20120521

Mellor, falemos de fútbol

Si, eso: mellor falemos de fútbol. Ó fin, 'as semanas máis importantes para España' veñen a coincidir co final da liga, quizáis por casualidade. Pero nin por esas. Anunciáronnos que semana tras semana veríamos novos 'axustes', pode que para meter medo e que foran máis doados (cuestión de psicoloxía social), pero se  con eso se consegue o obxectivo é a base de máis pesimismo, conséguese así tamén transmitir a imaxe de que todo vai peor antes que ocorra, e polo tanto, aumentan as probabilidades de que ocorra. Así pois, era preferible que a xente falara de fútbol por ganas que non sendo conscientes de que o é para fuxir da realidade. E as circunstancias fabrican esa consciencia. E se o medo pode resultar beneficioso para que non haxa resistencia, o ter máis medo, o pánico, é impredicible e polo tanto, incontrolable. Ata o fútbol pode ser xerme de revolución.
Onte algunha prensa traía estatísticas sobre o apoio ó movemento 15M. O titular era que tiña máis apoio. O corpo da nova, os gráficos e a información sobre como se fixo a enquisa, a pouco que se pensara neles, daban para a dúbida do título. Non obstante, coido que non importa: o movemento está a permear a sociedade aínda que xente non esteña de acordo con el. O acordo, a toma de postura, pode vir despois de xeito rápido, explosivo.
E máis aló, un pouco máis aló no tempo, a liga termínase. E pode haber un cambio brusco no que a xente pasa de irse cocendo lentamente sen resistencia, adormecida, á consciencia de que está cocida, de que sempre a poden cocer máis máis mentras esteña viva, e de que non é agradable. As revolucións son para o verán, parodiando o título dunha célebre película española.
25% de paro: a porcentaxe nos EEUU nos momentos álxidos da gran depresión, e o punto no que aproximadamente nos atopamos en España. Pode que aquí as redes familiares funcionen máis que naquelas terras, pero o soporte de mantemento do conxunto ten un límite, a propia rede familiar que amortece a caída dos que xa están en desgraza fai que se movan menos cartos para cousas non básicas no conxunto, e ademáis, as promesas de dirixentes con obxectivo de poñer as cousas peor non levan máis que cara abaixo. As novas de que Rajoy (coido que diferente de Raxoi, por certo) ve acabarse as posibilidades de acción mentras se convirte en máis Merkelista que Merkel, ou que a xustiza leva camiño da privatización que comezaron hai longo sanidade e educación, fan que a gráfica da evolución que se espera sexa máis inclinada aínda cara embaixo...
Falemos de fútbol. O certo é que non sei moito, pero xa aprenderei. Ó fin, quen non xugou co balón de pequeno?

Ningún comentario: