20120211

Anuncios

Inxerencia! Inxerencia? A ONU pide a España máis seriedade despois do de Garzón. Non é que crea que na ONU non hai intereses e xerarquía de mando, pero non deixa de ser outro indicio máis (se fixera falta) de que algo non funciona por estes lares xudiciais (e políticos, e económicos, ...)
Materia para reflexionar a fin de semana? Por se fora pouco, deixo unha imaxe:
Trátase do taboeiro de anuncios do Eroski de Ribadeo. De cando en vez, facendo algo de tempo, bótolle unha ollada as compras e vendas, ofertas e demandas de traballo. Coido que é a primeira vez (e o taboeiro está funcionando dende a apertura do establecemento) que non atopo ningunha procura de compra nin demanda de traballo. Dende hai tempo hai un predominio cada vez maior de ofertas e vendas, pero ata hoxe non notara que desapareceran as demandas e compras. Coido que é algo abondo expresivo por si mesmo, camiño de aumentar ós 5M de parados os pseudoempregados.

2 comentarios:

Unknown dixo...

Moi Boas.

Escribimoslles dende o Blog da Semana Santa de Viveiro chamado Cofrades de Viveiro.

Estamos buscando Carteis das diferentes Semanas Santas celebradas en Galicia, para creación dunha nova web que os recopile todos.

De Ribadeo atopamos os dos anos 2006, 2007, 2009, 2010 e 2011. Estes atopamolos nos libros da Semana Santa que atopamos neste Blog e procedimos a Tomar solamente o Cartel.

Preguntamonos se terían algún cartel doutros anos, ou das parroquias.

Poden enviarnos calquera cartel a cofradesviveiro@hotmail.com Agradeceriamos moito a sua colaboracion.

A Páxina que estamos creando, innaguraremola proximamente, poden enterarse da data exacta nas nosas redes sociais, ou no propio Blog, http://cofradesviveiro@hotmail.com

Moitas gracias, Saúdos Cofrades dende Viveiro.

agremon dixo...

A nota da ONU, referenciada en im-pulso: http://im-pulso.blogspot.com/2012/02/naciones-unidas-insiste-en-que-espana.html