20121103

Unha lembranza despois de defuntos

Nestes días o cemiterio de Ribadeo tivo unha morea de visitas, como tódolos anos por estas datas. Fronte á entrada principal, a capela foi moito menos visitada que o conxunto do cemiterio, pero quen a visitou puido ver que as fiestras laterias non teñen adorno ningún, quedando con vidrieiras só os rosetóns de cabeza e entrada.
 Queda a foto de lembranza, e a lembranza de como comezou o tema do expolio das vidrieiras, ou como xa hai case dous anos houbo quen se puxo a traballar para que as vidrieiras se recuperasen. Sen froito polo momento, e esquecéndose o tema ata que ocorra outra ... [Lembro asemade o libro sobre as vidrieiras en pdf]. Na capela está a tumba dos irmáns Moreno, benefactores ribadenses ós que se lle debe a construcción da Torre dos Moreno ou o mesmo cemiterio, coa súa capela e as súas vidrieiras, e que descansan nese chan en parte pola acción de Gilberto Suárez Méndez, desaparecido este mesmo ano.


Ningún comentario: