20120222

De entroido en entroido (pero serio)

O entroido en Ribadeo pasou; queda a cinza de hoxe e os choros do sábado. En contraste, outro entroido leva camiño de chegar via difusión do que comezou en Valencia. Chámolle entroido porque puiden ver o que alí pasou (alomenos en parte) e a referencia en diferentes medios, contrastando coa opinión da xente que te podes atopar na parada dun autobús. E trátase non só duns principios ou bases radicalmente diferentes dunhas a outras persoas, senón que se extende a cousas como  percepción do momento ou o xeito de enfrontarse á vida. E mesmo dun xogo camaleónico situacionista, máis ou menos profundo, por parte de mota xente.
15M? Protesta por unha lei ou unha postura política concretas? Non, isto estase a transformar.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Entroido é o que temos no pobo, con roubos cada semana. Hoxe morreron dúas persoas moi probablemente a causa dun roubo. ¿Ata cando imos esperar por máis seguridade nas nosas vivendas?

Anónimo dixo...

Entroido o do noso pobo, con roubos cada semana. Hoxe dúas persoas mortas a causa probablemente dun roubo. Ata cando vamos esperar por maior seguridade nas nosas rúas.

Agremon dixo...

Sinxelamente, é a primeira nova que teño das dúas mortes e a súa relación posible cun roubo.