20120611

Gilberto

Escribir unha necrolóxica non é algo que me guste facer. Mais cando se escrebe é porque se cree que a persoa meréceo. Gilberto, Gilberto Suárez Méndez, meréceo.
Quizáis alguén das novas xeracións non coñeza aínda a Gilberto, pero é difícil chegar a Ribadeo e estar un certo tempo sen saber del. O antroido (carnavales, dicía el) asóciase con el e con outra persoa que nos deixou hai pouco tempo, Pepe, José Antonio González Iglesias, o mesmo que as festas, durante moitos anos, e como núcleo dun grupo de xente que pouco a pouco se ía renovando. Escritor na Comarca, as súas notas tentaban dar información evitando aristas que poideran rasgar a comunicación. Activista, fundou e dirixiu a asociación de veciños O Tesón. E xunto coa súa actividade nos xornais, participou en libros, sendo, xunto con Pepe, o artellador do libro dos carnavales de Ribadeo. Representante de Follas Novas na súa xira arxentina, tamén foi o impulsor do retorno dos restos dos irmáns Moreno a Ribadeo. E poderiamos seguir.
Non se trata de facer unha biografía, que dun xeito ou outro xa as ten, ata onte, incompletas. Tampouco dunha elexía coa consideración de que como xa pasou, foi bo. Ou escapar de diferenzas nalgún tema, que as tivemos. Sinxelamente Gilberto respondía a 'por Ribadeo, o que faga falta'. E iso guiaba a súa actuación. Non dende o 31 de xullo do 1936 no que naceu, pero alomenos, dende que nos coñecimos. Ata onte.
Algunhas referencias na web:
http://www.galegos.info/gl/gilberto-suarez-mendez
http://elprogreso.galiciae.com/nova/34231.html
http://ribadeo.com/o-carnaval-de-ribadeo.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2006/04/aparatoso.html
http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/Os+Cocos+de+Ribadeo
http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/Antroido+Ribadeo+2001
http://ribadeando.blogspot.com.es/2007/07/nota-de-prensa-de-o-tesn.html
http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2010/08/12/0003_8663508.htm
http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/25+aniversario+do+Entroido+Ribadense
http://elprogreso.galiciae.com/nova/60291.html?lang=gl
http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/Ribadeo+no+tempo


Ningún comentario: