20120418

Interviú chega a Ribadeo: da Comarca a Interviú

Xa é unha nova atrasada, aínda que non a vin nos xornais: Interviu esgotouse antonte nos quioscos ribadenses. O motivo, aquí: 'el cura aristócrata y el misterio de las imágenes perdidas'.
A dicir que me ensinaron a revista, cunha muller espida de portada, pasando direitamente ás catro páxinas (máis abondantes en texto e fotos que a versión internet) e comprendín que o culebrón non é que chegara a Ribadeo, senón que foi xerado en Ribadeo por alguén que tan pronto di que está enfermo como quere protagonismo de revista sensacionalista. Entre outras cousas. Na revista, imaxes de santos agochadas nas catro páxinas á beira dunha foto onde amosa a súa posición económica para dicir que non lle fan falla as imaxes, ou a mesma foto da entrega das imaxes e demáis en Mondoñedo, nunha revista na que a liña é sexo, cartos, glamour, comidillas de artistas e famosos, ... e polo que se ve, o tema entra na liña tanto da publicación como do implicado. Mentras, o pobo é tratado dun xeito moi diferente a como o fai na Comarca. Da Comarca a Interviú. Polo momento.
* coido que é convinte ler algún dos artigos publicados ó respecto por aquí, abondo máis serios que a nova. Como por exemplo, iste.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Un bo caso para unha tesis doutoral sobor de sicoloxía e esquizofrenia. Un artigo que, ó decir que algún dos obxetos sustraidos estaba nun pazo en Mondoñedo, confesa algo que moitos sospeitábamos, que él non estaba só no latrocinio, senón acompañado de outras persoas relacionadas co bispado.

Anónimo dixo...

E nos que pensábamos que un ricachón lechuguino como este, que come a mesa do Principe de Asturias ainda que Dª Leticia non lle gustaba por que non tiña "clase nin categoría", amigo de tantos "aristócratas" como nombra,como digo, algúns pensábamos que estábamos ante un novo cardenal, sustituto de Rouco... pois méritos non lle faltan... bueno sí, algún sí, si o comparamos con Cesar Borgia. ¡joder que tropa!