20120605

Unha tarde para desfrutar


Onte, á tardiña, en Ribadeo, desfrutábase con vivir. Prima de risco? Dívar? Bankia? Latrocinio legal? Mellor a esperanza dun futuro mellor, máis en convivencia coa natureza, as protestas firmes, mantidas, pero lúdicas, imaxinativas, con futuro, as novas mañás (como a de hoxe) cun ceo que podes comer sen atragantarte, un decrecemento mantible, ...
A vida continúa, e sabemos que non vai ser o segundo sen algo do primeiro, pero hai que loitar para que nun futuro próximo todas esas cousas que nos teñen atenazados non sexan máis que unha anécdota. Entre todos. A sociedade, que somos nós.
Actualización: Vaites! e resulta que hoxe é o día mundial do medio ambiente!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Optimismo con déspotas como Dívar, Ordoñez, Rato... e a prima de Risco... monicreques do latrocinio legal?... creo que non son capaz de entender como se pode ser optimista tendo tanta cochambre que nos enterra ata a coronilla... que nos está afogando na xenreira... cos puños pretos dentro dos bolsillos do traxe de faena..?? o único que sinto é noxo ante o espectáculo...!

Agremon dixo...

Entendo o optimismo como algo relativo, pero tamén como algo vital, ás veces case unha necesidade motora para poder superar dificultades. Certamente, non se trata de sorrir e deixar pasar ou sentarse a esperar, senón máis ben de ter máis enerxías de partida debido ó estado de ánimo.