20120921

Curioso

Falei xa aquí varias veces do novo IES de Ribadeo. Pouco a pouco vai comezando o curso, os adultos aínda non tiveron a presentación, e os problemas diversos de todo comezo, agravados polo atropelamento administrativo, maniféstanse nas cousas máis nimias.
Neste punto, parece que a precupación de certa xente pública é a de poñer o nome ó centro. Máis ben, como din, 'repoñer'.
Para centrar a cuestión, ata agora o nome dos IES era proposto nos consellos Escolares e votado neles. E aínda non hai nin Consello Escolar, pero reclámase á Consellería que lle poña nome (aquí, unha versión suave, suxerindo) nunha especie de exaltación patriótica e histórica (ver o artigo de Pablo Vivín na Comarca). Cabe lembrar que o nome proposto, Dionisio Gamallo Fierros, foi un nome que ostentou o IES nº 1 de Ribadeo só neste século, despois de nacer como 'Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel' e caer oportunamente en desuso o nome a finais do pasado século tras perto de media centea de anos e antes da lei de memoria histórica, de xeito que cando poucos anos máis tarde foi nomeado como Dionisio Gamallo aínda tiña a inscrición do seu nome oficial 'anterior' nunca (que eu saiba) oficialmente retirado.
Con dous antigos claustros en unión, amén doutros problemas e cuestións legais, como acabo de expor, coido que o nome polo menos debera esperar. E logo, xa se decidirá, se se lle da outro nome, a quen ou a que se asigna. Seguro que hai varias propostas.
Unha nota: aínda segue existindo un IES co nome de Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel en Madrid.

9 comentarios:

Plutón dixo...

Coido que subxace un erro de fondo nestas argumentacións: pensar que o IES Porta da Auga foi "absorbido" (por dicilo así) polo IES Dionisio Gamallo Fierros (noutro tempo Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel); polo que, unha vez rematado o proceso, este último centro debería de conservar o seu nome.
Pero, até onde eu sei, o proceso non foi este senón que o IES Porta da Auga desapareceu (aínda que perviva o CIFP Porta da Auga), o IES Dionisio Gamallo Fierros desapareceu, e nace un novo centro que a Consellería -como creo que sempre fai a priori- denominou IES de Ribadeo. Será este novo centro o que teña que decidir (nos seus órganos de goberno) se cambia ou non este nome que lle foi asignado.
Eu particularmente optaría por manter "IES de Ribadeo" ou escoller un novo nome (distinto dos dous anteriores) para este novo centro.

Agremon dixo...

Concordo!

Anónimo dixo...

Carlos Mª Rodriguez de Valcarcel debera de seguir sendo o nome do IES de Ribadeo (antigo Instituto Laboral de Ribadeo) pois quen o trouxo para Ribadeo foi aquel señor, e Dionisio simplemente foi un servidor daquelo, non sei por que se deben cambiar os nomes a institudións logradas con tanto esforzo pola intervención de moita xente, entre eles Pancho Maseda. Outro caso sería, o de nomes de calles e prazas, que se impuxeron a golpe do decreto de "aquí mando eu", pero o nome de obras habidas grazas a mecenazgos varios?? ¿por qué cambialos???

Yo escribo dixo...

Buenos días,

¿como les va a los 10 interinos que quedaron sin plaza tras la fusión?

Agremon dixo...

De eso parece que non se trata... Hai un pouco de todo no grupo.

Agremon dixo...

De eso parece que non se trata... Hai un pouco de todo no grupo.

Anónimo dixo...

Lido o lido, entenderedes entón estes argumentos:
Dionisio Gamallo non só foi un "servidor máis daquelo", foi o seu primeiro director e un dos que fixo posible que se levantara o centro en Ribadeo.
O POrta da Auga desaparece como centro pero queda o nome doutro centro, e eran dous e ninguén dixo nada, e queda un e a ninguén se lle ocorre decir que o cambien.
O Dionisio Gamallo non desaparece, leva aí desde o 1958, (con 34 dos 55 profes actuais).
Que o concello, por motivos históricos e públicos, decida, unanimemente, pedir que se manteña o nome é unha mostra máis da importancia de Gamallo para a vila.
... este é o verdadeiro asunto que subxace nesta reflexión. O resto son polémicas antigas, vendetas inútiles e ramalazos ignorantes e esquecedores. Un saúdo

Agremon dixo...

Entendo o primeiro parágrafo: non vin que ninguén negue un recoñecemento a Gamallo.
De aí en diante, a cousa cambia:
-Ninguén escribiu que se poña Porta da Auga, nin que non se lle poña. O de que dous centros leven o nome de Porta da Auga ten a súa historia. Sen máis. Agora ben, se alguén considerou no seu momento que non debera ser así, por que non o dixo?
- O Dionisio desapareceu: aí está o DOG. Invocar outra cousa, como número de profesores, é tentar que outra parte non teña nada que opoñer, como que a maioría da dirección corresponde á antiga do Porta. É dicir, coido que non ven a conto.
-Que o concello decida é unha opinión a considerar, pero nada máis pois o mesmo concello sabe que non é quen. E máis despois do que se moveu para que o comezo do curso do IES de Ribadeo tivera tódolos atrancos resoltos ...
En canto ó asunto, visto así, serían máis ben 'asuntos', con polémicas modernas, deste mes, que non antigas. O de vendetta non sei a que se pode referir; se a hai, seguramente sería mellor tentar de que non a houbera. E en canto á ignorancia e esquecemento, coido que están de máis, pois aí está a expo sobre Dionisio, o libro de Cortezón e moitas máis fontes, incluídas as orais, que ás veces recollen datos que son difíciles de atopar nos libros.
Un saúdo.

Anónimo dixo...

En La Comarca del Eo de 8-setembro-1968, está unha "Carta abierta a D. Juan Suárez Acevedo de Pancho Maseda (tema sobre o Instituto Laboral.... “rompieron el telón que en la enseñanza media separaba a los que habían nacido en camas con ropas de lino, de los que posaban sobre jergones rellenos de “puvela”....esta transformación cultural que se empieza a palpar... y que aún podría haber sido mayor, si la mezquindad y poca profundidad de horizonte de ciertos elementos de nefasto recuerdo que cortaron la organización de la granja Pedro Murias... por la que tanto y tan pocos hemos luchado.....”
Sería interesante saber por boca de Dionisio, porque deixa en 1961-1962 a dirección do Instituto deixando "aqueles nenos salvaxes, brutos e indomables..." e volta para a Academia....