20120806

Millor, mirar a outro lado

Por exemplo, fóra da Terra, a uns 260Mkm, onde hoxe a Curiosity chegou a Marte para proseguir unha últimamente de capa caída investigación espacial. E é que, se aquí a nivel Ribadeo imos quedarnos sen algunhas conexións de tren, e ademáis haberá trens que non chegarán, como os que circulen polo longamente anunciado pero cada vez máis achegado entronque con ENCE-Navia, se as fotos son usadas para imaxe máis que para lembranza, como as de inauguración da primeira empresa do polígono de Ribadeo ou a presentación da última guía turística, mentras non hai fotos para o último mazazo á cabana gandeira... Se a nivel Europa estamos parecéndonos cada vez máis, coa rebelión de alcaldes soportada polo goberno mentras non soporta o ensino ou a sanidade en España (aquí, unha mostra: non se pagan nin os premios escolares comprometidos nas olimpiadas de física), por unha beira, e cousas como a corrupción nos médicos alemáns que van acompañando en cada vez maior cantidade ó xa archisabido canxe de postos entre administración e finanzas en maior ou menor grao a nivel continental, entón, procuremos un respiro sen algarabía que nos permita reflexionar un pouco máis aló, no conxunto humano, e que relativice as cousas pequenas e as que consideramos maiores, deixando lugar ó importante. Mirando a outro lado ó mellor nos vemos con máis craridade.

Ningún comentario: