20120330

Será bo título?: Pasou a tontería necesaria

Non creo que onte moitos dos que secundamos a folga non a consideráramos algo así como unha tontería necesaria, sabendo que é necesaria unha resposta para amosar que non soportaremos que nos rouben indefinidamente, e respostando así nunha escolla de posibilidades coa que non se está satisfeito por ver as súas limitacións.
En Ribadeo, había unha convocatoria de concentración diante do concello ás 12 do mediodía, realizada polo movemento 15M. A concentración tomou un rumbo, e convertiuse en manifestación: Concello-cine-mercado-catro calles e volta. O que comezou cunhas cento cincoenta persoas, rematou cunhas duascentas, acompañadas a parte das parellas da Policía Local e Guardia Civil polas miradas ás veces de simpatía, outras curiosas, e algunhas burlonas ou mesmo desafiantes da xente que se atopaba. Como a convocatoria era diferente, sen participación sindical -e coido que isto é importante- e incidindo e cousas como o consumo ou a integración de participantes non asalariados, continuou despois da lectura do comunicado compartindo comida e charla no parque 25 persoas, e rematando ó tempo coa recollida de restos e o recheo de post-it alusivos á xornada con frases de todo tipo, de consignas a reflexións, que logo foron distribuídos por Ribadeo. Sen incidentes, en Ribadeo, unha xornada completa. Éxito? Coido que non se pode contemplar Ribadeo por separado do resto do estado, pero se se poidera, a manifestación tívoo.
Cousas? Pois ... por exemplo, que xente que se uniu dixo que non se enterara da convocatoria, ou que ter a maioría de carteis en castelán dera lugar a pequenas anécdotas.
Por certo, a noite anterior houbo un pleno non reseñado de aprobación do plan de axuste do concello. Voltaremos nalgún momento sobre o tema.
O cartel que presidiu o acto
A xente comezaba a concentrarse

A punto de saír do parque

De retorno ó concello, a parte central da xente
Unha das curiosas pancartas

Compartindo a comida

2 comentarios:

Anónimo dixo...

O obxeto de unha Folga Xeral, é que sexa seguida polo conxunto da poboación que traballa e consume.
Resulta que a xente que se puxo en Folga, é precisamente a xente que produce riqueza, pois foi seguida pola maioría dos traballadores da industria. Así, Citroen, Reanult, Wolswagen, Ford, etc. foron os que secundaron a Folga. Ningunha destas empresas é española. Por contra non foi seguida, polas PYMES que son o 90% do "tecido empresarial" deste pais da pandereta. Polo que os sindicatos teñen que poñerse as pilas, para saber donde está o verdadeiro erro da súa convocatoria, pois quen recibe as subencións do estado PP son precisamente os donos desta lexión de PYMES, que teñen un ou dous, incluso vinte traballadores, con sueldos de subsistencia, e que presumen de "empresarios" pois o pandereteiro do Sr. Rajoy avalaos cos cartos de Herario público, para seguir mantendo un Estado corrupto, podrido e nauseabundo, de "empresarios da cochambre famélica" da inoperatividade.

Agremon dixo...

Creo que no comentario anterior hai unha pequena contradicción intrínseca cando se aborda por unha beira producción e por outra, traballo, contrapoñendo non só empresarios, senón traballadores. Se non interpretei mal, estou de acordo no fondo.