20120524

Cambio de columnas

Cando algo sae nos papeis varias veces, aprece que xa se esgotou o seu recorrido vital como nova, que xa non serve ou non ten importancia. Coido qae moitas veces é erróneo, porque precisamente é o longo prazo cando as cousas renden.
Algo do anterior téñoo para min relacionado coa Torre dos Moreno. Háille que facer tantos amaños que parece que nunca se vai rematar e polo tanto deixa de ser nova periódicamente para voltar a recoñecérselle a súa importancia máis adiante. E así sabemos que comezaron unha obras de substitución de columnas, que hai pouco aínda estaban incompletas, pero polo momento non saíu aínda nada de como se están a completar. E, polo contrario, calquera que se achegue ó cantón pode comprobar a evolución. As fotos teñen xa uns días, pero dan unha idea de cómo vai a cousa:
A primeira, un detalle da zona do pé das columnas, coa comparación do adorno xa posto e das outras columnas lisas.
A segunda, o conxunto das catro columnas dun grupo cunha lista, a excepción do adorno non pétreo, e as outras sen adornar.
Ben, isto non conleva o ocultamento doutras realidades, como a nova que sae hoxe na prensa de que a Xunta gastará 56 827 € en alimentación no piso tutelado de Ribadeo en dous anos. Claro que o anuncio, o título, é ben diferente ó considerar o conxunto de gasto 'na zona' e porque non se especifica o dos dous anos. Así nunha primeira lectura pode pasar porque se aumentou cartos ou non se diminuiu tanto a axuda xeral, cando as cifras de anos anteriores figuran nas novas desglosadas por concellos e son cantidades anuais. De cántos xeitos se pode dar unha nova?

Ningún comentario: