20120303

Actividade veciñal

Deixo a referencia a dúas actividades veciñais:
A primeira, da Plataforma da comisión pro Residencia de Anciáns en Ribadeo. E é que, despois de asegurar hai varias semanas a Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, que a primeira semana sería recibida a comisión, estamos a día 3 , cun fin de semana polo medio, e aínda non se sabe nada do tema, co que se enfilaría así dun xeito irremisible á convocatoria da manifestación anunciada para o caso de non fructificar fehacientemente as xuntanzas coas autoridades.
A segundo, de O Tesón. Deixo a continuacióna nota de prensa:
AVV O Tesón
Nota de prensa

Ribadeo, 20120302

A AVV O Tesón comeza un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de 'Indignados'.

As películas elixidas para este ciclo de cine comprometido co planeta e a sociedade, son Taking Root e Una verdad incómoda sobre temas medioambientais, e Inside Job e La doctrina del shock sobre temas sociais.

A actividade, de participación libre e agratuíta, consistirá nunha pequena charla presentando a película, o pase correspondente, unha animación á posta en común e a propia posta en común de ideas e sentementos sobre a película.

Ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación veciñal, este desenvolverase en catro fins de semana seguidos. As proxeccións terán lugar os venres 9, 16, 23 e 30 de marzo no Salón de Actos da Casa do Mar, en horario variable, tendo lugar o primeiro pase o venres 9 ás 20:00, coa proxección da película 'Taking Root', documental no que se presenta unha visión do que significou e significa o movemento de plantación de árbores comezado por Wangari Maathai.
Adxúntase o cartel do primeiro pase.

Ningún comentario: