20120622

Os días comezan a minguar

Non se nota, pero así é. Entre onte e hoxe xa foi unha miguiña máis curta a noite. Pouco a pouco, sen decatarnos ata calquera sabe cándo, o fenómeno iráse manifestando cada vez máis e con máis variación. É un fenómeno anual, cíclico, e iso líbranos da noite perpetua no futuro.
En troques, hai outras moitas cosas que poden facerse máis ou menos cíclicas, pero que non o son per se. Un par de exemplos: as crises económicas e as novas.
En canto ás crises económicas, din as teorías ó uso ata hai relativamente ben pouco que son ('eran') cíclicas, pero sen precisar unha exactitude de tempo de intervalo entre elas nin de duración, nin de profundidade. A realidade convirte este tempo cíclico nunha abstracción para tentar funcionar, nada máis que unha referencia.
En canto ás novas, a cuestión tampouco é que sexan ou non cíclicas na súa cantidade, senón a cuestión estatística que fai parecer nalgúns momentos unha acumulación de novas e noutros unha seca, ou as dúas cousas ó tempo, segundo valoracións. Hoxe é un día para ribadeo que se pode incluír neste último comentario: o festival de fin de curso da EMMeD, as actividades a nivel de rúa que se van organizar pola 'noite aberta' (son unhas cantas), ó que hai que incluír a nova do novo libro do grupo de letura, o curso de verán sobre Arte e Patrimonio da USC, o temático de Educación infantil, o prazo das actividades para pícaros no verán, etc. E, non obstante, as novas de hoxe para Ribadeo voltan estar fóra. Por exemplo, que o Bispado parece que comeza a moverse, denunciando medio ano longo despois a substracción de pezas de diversas igrexas da zona. Ou que o alcalde de Ribadeo abordará en Bruselas a situación da praia das Catedrais.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

¿E non se lle pode escribir a Eurodiputada... en vez de ir a Bruselas falar con ela? Ou non sabe ler a señora?? ¡¡Hai que ter morro de carallo, coa que está caendo...e xustificar viaxes de excursións diversas!! ¿compénsalle o pobo de Ribadeo os gastos deste alcalde en "viaxes"...??

Agremon dixo...

Ó mellor é para ver as cousas máis en prespectiva ...