20120110

Onde esteña o artificial, que se saque o natural

Só 160 000 €, unha ganga de céspede artificial foi instalado no patio do C.P. Gregorio Sanz. Xa é usado por 180! alumnos da escola de fútbol (fútbol 7, que o campo é pequeno), a pouco menos que 1 000 €/alumno, que diminuirán ó ser usado por sucesivas xeracións de balompedistas. E ata os políticos de turno e compañía poden facerse unha foto chutando ou pasando o balón. Claro que ten desgaste, aínda que sexa pequeno, virtude que o de herba natural non tiña. Que asunto máis prioritario que a substitución do natural polo artificial? Que máis se pode esperar, que cheguen os cartos para todo? De ilusión tamén se vive! E ó fin, a Torre se se deixa, ha caer, e os anciáns xa residen onde sexa.
As obras do campo de céspede artificial, sen rematar.
Para completar a entrada dooutro xeito, coido que un par de fotos 'progresistas' poden axudar. A primeira, o comezo da última (polo momento) obra no entorno da ría, a enésima ampliación de Mirasol.
Comezaron xa as obras de ampliación de Mirasol 2012.
A segunda, un irisado campiño de mistura de combustibles no chan da gasolineira do Eroski: tamén a contaminación é fermosa.

3 comentarios:

El ángel de Olavide dixo...

No tengo datos que me permitan evaluar costes comparativos entre un campo de futbol de hierba natural y otro artificial por lo que me abstengo de comentar. Solo tengo la intuición de que esto me parece una barbaridad. Incluso en el caso de ser la hierba artificial mas barata de colocación y mantenimiento.

Recomienddo, y tiene mucho que ver con estas cosas, una entrevista de hoy con un alcalde catalán en el que se detalla un modelo de gestión local comunitario que debería ser imitado.
http://www.elpais.com/articulo/ultima/pueblo/hundira/ayudan/todos/elpepiult/20120110elpepiult_2/Tes

Agremon dixo...

Eu tampouco sei se o de Moiá é como o pintan de bonito, pero o aspecto clave na entrevista, a participación, é clave en Moiá e na China. Pasando por Ribadeo, claro.

Plutón dixo...

Eu quixera saber, ademais, se os nenos e nenas van poder seguir xogando no patio do seu colexio (por que lembremos, que iso non deixa de ser o patio do colexio).