20120830

20120818

Perspectivas

As perspectivas cambian a percepción do obxecto, e do entorno ...
Pódese ver ó fondo, Comado, Mondigo e ata perto de Santa Cruz,

Ribadeo e a costa próxima,

O fondo da ría de Ribadeo,

... e as circunstancias das anteriores! (Monte San Fernando, ó sur de Trabada)

20120813

concerto 20 aniversario da Banda Municipal de Ribadeo

Celebrado no auditorio de Cabanela, o tempo calmo e temperatura agradable acompañaron, o mesmo que os paxaros, a vista ou o ambiente de vellos músicos, coñecidos e afeizoados, nunha velada que para min ó menos, foi moi agradable e de desfrute de tódolos sentidos (despois, os que pasamos pola banda tivemos churrasco, en colaboración cos xa bregados no tema Amigos da Semana Santa).
Por orde (a excepción de Nino Bravo en concerto, que  ...) o son, incluído algún paxaro e as verbas do representante da directiva e o director, o son foi:










E algunha imaxe para achegarse máis ó ambiente...
 Un par de notas:
1.Aínda que foi o concerto deo 20 aniversario, cabe lembrar que o concerto inaugural da banda tivo lugar o 19920125
2.'Un día destes' poñerei unha entrada con todas as gravacións da banda que teño (unhas 100 interpretacións)

20120811

Respirando

En agosto, a actividade de Ribade o é frenética. E a de fóra, tamén. En sentidos diferentes, pero coincidindo no ritmo. Faise complicado seguir algo cun mínimo de profundidade e visión xeral. É pois unha boa época para tomar un descanso, quizáis non só no blog, senón tamén noutras cousas, e adicar o tempo a vivir de xeito diferente. E iso vou facer uns días, de xeito que, se publico algo, non será máis que unha foto do marabilloso Ribadeo, esquecendo que hai aspectos non tan marabillosos. Un saúdo!

20120810

En agosto

Accións por todos os rincóns, festivas, vacacionais, distractivas ... mentras, as verbas mergúllanse na lei ou no comentario. Na lei, para quedar gravadas en pedra ou ocultas, según conveña a quen pode mover a pedra protexida na que están gravadas. No comentario para ser trivializadas. E as accións que se poden encadrar no que xenuinamente se considera política? Cada vez máis nesta terra, e agosto non é unha excepción, necesitase máis acción e menos verbas.
As ligazóns correspondentes ó dito antes poden atoparse polos meidos, dende os locais ata os internacionais ... fai a túa propia escolma.

20120808

Medallas

    Onte foi día internacional, tamén en Ribadeo. Por fin, varias medallas olímpicas nun só día. E non só iso, senón que unha, a de David Cal, é reclamada por algúns medios como de tintes mariñáns (lembrarei cando vaia en bicicleta, ou nade, ou corra, que o meu esforzo ten parte nunha medalla olímpica ...). Pero, máis caladamente, enterámonos onte doutra medalla: a de bronce de Amancio Ortega no ámbito de acumulación de cartos. A outra cara desa moeda, a de ouro no soldo mínimo no conxunto europeo, xa saíra nalgún xornal hai algún tempo. Tamén aquí terei algunha lembranza na miña cota nesta medalla, tanto á hora de comprar como á hora doutras cousas menos importantes como o diferencial de impostos entre rendas.
    Parece que seguirei contribuíndo a todas esas medallas (e a outras): facer deporte contribúe ó benestar (nestes tempos, din que ata contribúe máis que a boa sanidade ...) e fágoo de xeito voluntario. Respecto á ascensión en cartos das grandes fortunas do país, e respectando ós emprendedores na súa valía, parece que seguirei contribuíndo de xeito non tan voluntario, dado que, por exemplo, vanme cargar máis do 1% no IRPF, 1% que lle aplican ás grandes fortunas nos chiringuitos legais que teñen montados e máis aínda da penalización pola regularización de cartos evadidos (é dicir, pagos + castigo incluído) a facenda en anos pasados ... entre outras cousas.
    Para aclarar, só un par de citas:
"(...) el cocinero explicó:
-Los he reunido para preguntarles con que salsa quieren ser comidos.
Entonces, alguno de los invitados dijo:
-Yo no quiero ser comido de ninguna manera.
El cocinero dio por finalizada la reunión."
(Setiembre 6, E. Galeano, Los hijos de los días)

"-Colbert: Pero ya no podemos lanzar más impuestos sobre los pobres. -Mazarino: Es cierto, eso ya no es posible.
-Colbert: Entonces, ¿sobre los ricos?
-Mazarino: Sobre los ricos tampoco. Ellos no gastarían más, y un rico que no gasta, no deja vivir a cientos de pobres.
-Colbert: Entonces, ¿cómo hemos de hacer?
-Mazarino: ¡¡Colbert, tú piensas como si tuvieras el cerebro como un queso de Gruyère!! ¡¡Hay una cantidad enorme de gente entre los ricos y los pobres!! Son todos aquellos que trabajan soñando en llegar algún día a ser ricos temiendo llegar a ser pobres. Es a estos a los que debemos gravar con más impuestos… ¡cada vez más… siempre más…! A estos, cuanto más les quitemos, más trabajarán para recuperar lo que les robamos. ¡¡Son una reserva inagotable!!"
(http://maestroviejo.wordpress.com/2012/07/24/dialogos/)

A manifestación de afectados polas preferentes en Ribadeo

Dous anacos da súa protesta hoxe mesmo (ó fío do mediodía) diante de NCGB, a antiga Caixa Galicia. Caras coñecidas e outras non tanto. O alcalde, sen integrarse totalmente, seguindo o paso da protesta.

20120807

Os tesóns da ría de Ribadeo

Esta tempada é boa para observar os tesóns, con mareas baixas das máis baixas do ano. Onte mesmo tomei as fots de abaixo e algunha observación máis, como a profundidade en baixa dos dous puntos marcados no mapa do sigpac perto do peirao de Mirasol, en situación aproximada (quizáis o punto negro debera estar lixeiramente máis ó centro da ría...). Nestes puntos, a profundidade en marea baixa era de 70 cm no negro e 1,4 m no vermello. Así chama a atención que non aparezan reseñados nin o tesón de Castropol, nin o de Mirasol nin o da Vilavella, aínda que si o é o das Figueiras. Do de Mirasol e a Vilavella dan fe as fotos de embaixo, en series de tres tomadas dende o mesmo lugar do parque do mineral (con diferentes inclinacións) ó tesón de Mirasol, a lingua entre ambos e o da Vilavella, aproximadamente unha hora antes da marea baixa e na mesma marea baixa. Na marea baixa a lingua era de aproximadamente 50 m, semellante ás medidas tomadas o pasado ano, e a súa posición prácticamente coincidía coa división administrativa (que non centro) da ría.
Como engadido, na versión de sigpac da que tomei o mapa, nova destes días, aparece a ría de Ribadeo cunha liña divisoria administrativa e dous nomes, un a cada beira da liña ... A lembrar que o SIGPAC é posto a disposicón por unha institución oficial.








20120806

Pascal, citado por Galeano, traído aquí a conta da crise

"A boa política coñece este segredo: como facer morrer de fame ós que permiten vivir ós demáis"
(En E. Galeano, 'Los hijos de los días', Setiembre 5)
-a cursiva é miña-
E Pascal non foi considerado un profeta ...

Millor, mirar a outro lado

Por exemplo, fóra da Terra, a uns 260Mkm, onde hoxe a Curiosity chegou a Marte para proseguir unha últimamente de capa caída investigación espacial. E é que, se aquí a nivel Ribadeo imos quedarnos sen algunhas conexións de tren, e ademáis haberá trens que non chegarán, como os que circulen polo longamente anunciado pero cada vez máis achegado entronque con ENCE-Navia, se as fotos son usadas para imaxe máis que para lembranza, como as de inauguración da primeira empresa do polígono de Ribadeo ou a presentación da última guía turística, mentras non hai fotos para o último mazazo á cabana gandeira... Se a nivel Europa estamos parecéndonos cada vez máis, coa rebelión de alcaldes soportada polo goberno mentras non soporta o ensino ou a sanidade en España (aquí, unha mostra: non se pagan nin os premios escolares comprometidos nas olimpiadas de física), por unha beira, e cousas como a corrupción nos médicos alemáns que van acompañando en cada vez maior cantidade ó xa archisabido canxe de postos entre administración e finanzas en maior ou menor grao a nivel continental, entón, procuremos un respiro sen algarabía que nos permita reflexionar un pouco máis aló, no conxunto humano, e que relativice as cousas pequenas e as que consideramos maiores, deixando lugar ó importante. Mirando a outro lado ó mellor nos vemos con máis craridade.

20120805

A piques de rematar o día

Temas posibles, a antropoloxía da xira (de novo), o atardecer coa luz marabillosa sobre a ría de Ribadeo, ... ou a lembranza de que ata o momento este 6 de agosto, vaian 67 anos dende a morte da humanidade en Hiroshima. Desto último só vexo en toda a rede que frecuento unha entrada de Noam Chomsky.

A festa contínua continúa

Primeiro fin de semana de agosto. Xira, Festa do percebe en Rinlo, do Emigrante de Barreiros, do Bonito en Burela, Resurection fest en Viveiro ... E só é unha continuación das da semana pasada e antelación das da seguinte, en sucesión día-noite-día ou noite-día-noite, de sorrisos, ou viño, ou música (mesmo da ratoeira que soaba nalgures en pleno centro de Ribadeo esta mañá) elíxase o que se prefira ... tanto que mesmo Rajoy deixa de apretar o cinto ós demáis (mesmo cun axuste de máis, sen explicar) e se pasa por Sanxenxo. Si, pero ... mesmo hoxe se protesta en Burela pola supresión de servizos de Feve, a Consellería de Educación promete pagar nos próximos días os servizos de comedor que xa tiña que ter pagado hai tempo, ou a conto do ruído da movida, en Foz enfróntase o alcalde e un sindicato policial ... Tamén continúan outras festas.

20120804

Marcas

   Publicado o 19961231 na sección de A Mariña / El Progreso, e premiado pola Asociación de Consumidores, lembreime do artigo hoxe mesmo a conto dunha nota en Facebook de Suso López, en relación a iste artigo da Vanguardia. Aí vai pois ...  

Marcas 

   As primeiras marcas das que oín falar pode que foran as de gaseosa, pola competencia entre "La Casera", "La Revoltosa" e outras moitas menores. Non é que as marcas comerciais non existiran, é que non se identificaba o nome correspondente como se fai agora. Daquela, unha camisa era unha camisa, a secas, e os traxes facíannos os xastres, que non lles poñían marca, aínda que fora común o etiquetalos con algunha referencia. Logo, ese pequeno plantel de nomes comerciais que soaban foise ampliando a moitas outras cousas. Hoxe todo ten marca e conóceselle, dende os coches que ate cativos de dous anos recoñecen pola rúa, identificándoos co nome e logotipo, ós patíns, por rematar con outra cousa con rodas. 

   Nembargantes, as marcas como posesión oínas con posterioridade. Tampouco sabería dicir ben cando foi, pero creo que primeiro oín das marcas do gando e logo as do Imperio Carolinxio: ambas son expresión dunha pertenza. Moito despois oín falar, via tele, das marcas que fan os animais para delimitar o seu territorio, ou, aínda máis tarde, as marcas que lles corresponden nos humanos para marcar sociolóxicamente "o noso terreo". 

   Hoxe, que as marcas comerciais nos invaden porque todo son produtos manufaturados baixo unha "marca", atopámonos con que manifestan a posesión pero con orientación diferente, relacionado con esas marcas de compravenda. Fai xa algún tempo que os "niños pijos" comezaron a levar prendas "de marca". O fenómeno parece que se foi extendendo a grupos sociais cada vez maiores, cobrando importancia non só en temas de roupa, senon tamén en coches, bebidas... aumentándose como signo de diferencia a outros máis antigos: dende hai tempo, a xente "que pode" tratou de diferenciarse "dos comúns" por pequenas minucias como poder ter unha xoia máis ou aínda non só posuir un iate, senon con grifería de ouro. 

   Aínda así non deixan de chamar a atención particular cousas como aquelas vestimentas que poñen algo así como "property of ...", naturalmente, en inglés e cun nome a continuación que soa a alén das fronteiras aínda que sexa do pé da nosa casa. Eso de levar roupa cun letreiriño indicando que son propiedade de algo ou alguén lémbrame ós homes-anuncio que teño visto nas películas americanas cun cartel por diante e outro por tras anunciando calquera cousa. Aínda así, aqueles homes anunciaban algo, non a súa pertenza cal escravos a unha marca comercial. Xa lle teño tomado o pelo a algún/algunha que anunciaba a súa propia negación persoal dese xeito, a modo de dependente dun imperialismo económico. Con ese imperialismo, naturalmente, entran ideas, o capitalismo que as mantén e outra lingua. En particular, unha idea: a de ser propiedade dun nome, por contra a ter nós en propiedade o noso propio nome... 

   Así, os tempos de "ser do atleti" ou "ser do barsa" non pasaron, pero están deixando ver outras pertencias non tan anunciadas en conversas como vistas no comportamento e polo tanto, socialmente tan ou máis importantes. A invasión da economía en tódalas esferas da vida estase manifestando por detalles como este das marcas. Cabe alegar que estas "minucias" non son máis que a manifestación dunha maior socialización. E estaría dacordo con que a marcaxe dun territorio implica para as persoas unha elaboración cultural e que non ten por que significar ningún tipo de invasión nin perda de persoalidade... se non fora porque o mesmo xeito de marcaxe referido non é propio, senon mercadoría, e non implica construír algo para delimitar o territorio, senon sinxelamente un poder mercar imitable e imitado. E esa característica, o ser imitable, limita a marcaxe a unha pertenza ó "club" dunha marca, sí, pero do estilo da señal que o "señor do rancho" pon ó seu gando. Así se explica que hoxe as marcas comerciais supoñan para os fabricantes un activo superior ó das fábricas; de feito, moitos non teñen tan siquiera fábricas propias. ¿Que importa, se teñen a posesión dos compradores?. 

   De calquera xeito, non se poden olvidar outras marcas divisorias máis arraigadas: Non esquezo que fai pouco tempo presenciei como unha rapaza, emparentada co propietario dun bar, negábase a entrar noutro, alegando sinxelamente "eu aí non podo entrar". Teño visto sinais semellantes por enemistade ou calquer outra fruslería. Delimitación do territorio novamente. Enfrontamentos que non son da mafia pero lembran a aqueles. 

   E no medio de todo isto, ¿Onde queda o sentido de posesión propio? ¿Onde queda o ser persoa fronte ó ter unha ou outra cousa?. Erich Fromm, que escribiu fai xa trinta anos un libro, '¿Ter ou ser?'*, titulou outro 'O arte de amar'**. ¿Terá relación a marca e a pasión? ¿ou existirá máis ben entre o ser e o ser capaz de amar por encima de marcas e divisións?. 

 * To have or to be

** The art of loving

Estatuíña Premio da AGC


Presentación do libro de Primi Nécega

Abaixo deixo por partes a longa presentación do libro de Primi Nécega, onte, no cine teatro, por sete oradores, incluída ela ó final e comezando polo alcalde.
Coido que o libro en xeral gustará, con contos suaves e sinxelos, ó tempo que enraizados nun pasado mariñán non tan lonxano.
En canto á presentación, case tres cuartos de hora, propiciou que o cine teatro comezara máis cheo que finalizou.
O seu primeiro libro, de poesía, na súa segunda edición, foi editado por min (dispoño de exemplares)
Outras obras de Primi.


20120802

Sol, praia, ... craridade e prosperidade nun día no que as finanzas españolas voltan a estar da capa caída

Un par de citas de artigos de xornais que xa teñen máis dun mes: "La prosperidad, en definitiva, se fundamenta en la lucha política contra los privilegios. La concentración del poder en las élites, la conformación de instituciones en beneficio de las minorías, son razones poderosas en la explicación del atraso, del fracaso de las naciones, del contraste con las más prósperas". (Emilio Ontiveros)
En definitiva, lo que debería hacer el Gobierno es explicar más lo que está haciendo y lo que pretende hacer. No basta solo con explicar cada reforma (por muy importante que sea); lo que se echa de menos es una explicación general que diga con claridad hacia donde vamos e inserte cada medida en un todo coherente y eficaz. (José Luis Leal)
Ambos parten de supostos moi diferentes, como se pode apreciar, máis o fondo coido que se pode resumir: reparto e craridade no reparto, participación e consideración de igualdade na comunidade, e logo, o resto, que loitaremos todos xuntos con sentido de que estamos xuntos. Alguén se imaxina a célebre petición de Churchill de sangue, suor e lágrimas, pero só para a xente de a pé ?

20120801

En 2 días, xira de Santa cruz

Copio e pego o cartel dun dos lugares onde xa o levan poñendo varios días:

Para un día de calma

1 de agosto de 2012. Amanece con nubes, mentras as gaivotas graznan e o vento trae sons diversos, tamén do mar. Os faros xa apagaron a súa luz na ría de Ribadeo. Onte, unha posta de Sol nunha tarde agradable. Cara ó faro, o solpór iluminaba en vermello o promontorio de S. Cibrao, deixando a unha e outra beira unha zona que se ía cubrindo na penumbra entre nubes. O faro da Illa Pancha comezou a súa andaina nouturna. O resto dos faros da ría tardaron en seguilo. Primeiro, na enseada de Arnao, despois, na Ponte dos Santos, ... ata quedar sinalada puntualmente no espazo e no tempo toda a posible aproximación dende alta mar ata os portos da ría.
O primeiro saínte á esquerda, a Ínsua. O fondo, S. Cibrao como punto máis saínte na costa, e iluminado polos últimos raios de sol entre o cúmulo de nubes.
O faro das Carrallas, na ría de Ribadeo, en marea baixa (onte pola tarde). Ó fondo, a beira asturiana da ría,

Secuencia de luz do faro da illa Pancha.

Secuencia de luz do faro entrada-esquerda da Ponte dos Santos.

Secuencia de luz dos faros da entrada do porto deportivo de Ribadeo. A súa potencia entre tanta iluminación é pequena, por iso achego despois a imaxe.