20111230

Cando non se quere, non se quere

Vaites! Horas despois de que haxa un pleno municipal, a cidadanía entérase por algún medio que o houbo. Pero, e antes? Antes, non existe, excepto para os citados. A non ser que lle conveña por algunha razón a alguén e entón, sexa difundido. Aínda esta mañá non sei se o pleno foi de mañá ou de tarde. Certo que chegaríame cunha chamada para sabelo, pero despois de que pase, sen poder ir  e ver como se desenrolou, non só o 'produto' final, a cuestión de hora non ten moita importancia. Está visto que é un mal de moda, este de non dicir palabra do que se vai acordar antes de facelo, para así non levantar animosidade e estar máis tranquilo, aínda que sexa sen a participación do pobo. E é que diso se trata, da participación do pobo, algo que se está a incentivar negativamente dende hai tempo, polo que non é de estrañar que os plenos, salvo excepcións interesadas, estén case (ou sen case) desertos. Vamos, co lema aquel de 'todo para o pobo pero sen o pobo' que foi dar directamente na revolución francesa (a lembrar, como fai o correspondente artigo da Galipedia, que se trataría da procura do ben do pobo no sentido do que os gobernantes entenden por ese 'ben').
Dos temas, pouco trascendeu polo momento. Nas edicións dixitais a estas horas non atopo nada máis que en Cronica3, que reproduce a nota do concello, misturándoa con outra tamén do concello, sobre seguridade (despois da polémica na prensa por parte da oposición) e outra terceira sobre a (des)iluminación da ponte dos Santos (na que se repite o xa dito sobre que é Fomento quen ten que pagar).
Por esa mesma nota, parece que houbo dous temas (só) en dito pleno, sendo con diferencia o máis tratado o regulamento das terrazas. Regulamento que era de supoñer que saíra adiante máis cedo que tarde, e que se entremistura con outro par de temas que estes días estánse a tratar na rúa. Un deles, a coordinación e actuacións necesarias para a seguridade ou mesmo o mantemento do concello. Así, hai xente que comenta que agora os axentes da Policía Local están máis pola zona do mercado pola necesidade de recadar máis, pero non hai servizo nouturno. Nin vixiancia en xeral, o que fai pensar no cumprimento das novas normativas que vaian saíndo.
Os galos levan dende antes do verán, e as queixas tamén.
O outro tema relacionado é o do ruído. Ó comentario recollido ó paso onte mesmo entre dúas persoas que se estaban do ruído na zona da igrexa (ó que segundo parece, se sumaba estes días o das panxoliñas electrónicas), habería que sumarlle outras escoitadas sobre que o ruído dista moito de estar controlado noutras zonas, ou a máis curiosa denuncia sobre o canto do galo que está a fastidiar a unha zona céntrica de Ribadeo.

1 comentario:

Ángel de Olavide dixo...

No sabes la gracia que me ha hecho lo del gallo. Hay un dicho en Argentina y en Uruguay: "entre gallos y medianoche" que se utiliza para comentar sobre las cosas y los ausntos que se quieren mantener en silencio. Muy propio para comentar esas convocatorias casi clandestinas de plenos municipales. Mira por donde que todo está relacionado...

Feliz Año con permiso de los incas o de los mayas que no recuerdo quien hizo el famoso calendario del fin del mundo.