20111203

Privación e privacidade

Estase falando esta tempada de privatizar o servizo público. Case calquera servizo. Ou suprimilo. Moitos.
Ó mesmo tempo, hai unha privación de datos, e unha privación de compartición de decisións. Non se pon en cuestión que os servizos públicos deben rendir, senón que non debe habelos. Non se pon en cuestión que deba haber máis impostos para quen menos esforzo está a facer, nin que teñamos unha bolsa de fraude fiscal cuxa emerxencia sería capaz de subministrar fondos para o mantemento dos servizos, senón que se apreta máis ós de abaixo.
E punto.
É dicir, estamos máis ben nunha privación de servizos mentres se privatiza o seu pago. E nun querer convencer de que se está privatizando o servizo para que non se nos prive del ...

Ningún comentario: