20120408

Non remataría aínda?

Refírome ás novas que se van acumulando, todas no mesmo sentido, e que non son a crise, nin afectan negativamente a quenes a provocaron, pero que se nos daban como consecuencia dela, e mesmo os últimos tempos, xa xa nin eso. Resumindo:
Facilidade de despido. Rebaixa do soldo a visto bó da empresa. Diminución da protección sanitaria, social, sindical. Reforzo da opacidade institucionalización (eso que se di que van sacar unha lei de transparencia). Perdón ós defraudadores económicos sentenciados. Amnistía ós defraudadores non cazados, e diminución de impostos ós mesmos. Préstamo público ós bancos ó 1% para reemprestar ás institucións públicas á porcentaxe que queiran. Absorción (e reabsorción) da corrupción nas institucións. Emprego de representantes públicos nas empresas. Emprego de interesados nas empresas en cargos públicos. Duplicación de funcións (e gastos) institucionais, con reiteradas promesas de diminución e incumprimentos a continuación. (engadir aquí as que se me quedaron polo camiño ... que son lexión -abondo máis que as que poño-, pois aínda que lembro outras moitas, para mostra, un botón) E, polo momento, a última (que saiu á luz pública): pago de 40M € por esixir que non se vulneren as normas da ONU sobre bombas de racimo. Bo, pensándoo ben, de seguro xa saiu á luz pública outra máis e non me enterei aínda...
Ataque ó goberno? Non, non a un, a moitos, aínda que me esteña a referir a España. [Indo ó estranxeiro, aínda que chegan menos novas dalgunhas cousas, e a 'densidade media de malas novas' parece nestes momentos menor que aquí, tería que referirme a cousas como a profunda tristura do FMI pola morte 'dun grego']
... quizáis, só quizáis, agora se esteña transparentando máis o que pasa. Total, a impunidade é a norma (é dicir, non pasa nada por ser transparente) ...

3 comentarios:

marinho68 dixo...

Pero...existe algún país que melhorase a súa economía facéndolhe caso ao FMI?

Anónimo dixo...

Hola Antonio, soy un asiduo lector tuyo y en muchas cosas estoy deacuerdo contigo y otras pues siento discernir en algunas cuestiones. Yo creo que esta crisis no fué "provocada" ni que hay unos "culplables", sino simplemente es un colapso de la sociedad de consumo, causada por un super endeudamiento. Esto que suena tan bien "El final de la Sociedad del Consumo", va a provocar el final de la Sociedad de Bienestar (no hay dinero para pagarla) el final de la clase obrera (no hay consumo, no hay por qué producir), y nos encontraremos en otra sociedad totalmente distinta a la actual y desgraciadamente no vamos a tocar la flauta y el harpa en los verdes y floridos prados precisamente aunque tendremos tiempo para ello. Por favor, solo piensa una cosa, si la banca no hubiera prestado esa cantidad de dinero no habríamos crecido económicamente como crecimos. Un saludo muy fuerte.

Agremon dixo...

Hai moitos anos comentáballe a alguén de ideas ben distintas ás miñas, Pancho Maseda, que consideraba que a humanidade estaba vivindo facía tempo por riba das súas posibilidades. Coido que en certo sentido a actual crise vai por aí, e que a provocación e a culpabilidade sería ata certo punto compartida, nun xeito parello ó de 'a ignorancia da lei non exime do seu cumprimento'. Pero aínda así, hai categorías e posibilidades de influenza totalmente diferentes. Si, por outra banda, a sociedade de consumo cambiará, a sociedade de benestar tamén, ... pero non tería por que cambiar como presumiblemente o vai facer. Por exemplo, en troques de producir uns poucos para todos (que 'todos'?) deslomándose mentras o paro fai sofrir á outra parte, por que non un reparto do traballo?. Si, xa sei que posto así, sen concretar, é algo utópico. Tamén é utópico pensar que unha sociedade pode ser estable con un acrecentamento contínuo das diferenzas de nivel de vida.
Estou de acordo por exemplo no que di anónimo sobre o medrar da economía española a raíz do préstamo da banca. Pero un aumento da cantidade non implica de xeito inmediato nin moito menos unha mellora de nivel de vida, nin siquiera máis bens dispoñibles. En fin, que unha mellor xestión, tanto antes como agora, era/foi/é posible paréceme algo evidente. E que houbo unha contribución 'estra' por cousas como corrupción, tamén. Un saúdo forte.