20121128

Sobre a venda de leite, valor ... en perspectiva diferente

A conto dunha gráfica sobre o prezo do leito en Galicia estes últimos anos, que traía onte La Voz de Galicia, e outra da mesma fonte sobre explotacións gandeiras, collín os datos, procurei o ipc galego na web do INE, e construin un par de táboas diferentes, con datos que non se soen amosar así...
A primeira imaxe amosa os prezos medios de recollida do litro de leite ós gandeiros galegos dende xaneiro de 2005 ata setembro deste ano (en azul), e en vermello, o prezo a valor actualizado segundo o ipc galego. Así, aínda que o prezo de venda en xaneiro de 2005 era parello ó actual, só lixeiramente superior, en realidade, unha volta aplicado o ipc, estaría preto dos 40 c€/L, o que representa que na actualidade o prezo real do leite pagado ós gandeiros anda polo 80% de hai sete anos.
 En canto á segunda gráfica, é a representación da variación do número de explotacións gandeiras en Galicia dende o 94 á actualidade, en % de descenso sobre o número correspondente ó ano anterior (redondeados os picos por iso de ser datos anuais), onde se ven que as taxas negativas se manteñen ano tras ano, co ano máis negro en 2002, que case chegou a diminuír o número de explotacións en 1 de cada 5 en relación ó ano anterior. Cabería dicir que, ó ir diminuíndo o número, as porcentaxes de descenso iríanse reducindo, pero vese que cun pequeno descanso en 2008-2010, a cousa non é así, por desgraza. En canto ó 1994, con 0, non é referencia, por ser o ano inicial, e non debera estar na gráfica, sendo conservado só como indicación da variación nula, ó ser todos os datos negativos.

Ningún comentario: