos?
Está visto, repartir dor dese xeito non é gobernar, é sadismo. Independentemente de quen o faga, aínda que neste momento, está claro quen.

20121212

O IES de Ribadeo, a base de voluntarismo

Coido que é a lectura que se debera dar ás queixas de CIG Ensino nos medios, nun tempo de recortes á educación e ós educadores: estamos a traballar nun lugar cunha obra que non está entregada e que polo tanto está cando menos nun limbo legal, como deixamos patente no último claustro e indica unha nota enviada polo conxunto de profesores á administración educativa a raíz dun acordo tomado nese último claustro. Lembro que o IES de Ribadeo naceu este verán e non antes, e que aínda está a poñer en marcha os seus órganos de decisión. Na realidade, está a nacer aínda, que poñer en marcha un novo centro, e máis coa falta de previsión administrativa amosada, non é baladí.
Abaixo deixo testemuña dunha consecuencia intrascendente da situación: luces con sensores que as acenden automáticamente en pleno día en zonas con amplos ventanais, ou aínda algunha que está permanentemente acesa e pola non entrega, resulta complicado corrixir. A foto está tomada esta ponte pasada, en día non laborable.
Por certo, é un recorte doutra na que se ve un cartel eleitoral á esquerda (deixei de xeito intencionado a beira), correspondente ás últimas municipais, que queda para outro día.

20121211

Enviado o 19 de maio do 1995

Revisando vellos ficheiros atopo cunha carta ó director da Voz de Galicia:
"Sr. Director:
Día 17 de maio. Un quiosco.
- ¿Dasme o periódico?
- ¿Queres o libro?
... el libro viene en castellano. A quien no quiere caldo, dos tazas.
El resto del año, este periódico, que por lo demás tiene mi consideración, está escrito en más de un 95% en castellano. Para hacerse a la idea, un porcentaje muy superior a esta carta. ¿Se puede cambiar? ¿Por qué no?
Sr. Director, Vd. tiene la palabra.
Gracias."
A resposta? A calada.

Juan José, un ribadense internacional

Din que vigués, pero Juan José Rodríguez Andina é nado e medrado en Ribadeo...
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/12/06/investigador-vigues-dirigira-revista-internacional-ingenieria-electrica/722719.html
A revista: http://ieee-ies.org/index.php/pubs/magazine

Sinxelamente, Ribadeo

Hai veces que hai que deixar actuar aquelo de 'unha imaxe, mil palabras'. A cámara non é boa, o fotógrafo, tampouco, pero as imaxes collidas este fin de semana pasado de Ribadeo poden dar algo de si.
Ribadeo, terra mar e aire, na lonxanía dende a Garganta.

O ceo de Ribadeo no solpor dende as Figueiras, preñado de nubes artificiais: o ceo, roteiro de viaxes, saída de xente.

A torre dos Moreno sobresae na silueta, con edificios a esquerda e dereita, axudada polo Mondigo.

Dende O Cabazo, algúns parecen raios, pero non o son.

A ría reflicte.

... adeus ó Sol

20121210

Nova sección en Publicado en Ribadeo

Tres traballos (e os que virán) dan pé á apertura dunha nova sección en publicado en Ribadeo.
Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de 'publicado en Ribadeo'. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo

De fóra

Si, polo momento, en Ponte Caldelas. Recollo a nova do blog de Piratas de Galicia, e acepto mesmo o seu comentario.
Máis aló de cuestións éticas, a mensaxe? Quizáis algo así como 'merca e pode que te merquemos'. Por esa orde, claro: consume, e logo xa disporemos. A túa vontade xa a temos de comezo ...
Por certo que xa hai anos que me lanzaron unha pretendida maldición: 'ogallá os teus fillos non teñan traballo'. A persoa vive, daquela aínda non había crise, ...

20121208

Sobre unha barreira en Ribadeo

Unha pequena historia... Dende a construción do ferrocarril da costa, ten habido un paso a nivel  nos Garitos, ata que con bo criterio, decidiuse substituílo por un paso inferior. Entón desviouse a estrada, que antes transcorría segundo a liña vermella, a un trazado semellante ó da liña verde, baixando o nivel da calzada e subindo un par de metros a vía do ferrocarril para facilitar as cousas. Aínda estaba a uns cantos anos a época da ponte e máis da autovía, o tráfico aínda non aumentara como no boom posterior, e a idea non foi mala para os coches. A xente da zona, a falta de mellores condicións de cruce pola estación do ferrocarril ou pola aínda máis alonxada ponte da estrada 'do monte', optou por seguir pasando pola vía polo mesmo lugar do antigo paso a nivel. A cousa foise endurecendo pouco a pouco ó aumentar dificultades para o paso, pero a xente a pé seguiu a cruzar, e máis aínda dende que se fixo a zona comercial, agora con cinco macro tendas. Con esa zona, dunhas poucas casas ó paso pasou a ser usado por unha parte máis numerosa do pobo, que, de xeito alternativo se viaxa a pé, ten que ir polo camiño marcado de azul, que aínda que é abondo máis longo e compartido polos coches, non ten case tráfico, en parte está sen asfaltar, non ten luz nas tardes de inverno ou aínda que teña un paso por baixo da estrada camiño ó actual entronque da autovía que está a auga e lama. É a opción dende o centro de Ribadeo, a non ser unha volta aínda abondo maior, pois o cruce de vías na estación, tras varias reformas, púxose peor, e pola ponte da estrada do monte tampouco hai arcén.
Quede claro que todas as opcións se usan, pero coido que a principal con diferencia segue a ser, a pesares de sucesivos atrancos en xeito de barreiras diversas, o cruce polo antigo paso a nivel. En días pasado houbo outra volta de aumento de barreiras, como puiden comprobar onte mesmo, volta que certamente fai máis difícil o paso, pero que xa xerou que unha zona do valado fora removida por alguén.
No medio de todo isto, hai pouco que se rematou a obra de cesión por fomento da estrada entre a glorieta da autovía e a Vila vella. Pero iso non se amañou. Púxose ata unha beirarúa ó mesmo nivel que a vella estrada na zona dos Garitos, pero non hai paso para peóns a traverso da vía. Ou para cruzar á zona comercial. É dicir, hai que ir en coche. A cousa contrasta con que unha vez cedida a estrada por Fomento, o primeiro que se fixo foi unha glorieta para que os coches poideran acceder á segunda parte da zona comercial (os actuais Lidl, Koodza e Merkal), mentras que o amaño da actual glorieta do xardín (da que haberá que falar outro día de xeito independente) aínda está rematándose estes días.
Non deixa de chocar a diferenza de trato que se lle da ós coches e ás persoas neste caso. Algo ó que hai que engadir que as dúas partes da zona comercial dos Garitos están separadas por un pequeno murete (resultado da delimitación dos terreos e aparcamento da primeira zona, a correspondente a Eroski e Brico King) que a persoas de certa idade ou con algo de carga non deixa e importunar abondo. Por certo ... onte mesmo amenceu en Facebook a idea de pedir ós centros comerciais que facilitaran o paso entre eles, mediante o uso continuado do buzón de suxerencias, petición á que me apunto e fago pública a traverso desta entrada. Estas verbas non serían máis que a ampliación da petición para involucrar ó concello e facilitar o paso, e a aportación dalgún dato 'histórico' relacionado, xunto coa constatación de que así non se favorece nin o gasto, nin a integración dos arrabais en Ribadeo, nin a ecoloxía ...

20121205

Mundo revolto ... significa revolución? non (polo momento)

O comezo da revolución pode ser un mundo revolto?
En Ribadeo, as festas van para o aparcamento, pero o mercado do Nadal ven ó centro. Sen carpas, que costan, pero con cubículos cubertos, que se non chove por dentro ...
Hai anos que o BNG estaba en cabeza da protesta contra os eólicos no Mondigo, ó pé das Catedrais, e ando na procura dalgunha das postais ou carteis que proxectaban a súa imaxe sobre a praia... Hoxe está en exposición a lista de afectados pola expropiación para realizar o parque eólico. Está no concello, controlado polo BNG, que deu difusión ó tema porque se non non se entera a xente. E punto.
O gasoduto está concitando estes días a tentativa de liderzgo do alcalde na zona para evitalo. Liña de alta tensión e construcción dunha estación transformadora quedaron na outra zona de defensa...
O alcalde invita a asistir ós plenos para que se vexa o que se coce e evitar os ataques do PP. Neste mesmo blog aínda hai non tanto se ten dito que non se sabía de que ía o pleno, que case nunca se sabía, e tantas veces se apuntou que os plenos parecían feitos en clave para que non se entendera, ou soporíferos para que non se soportaran, ou longos para que non se aturaran, e todas esas cousas, para que a xente os esquecera e os elixidos poideran campar máis libremente, e isto dende hai moitos, moitos anos ... Cambiará a invitación estas afirmacións?
A Xunta recorrirá á sentencia que lle ordena pagar a Acuinor pola paralización da piscifactoría de Meirengos, a actual lagoa Cascos. Antes, foi condeada por deixar pasar prazos administrativos ...
Pero non se crea o lector ou lectora: por cada cousa revolta en Ribadeo atopamos unha morea delas fóra...

20121203

Rajoy 'El bueno' ou un resume das novas

Tómeno a coña. Ou non. Collo un titular: 468 indultos en 11 meses. Preto de 3 indultos cada 2 días. O mesmo poder que tiñan os reis hai tempo, saltndose por riba do dereito. E o caso é que que como prerogativa do Presidente do goberno, non foi o único que o usou, se ben ten un rexurdimento con el. A moraleja: se amigo do Presi e terás premio cando faga falta. Ou cando queiras. Quizáis, nin faga falta ser amigo do Presi, senón amigo de amigo, ou neste caso cometer un delito que sexa semellante a algún 'non delito' polo momento, ou ... propiedade divina ista do indulto (non confundir con perdón)
Mentras, as pensións non se revalorizarán como a inflacción. Unha mentira máis previa ás eleccións. Cun engadido: a medida é 'absolutamente transitoria'. Como todo na vida. Ou, visto doutro xeito, cando vexan (por exemplo, antes dunhas eleccións, se cadra), voltarán a subilas.
Enterámonos tamén que boa parte do rescate bancario se convertirá en perdas. Era un 'préstamo', e polo tanto, 'a devolver con intereses'. Antes, non agora.
Os fichaxes entre sanidade pública e privada potencian a privatización. Non creo que sexa novidade: se hai negocio, e os que tratan por parte da administración son os mesmos que os que tratan pola parte privada, os intereses son coincidentes, non?
Un anuncio: 'Imagina el plan perfecto'. Que anuncia? Bankia, claro! Eles saben facer o plan perfecto, de comezo a fin, dende o aglutinar caixas ata ser sistémica, pasando por ser un furado negro de cartos ata a desaparción de responsabilidades. 'Definitivamente, existen los planes perfectos', eu tamén estou de acordo.
Máis, hoxe mesmo, supoño.

20121202

Dionisio Fierros en Publicado en Ribadeo

Despois de ter subido onte un artigo sobre Dionisio Fierros, hoxe subín a 'Publicado en Ribadeo' o artigo publicado en 'Cadernos do Castro de Viladonga' 'Pintura e fotografía no s.XIX: unha aproximación á obra de Dionisio Fierros', por Celia Castro.
Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de 'publicado en Ribadeo'. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo
O artigo, ampliable e descargable:

20121201

Si la Nación es pobre, vivan pobremente el rey y sus ministros

Corto e pego un post direitamente de http://representacionrealya.es/?p=33, ó que cheguei por unha ligazón nunha rede social, que xa non lembro. A ter en conta que a seu paso por internet é de xullo do 2011, logo xa vello, e a súa historia, moito máis. Xulga por ti:

“Hay en la actualidad, mi querido Alfonso, en nuestra a España una cuestión temerosísima: la cuestión de Hacienda. Espanta considerar el déficit de la española; no bastan a cubrirlo las fuerzas productoras del país; la bancarrota es inminente… Yo no sé, hermano mío, si puede salvarse España de esa catástrofe; pero, si es posible, sólo su rey legítimo la puede salvar. Una inquebrantable voluntad obra maravillas. Si el país está pobre, vivan pobremente hasta los ministros, hasta el mismo rey, que debe acordarse de don Enrique el Doliente. Si el rey es el primero en dar el gran ejemplo, todo será llano; suprimir ministerios, y reducir provincias, y disminuir empleos, y moralizar la administración, al propio tiempo que se fomente la agricultura, proteja la industria y aliente al comercio. Salvar la Hacienda y el crédito de España es empresa titánica, a que todos deben contribuir, gobiernos y pueblos. Menester es que, mientras se hagan milagros de economía, seamos todos muy es­pañoles, estimando en mucho las cosas del país, apeteciendo sólo las útiles del extranjero… En una nación hoy poderosísima, languideció en tiempos pasados la industria, su principal fuente de riqueza, y estaba la Hacienda mal parada y el reino pobre. Del Alcázar Real salió y derramose por los pueblos una moda: la de vestir sólo las telas del país. Con esto la industria, reanimada, dio origen dichoso a la salvación de la Hacienda y a la prosperidad del reino”.

Carlos VII. 1869, Carta manifiesto a su hermano S.A.R. Don Alfonso de Borbón y Austria-Este, que en 1931 se convirtió en Alfonso Carlos I. Primer documento con el que se presentó a los españoles.

Algo novo en Publicado en Ribadeo

A fotografía e a pintura nos retratos reais. Dionisio Fierros e a súa obra en Galicia, por Celia Castro Ampliable e descargable: