20111031

Da corrupción

3 dimisións por temas relacionados coa corrupción en Galicia, só no último mes. Non está mal.  Para batir unha marca, digo. Seguen a esforzarse en facelo. Seguimos a esforzarnos en permitilo?

20111030

Crónica curta dunha viaxe aproveitada de O Tesón

É unha crónica social, que, de ter tempo. convertería en cultural:
O sábado 29 de outubro a asociación de veciños O Tesón realizou unha viaxe social a San Martiño de Mondoñedo. A primeira parada do recorrido foi a visita da basílica, guiada por D. José Mª Rodríguez, que despois de centrar históricamente a S. Martiño, desgranou a historia das tres etapas da súa construcción e demáis características.
A continuación, o grupo pasou polo estudo do escultor e artista multidisciplinar Caxigueiro, onde recibiu explicación sobre o proceso seguido por varias das súas creacións.
O seguinte lugar visitado foi a Frouxeira, onde novamente José Mª Rodríguez trazou a historia coñecida do castro.
Despois de comer, o grupo visitou a zona de Sto. Estevo do Ermo antes da súa volta a Ribadeo.
diante de S Martiño

subindo á Frouxeira

20111029

Concienciándonos para o 20N

A raíz dunha entrada en Seguridad Wireless

Unha nota previa: considérome parte do movemento 15M, e como tal, apoio a difusión das teses xerais, que non teñen por que coincidir exactamente coas miñas.
O vídeo forma parte da coñecida como #Op20N, a campaña coa que Anonymous promove entre a cidadanía española un cambio para o día das eleccións en España o próximo 20 de novembro. Xunto ao vídeo, un longo comunicado onde veñen explicar o concepto que tratan de que cale na sociedade, evitar o bipartidismo que tanto se escoitou nas manifestacións que tiveron lugar.

O que Anonymous nos amosa é o primeiro documental do que se ten constancia do colectivo no país. Un repaso ao pasado e presente do país para explicar a través da historia como se chegou a unha situación política marcada polo mandato exclusivo de dous grandes partidos.

O que se pide é evitar a abstención entre a cidadanía coa que acoutar o poder das próximas eleccións, que por encima de todo se vote. Unha iniciativa loable que fose de partidismos e dogmas pretende que cada un exerza o dereito que lle dá a democracia, o do voto. O comunicado que acompaña ao documental:

Obviamente non ía ser tan sinxelo para todos vostedes, ilusas elites, saírse coa súa unha vez máis…
Crían que todo volvería ser como antes máxicamente, sinxelamente ignorando a realidade?
Que todo lles sairá tan ben como nas recentes eleccións municipais, grazas á desinformación e aos recortes nos nosos dereitos e liberdades?
Isto non é ningún xogo.
Ningunha das súas campañas políticas, nas que invisten millóns directa e indirectamente, terá tanta atención cidadá real como a nosa operación, cuxo custo é CERO. Todo grazas á súa adictiva tendencia a mostrarse como evidentemente incapaces de manexar os problemas… nos que vostedes mesmos nos meteron.
Apostamos?

O noso plan é incuestionable, sinxelo, legal e completamente viable.
Vostedes parecen seguir empeñados en crer que os seus anticuados métodos para controlar ás masas funcionan tan ben como sempre.
Veremos.
A efectos prácticos xa non importa quen gañe estas eleccións: importa que puxemos a enfermidade en coñecemento de todos, así como a cura nas súas mans.
Unha vez máis a liberdade gaña: vostedes -pase o que pase- xa perderon.
Nós somos o pobo, nós somos o único \"sistema\".
Somos anónimos.
Hoxe, máis que nunca, somos lexión.
Non esquecemos.
Non perdoamos.
Operación 20N iniciada.
Políticos e plutócratas… esperádenos…
…e grazas por seguir xogando e colaborar na súa propia derrota.

20111028

Protesta; pola sanidade pública

Onte tocoulle ó desmantelamento progresivo da sanidade pública. Centos de manifestantes en Burela contra os recortes sanitarios, titula hoxe a prensa. Pancho Campos, Presidente de O Tesón, leeu o comunicado.
O caso é que en tódalas áreas sanitarias de Galicia houbo manifestación. En todas, dous puntos fundamentais:
- A defensa dos Servizos Sanitarios Públicos
- Frear os recortes dos mesmos
A plataforma SOS Sanidade Pública considera que o sistema sanitario público está en risco real de deterioración e privatización ó ir cambiando o modelo sanitario baseado na universalidade das prestacións, o acceso en condicións de igualdade, a gratuidade as consultas e a calidade das prestacións, levadas a cabo con recursos públicos, cara a outro con lagoas n súa universalidade, discriminatorio, non grtuíto e onde os recursos públicos se usan com axuda á privada.
A crise económica está sendo utilizada para introducir importantes recortes económicos no orzamento sanitarios (máis de 200 millóns de euros en Galicia) e nos servizos sanitarios públicos como son a paralización da actividade dos hospitais pola tarde, a desviación de pacientes a centros privados, o abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria, o desmantelamento das Áreas sanitarias, o peche de servizos anatomía patolóxica e laboratorio, a eliminación dos radiólogos nos servizos de urxencias dos hospitais comarcais, a privatización dos centros sanitarios ao apostar polo financiamento privado da construción de novos hospitais e centros de saúde e dos plans directorios de mellora e ampliación dos antigos, a cesión a empresas privadas dos servizos de diálises, equipamento tecnolóxico dos centros, centrais de chamadas ou as redes informáticas.
A sanidade pública galega achégase perigosamente ao punto de non retorno que só unha gran mobilización de toda a sociedade pode frear.
Preténdese apoiar un sistema sanitario de calidade, eficiente e accesible como o que gozamos e que é absolutamente sostible (como está demostrado ... sempre que haxa unha vontade)

20111027

Un paso máis

Comentaba hai uns días a convocatoria dunha xuntanza para constituír a comisión entre concello e veciños para seguir impulsando, xa de xeito institucional, a Residencia de Maiores. Comentábao a conta da convocatoria, unha semana despois da nota de prensa que aclaraba que a plataforma, despois de esperar pola convocatoria do alcalde, se reuniría cos membros da oposición.
Xa está feita a xuntanza institucional. E rápidamente, o mesmo día, a nota de prensa correspondente da alcaldía, de xeito que xa sae hoxe nos xornais. Nela incluíse o ver un estudo que cambia os 3000 maiores de 60 anos ribadenses que dixen hai xa tempo por 545 maiores de 65 que viven sós. Algo que supera a media europea en porcentaxe, o mesmo que as prazas de residencia se quedan nunha porcentaxe moi inferior. O estudo non parece ter en conta a calidade das prazas actuais, ó igual que a definición de prazas futuras, pero ó fin, en canto á calidade desas prazas, deberase de cumprir un mínimo establecido que esperemos que non se disculpe por mor da crise, como está a pasar na sanidade.
Sanidade que por certo, segue con protestas dende hai anos, mentras o desmantelamento é suave p progresivo. Así non é rara a convocatoria de hoxe, unha concentración: 27/10/2011 ás 20h e diante do Hospital de Burela, en defensa da SANIDADE PÚBLICA E DO DESMANTELAMENTO QUE SE ESTÁ A PRODUCIR NA NOSA ÁREA SANITARIA.

20111026

Segue a conta

Hai algún tempo veñen saíndo de xeito salpicado diversas novas sobre o concello de Ribadeo e os xulgados (a parte da reclamación para o retorno do xulgado a Ribadeo, que parece bandoada polas autoridades ...). Rara vez deixan de ter un denominador común, cando se refiren ó resultado dunha sentenza: perde o concello. A última manifestada na prensa da nota de que dous empregado do Grumir gánanlle a partida ó concello, ó tempo que avisa de máis sentenzas próximas e de que o concello prefire pagar indemnización a readmitilos, para o que xa ten preparados 39 000 € (a van reclamar porque a cantidade din que non é abondo). Volto dicir algo que xa saíu no blog: como se poden perder tantos conflitos? Débese de estar a facer algo mal.
Pero hai unha segunda parte, que xa saiu tamén por vea política, e é que o PP botoulle en cara que indemnizara en troques de readmitir (por certo o da indemnización non é a primeira vez que se fai en en Ribadeo últimamente, senón máis ben a norma), e a resposta da alcaldía deixa un sabor raro: Ribadeo non ten capacidade para manter o Grumir. Si, pode ser certo, e visto o balance das contas, ten abondas probabilidades, a parte de que habería que ver se ese servizo en concreto é cousa do concello ou máis ben da Xunta. Pero, visto as cantidades a pagar, e as que é previsible que se aboen a continuación, coido que quizáis habería que facer as contas un pouco máis detalladas (e abertas/transparentes) e reprantexarse a traxectoria do servizo doutro xeito. Quizáis en troques de pagar algo por nada (indemnización) sería cousa de poñer algo máis e ter un servizo que o alcalde manifesta que é necesario na mesma nova. Por outra banda, se quen ten pagar a indemnización é o concello, iso significa que ten uns deberes adquiridos respecto dese servizo;  se non os pode pagar, habería que reflexionar por que se mantiveron e como se fixeron dun xeito insostible. E coido que toda esa labor de fondo falta.
Mentras, a esperar máis sentenzas.
Ribadeo 'nos xulgados: 1, 2, 3, 4, 5, 6, ...

20111025

Contraste

Chama a atención que hai algo máis dunha semana a Plataforma pro residencia de maiores de Ribadeo saque unha nota de prensa na que se fala da pouca actividade do concello para conseguila (quedara en constituír unha comisión xa hai varias semanas), e que onte sexa a alcaldía a que saca unha nota de prensa  para anunciar hoxe unha xuntanza con membros da plataforma e a oposición, 'co fin de analizar a necesidade'. Coido que da lectura consecutiva das dúas notas pódese sacar algunha conclusión ... abondo mellor en canto á súa calidade que se se toma a prensa por separado nun e outro caso, que é o que en xeral fará a xente, unha volta esquecida a nota de prendada semana pasada da comisión.

20111024

Quen o cree?

Quen cree que non se están a producir incendios intencionados? Hai alguén?
É máis, quen cree que os incendiarios son unha morea, a cousa de un por incendio?
Onte, catro incendios só na Mariña. Onte tamén na prensa, unha persoa conta as súas lembranzas de como hai cousa de dez anos viu prender lume por un artefacto lanzado dende unha avioneta.

20111023

De reis

Albricias! Os reis estiveron en Santo Tirso de Abres porque lle foi concedido o título de pobo exemplar. Ata aquí, máis ou menos todo normal. Comentario na prensa: só acudiron representación de dous concellos galegos, estando invitados todos os da reserva da biosfera. resultado: Preténdese un 'conflito diplomático'? A xogada asturiana para a súa promoción é maestra, tanto nos premios Príncipe de Asturias como no de 'pobo exemplar', e sería cousa de aprender algo deles (non digo que promocionando de paso a realeza, senón do xeito). Pero neste caso, trátase de que (por exemplo), ó parecer, os dous pobos galegos representados teñen alcaldía do PP, e Ribadeo, tamén invitado e sen representación a ese nivel, ten alcaldía nazonalista. Así, entra a ideoloxía por medio, pero coido que habería que distinguir entre ideoloxía nazonalista galega (tamén hai nazonalista española, claro que si), ideoloxía republicana (ou monárquica, en bos casos superpoñible á anterior), e razóns de repesentación debida. Unha volta pousada a alternativa para lembrar que hai que pensar, remato.

20111021

ATE vs ETA

Por fin! (hai quen dirá 'por fin?'). A nova de que ETA deixa de xeito definitivo as armas non colle por sorpresa, pois viña sendo anunciada, así como as causas que uns ou outros lle atribúen. Ben, non colle por sorpresa segundo a quen, máxime cando hai quen segue a crer que é unha manobra, e o mesmo que anteriores 'treguas' foron rachadas cando lles vfeu en gana, esta volta pode ser algo polo estilo, aínda que a diferenza que implica o 'definitivo' é estimable.
De calquera xeito, agora, tras unha semana dun discutido encontro de paz en San Sebastián, a paz, polo menos ó comezo, non deixará de ser discutida, alomenos pola súa utilización política. Polo outro bando, o de ETA, tamén poden vir discusións ó igual que veces anteriores, por medio de divisións internas. De calquera xeito, o anuncio está aí, e foi ben recibido.
... o que nos leva ó xogo de causas, efectos e condicións. Parece que despois de ETA haberá unha certa descompresión que fai pensar tanto no síndrome de Estocolmo como no final da guerra fría. Explícome. O síndrome sería un sentemento de agradecemento a ETA, unha especie de obriga cara a ela pola liberación que supón deixar de matar. O final da guerra, por outra banda, supón unha falta de contrapeso que se pode notar facendo que a situación se escore en un determinado sentido. En ambos alegatos, as cousas son subxectivas, pero en ambos, hai antecedentes.
Asemade, non hai que perder a perspectiva de que o nacemento de ETA, por moi enfrontado que se esteña coa súa actuación, tivo unhas causas, correspondendo co final do recorrido franquista. Nin tampouco que tivo outros efectos a parte das mortes e a zozobra da convivencia en Euscadi. Aí está  morte de Carrero Blanco, nun sentido, e os GAL noutro ben diferente, para lembralo.
Hai unha perspectiva máis para contextualizar o tema. Nun día no que foi liquidado Gadafi, o espazo adicado nos diarios extranxeiros ó fin de ETA desaparece en termo absolutos e relativos, ocupando abondo menos espazo que o que se lle segue a dar a Steve Jobs dúas semanas despois de desaparecido.
De calquera xeito, despois destas lembranzas que non se deben perder de vista nun día como hoxe, ATE, o anti terrorismo español, está de noraboa.

Visita a S. Martiño de Mondoñedo

Hoxe O Tesón anuncia a terceira das charlas sobre saúde, e tamén unha visita-excursión guiada a S. Martiño de Mondoñedo:
Cartel anunciador

20111019

Non é que non teña ideas; é que se as explico, perderei as eleccións

A frase, que recollo a traverso de im-pulso, atribúese a Durán i Lleida, pero serviría moi ben para moita outra xente, e alimenta non só unha desconfianza cara á clase política de primeiras e ó sistema como soporte da mesma, senón mesmo intervencións con base diferente como a que mantiven (mantivemos) onte mesmo sobre as esperanzas do 20N en Desmontando tópicos.
Estes días, lendo 'Mando a distancia' de Lorenzo Abadía (un libro que me recomendaron, me prestaron e recomendo; aquí, a versión pdf) puiden ver un pouco de teoría sobre representación política e pensar cun pouco máis de profundidade en quen e cómo dirixe a sociedade. E, dentro do que cabe, coido que se pode dicir que o sucedido con Durán é un mal menor, unha cousa de pequenos, unha trastada fronte o funcionamento xeral. A quen lle seguirá parecendo que o 15M son perroflautas e anexos?

20111018

Sobre a separación da igrexa e as institucións políticas

Soe falarse da separación igrexa-estado. Polo ocorrido en Ribadeo hai non moito, coido que havbería que xeralizar e falar de separación relixión-política, ou se se desexa, deixando a cousa polo momento nun punto intermedio, separación igrexa-institucións políticas.
Xa hai catro día que foi emitida unha nota de prensa polo concello, que devolvía de xeito propagandístico a resposta a unha intervención en sentido contrario tamén propagandística.
Coido que na constitución española actual (isa que é imposible cambiar para algunha cousa pero que un par de amiguetes poden cambiar para outras) recóllese a aconfesionalidade do estado e polo tanto das institucións que o estruturan. O que se coñece como separación de poderes igrexa-estado comezou a darse hai varios séculos en moitos lugares. Aquí, polo que parece, á vista deste suceso en Ribadeo e doutros varios ó longo da xeografía española, aínda non demos con el, e as institucións e representantes políticos teñen que seguir rendindo pleitesía a institucións e repreentantes relixiosos.
Hai máis de vinte anos (quizáis polo 1989), nunha visita que o sr. bispo daquela fixo a Ribadeo, visitou o que na actualidade é IES Porta da Auga e plantexouse un pequeno dilema sobre o protocolo. Aceptouse a visita dun xeito cortés (ó fin, aí está a materia de ensino relixioso), pero os pinchos ofertados foron pagados a escote entre os profesores que así o quixeron. Houbo a quen non lle pareceu ben, pero a cousa resultou.
Máis de vinte anos despois, a nivel local, seguimos igual (ou peor)

20111017

Nota de prensa da Plataforma pro residencia de persoas maiores de Ribadeo

NOTA DE PRENSA del portavoz de la Comisión de la Plataforma pro Residencia de Mayores de Ribadeo.

Tras el obligado paréntesis estival, la Plataforma pro Residencia de Mayores de Ribadeo ha reanudado en silencio sus actividades. Las circunstancias ocurridas en estos días pasados hacen necesaria una comunicación, tanto a los medios y como las propias asociaciones que componen esta Plataforma, que resuma las últimas actuaciones llevadas a cabo.
El día 16 de septiembre pasado esta Comisión mantuvo una reunión con el alcalde y varios miembros de su gobierno en el salón de plenos del Ayuntamiento en la que, después de largos razonamientos, argumentos y discusiones destinadas a superar las posturas negativas manifestadas por el alcalde sobre la lucha por la consecución de una nueva Residencia para Ribadeo, se comprometió formalmente el alcalde a constituir una Comisión específica municipal dedicada a la consecución de este objetivo. Una Comisión que debería estar formada por él mismo, los tres portavoces de los distintos partidos políticos hoy en la oposición, dos miembros de la Plataforma pro Residencia y un técnico asesor.
Pasado ya un mes desde esa fecha esperando el cumplimiento de la promesa del alcalde no hemos tenido noticia de ninguna actuación de éste en ese sentido, tal como se había comprometido a poner en marcha en la mencionada reunión. Un manto de profundo silencio sigue rodeando desde esa fecha las actitudes y los compromisos del alcalde con esta demanda social, clara y mayoritariamente manifestada con sus 2.225 firmas por los vecinos de este Concejo.
En vista de la pasividad de las autoridades municipales, verdaderas responsables de velar por las necesidades más acuciantes de nuestra sociedad, entre las que figura en estos momentos como prioritaria la construcción de una Residencia para Mayores para evitar la dispersión de nuestros ancianos por otras residencias alejadas de su entorno, la Comisión nombrada por la Plataforma de Asociaciones Vecinales, fiel a su compromiso adquirido con las aspiraciones y necesidades de los vecinos, reiteradamente manifestadas a través de las asociaciones y distintas sociedades del concejo, se dispone, por su parte, a continuar con su lucha y sus actuaciones en pro de la consecución de sus objetivos. En este sentido, el día 28 del presente mes de octubre mantendrá una reunión con los distintos portavoces de los partidos del concejo de Ribadeo en la oposición con el fin de coordinar posturas y actuaciones dirigidas al logro de sus objetivos. De lo que se dará cuenta e informará oportunamente, tanto a los miembros de la Plataforma formada por las distintas sociedades y asociaciones del concejo, como a la misma opinión pública.

20111015

A cinco semanas das eleccións, un 15-O

Ciudadanos por Lawrence Lessig, con subtítulos en español

15O

Demostración ás veces necesaria. Pódese cambiar protesto por actúo, por exemplo, pero a idea é a mesma:

Protesto, logo existo.

E non se constata a existencia máis que despois de ter actuado no sentido que sexa, mesmo de recoñecemento propio.
Actúas o 15O?

20111014

"enviásmoslle sendos escritos hai un mes"

O título está recollido dunha nota que sae na web do concello sobre o uso da area da ría de Ribadeo na praia dos bloques. E a entrada ten dúas partes nas que tentarei expoñer un par de ideas de xeito sucinto.
A primeira, sobre o uso pedido.
Dicía xa I. Asensio nos seus estudos (por exemplo, no que está colgado en Publicado en Ribadeo sobre a formación dunha praia artificial na ría) que o problema da escollera implica non a obriga do recheo periódico de area, senón a acumulación da area que habería que quitar. É dicir, unha vez formada a praia, o problema, como se pode ver con mirar, implica quitar area, non poñela. Outra cousa diferente é que tanto poñer como quitar se enfronte, nunha zona protexida, coa negativa de medio ambiente.
A segunda, sobre a velocidade.
Non a velocidade de recheo, senón a velocidade de xestión administrativa por comparación con outras xestións. Poñamos por caso, o retorno do xulgado, que anda coleando dende o ano pasado, sen que saibamos que se movera un só papel no concello para tentar a súa volta. Ou a pregunta de alternativa da Ponte dos Santos para bicicletas, que anda rondando dende novembro pasado e que hai un mes dixo o alcalde en pleno que tivera unha interpelación oral, pero que non tivera tempo aínda de facer a escrita. Ou, para rematar con algo máis sangrante entre as moitas cousas de tratamento semellante, as xestións para conseguir unha residencia de anciáns para Ribadeo, paradas que se saiba dende que se formou a comisión pro residencia, hai agora xa nove meses, a pesares das promesas de tirar cara adiante en varias ocasións.

20111013

PATRIMONIO MUNICIPAL (e II) - Artigo e Evaristo Lombardero

Continuación de Patrimonio Municipal (I)

En EL PROGRESO do 29 de Setembro comentábamos que no último pleno o concello de Ribadeo acordou rexeitar a solicitude da Comunidade Monte Cordal de As Anzas da devolución dunha parcela do monte onde se construiu a antiga escola nos anos 58-59. O alcalde argumentou que o terreo era patrimonio municipal (rexistrado polo concello no derradeiro ano do franquismo). Os grupos da oposición respostaronlle que debera presentar algún informe técnico que avaliase a sua posición. O representante do PSOE argumentou que o proceso levaba o camiño dun contencioso administrativo e xa se sabe que os pleitos poden gañarse ou perderse.
Vou citar agora catro sentencias favorabeis ás comunidades veciñais en casos similares ao tema que nos ocupa.
1.- Veciños de Obe: asunto FABRICA DE PARQUET. A comezos dos anos 70 o concello vendeu unha parcela do monte comunal de Obe a unha sociedade creada para construir unha fábrica de parquet, por un precio simbólico de 1 peseta o metro cadrado. Por circunstancias que descoñezo a empresa deixou de funcionar ao pouco tempo. Posteriormente un grupo acreedor fíxose ca titularidade da parcela que mais adiante foi subastada. No ano 1.982 os comuneros de Obe recuperaron a gran maioría do monte veciñal, pero neste expediente non figuraba a parcela da fábrica de parquet e tiveron que pleitear ata acadar a sentencia favorable hai tres anos. Folga suliñar que o concello vendeu a parcela sendo “patrimonio municipal”.
2.- Veciños de Balboa. Hai mais de trinta anos, un particular inscribiu ao seu nome unha parcela de 82 hectáreas do monte veciñal de Balboa (Trabada). A operación parecía tan consolidada que se chegaron a vender algúns anacos de dita propiedade. Os comuneros de Balboa estiveron 23 anos pleiteando ca oposición do concello de Trabada e da Xunta de Galicia. Finalmente hai uns sete anos conqueriron a sentencia firme que lles devolveu as 82 Has da súa propiedade.
3.- Veciños de Toxoso, parroquia de San Simón da Costa (Vilalba) contra acordo do Consello de Goberno da Xunta de Galicia de 2-11-2000 que concedía autorización para un parque eólico nun monte comunal. Sentencia inicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 26-10-2006 rexeitando a reclamación veciñal e sentencia firme de 2-3-2011 da Sala do Contencioso-Administrivo (Sección 5ª) do Tribunal Supremo anulando a anterior e dándolle a razón a catro veciños frente ao Goberno da Xunta de Galicia e a unha multinacional dos eólicos.
4.- Veciños de Salceda (Pontevedra) contra Ministerio de Defensa e Concello de Pontevedra. Sentencia (recurrible) do Xuzgado de 1ª Instancia de Pontevedra de Setembro de 2011 favorable aos veciños que reclaman 180 hectáreas de monte comunal, onde está instalada actualmente a Brigada de Infantería Ligera Aerotransportable (BRILAT). A finais do século XIX o exército ocupou unha parcela do monte, que posteriormente ampliou no ano 1.965 por cesión do concello para construir un cuartel (naturalmente era “patrimonio municipal”). Xa no 2008 o Ministerio de defensa ampliou unilateralmente os terreos ocupados para construir “campos de maniobras”, ata completar as 180 hectáreas. Os veciños reclamaron sucesivamente a propiedade, agora recoñecida polo Xuzgado de 1ª Instancia de Pontevedra, despois de acreditar o seu uso dende o século XVII. En INTERNET hai abondosa información sobre este caso.
Dende as transferencias ás CCAA as leis de Montes veciñais en Man Común son mais favorables aos veciños do que foi a primeira do 1968. Sentencias hainas a centos, traemos estas pola sua especial significación. Xa sabemos que non hai dous casos iguales pero tódolos indicios apuntan a que neste caso o concello ten tódalas bazas para perder outro xuicio.

Evaristo Lombardero Rico

A crise financieira e o peixe que se morde a cola

Remato de ler un artigo que non é bilante, pero si moi escalrecedor para quen non o teña aínda claro. Vai sobre a crise financieira, parece que en Europa, pero é a nivel mundial, vía os EEUU. Coido que paga a pena botarlle unha ollada, ata o final.

Lembranza dun profesor: don Juan Suárez Acevedo

A continuación, un artigo de J. Manuel Yáñez Dablanca, Director do IES Dionisio Gamallo Fierros, que apareceu na Comarca a semana pasada, acompañado dunha ligazón a un artigo de D.Juan Suárez Acevedo en publicado en Ribadeo.


Hai xa uns 13 ou 14 anos que gardo un artigo do profesor Juan Suárez Acevedo que lle pedira co gallo do 40 aniversario do instituto de Ribadeo. Queríamos facer daquela unha recopilación de recordos, historias e glosas do que foi para algúns a etapa máis feliz e importante das súas vidas; coñecer a pegada que deixaran as vivencias e os estudos no Laboral en todos aqueles xoves que viñan dos catro puntos cardinais para obter un título en Ribadeo.
Coñecín pouco a don Juan, pero foi o suficiente para recoñecer nel un sabio tranquilo e sosegado no falar, un intelectual efervescente, indómito e implacable na análise das cousas, e un inagotable e orixinal conversador en calquera faceta que a vida ofrece a través da súa experiencia.
Moitos son os que evocarán o seu recordo e a súa imaxe como profesor de historia, e moitos tamén os que o citarán como provocador dos seus estudos ou dos seus recordos de adolescencia, a fin de contas nos seus 40 cursos de docencia (como el mismo recoñece) pasarían polas súas clases uns tres mil alumnos. Primeiro como profesor encargado do ciclo de Geografía e Historia no instituto Ramiro de Maeztu de Madrid entre os anos 1945 ó 1949, e logo xa como Director do colexio de ensinanza media recoñecido santo Tomás de Aquino de Ribadeo ata a súa incorporación ó Instituto Laboral de Ribadeo, no que sería Secretario (1961), xefe de estudos (1965), vicedirector (1966) e Director a partir do ano 1970.
Da súa obra haberá mellores ocasións e estudiosos para analizala, pero todos chegamos a lelo avidamente nas súas colaboracións na Comarca que afunden as súas raíces nos finais dos 40.
Este artigo que presento resume facetas importantes sobre a ensinanza ribadense nos anos 50, das circunstancias concretas que favoreceron a creación do Instituto e tamén de moitos protagonistas que, como el mesmo, contribuiron á cultura, formación, educación e progreso do que hoxe representa non só Ribadeo senón unha parte importante da nosa sociedade. Amosa tamén cun par de humildes pinceladas parte do seu perfil como docente e das súas pretensións como persoa. Queden pois aquí estas súas palabras como rendido homenaxe a un profesor culto, honesto e intelixente.

Artigo de D. Juan Suárez Acevedo

20111012

Interpretacións

O título completo sería algo así como 'Interpretacións apra un 12O (ou un 20N, ou un 15O, 15M, ...)'
Na vida preséntanse moitas situacións con intepretacións múltiples. No día 'da hispanidade', 'da raza', 'do Pilar', 'do descubrimento de América (daquela aínda non se lle chamaba así, nin se sabía o que era)', 'da apertura dunha nova rota de Indias', etc, unha foto:
O sol, onte pola tarde, antes de poñerse tras o Mondigo
Agora ben, deslumbra a esquerda e fai sombra a dereita? Ou é a dereita a que premite ver e a esquerda a que ten encandilada a foto? Non hai máis que esquera e dereita? É Ribadeo o que deslumbra? É a ría a de Ribadeo a que fai que Ribadeo quede out? Vai o veleiro car á luz ou cara a Ribadeo?
... unha grúa solitaria destaca sobre as casa de Ribadeo ... No blog aparece algunha foto con máis de vinte no mesmo horizonte, hai uns anos.

16 000 €? Máis ben 160 000 €! (e pico)

A AVV O Tesón xa dispuxo as participacións da lotería do Nadal. Cada participación do nº 70 566 vese ilustrada por tres fotos correspondentes a detalles de como quedaron as vidrieiras do cemiterio despois da agresión sufrida hai xa case un ano: a vidrieira mellor conservada e dous anacos con múltiples desperfectos. O que se pretende con esto é precisamente unha lembranza de que as vidrieiras da capela do cemiterio ribadense foron arrasadas e polo momento que se saiba non hai solución en canto a procura de causas, responsabilidade, legalidade ou reposición ó estado anterior.
A conta desto último, da reposición, o alcalde leva citado varias veces un orzamento orientativo de 16 000 €, a última segundo a prensa hai un par de días cando esto escribo. Dende a asociación botamos as nosas contas e non nos saen. A falta de datos sobre custe inicial das vidrieiras hai cousa de oitenta anos, e doutros moitos datos que nos farían falla para facer un cálculo de base histórica, ou da disposición dos anacos para as consultas pertinentes a especialistas, só se poden facer algunhas contas indicativas. Pero iso si, contas, non contos.
Son oito vidrieiras as afectadas (os rosetóns non pasaron polo calvario), cada unha cunhas 600 pezas. E cada peza, cun tratamento particular, podemos especular que non saería nunha tenda actual a menos de 30 € de media (para pezas únicas ou de tirada moi limitada, non parece excesivo...). Ó anterior, habería que engadirlle non só a montaxe da propia vidrieira, senón tamén a colocación, pero sobre todo, o redeseño de cada unha das pezas e da vidrieira enteira. Se se botan contas, deixando a parte todo o tratamento citado, isto é, tendo só en conta o valor de fabricación das pezas, saen 8 x 600 x 30 = 146 000 €. Ou sexa, que, sen os cuantiosos 'flecos' que quedan a unha beira, unha estimación de custo implicaría unhas dez veces máis cartos que a cantidade da que fala o sr. Alcalde. Ou, o que sería semellante, habería que baixar o custo por anaco ata 3 € para facer as contas anunciadas por el. Onde están esas gangas?
Quizáis non sobre o dicir que 'unhas vidrieiras' seguramente se podan conseguir aínda por menos da cifra que propón o rexedor (de feito, coido que se manexaba unha segunda cifra uns 2 000 € inferior), pero trátase de facer unha reposición, non un engano. Así pois, para que serían eses 16 000 €?
De calquera xeito, e con ser moi importante, hai que lembrar que non se trata tanto ou só diso, da reposición, senón de mirar cara ó futuro e evitar outros males semellantes. Trátase de que 'quen as fixo, as pague', si, pero iso só serve para unha vez, co que non sería abondo cara á prevención. Niso, na prevención, está o que os feitos non se repitan, pero é algo que parece estar aínda lonxe. Mentras, o que se leva dito nas intervencións do alcalde para aclarar os feitos non aclara moito; é máis, quizáis sen pretendelo deixa polo camiño un mar de dúbidas polas lagoas de acción, comunicación ou resultados que van quedando. Algo que dun xeito ou outro afecta ou debera afectar a tódolos electos na corporación.
Máis sobre as vidrieiras:
Nota de publicación de referenza
A primeira nota no blog
Ideas para a recuperación
e moitos máis ... (polo momento)

20111011

Cumbreiras: Complemento gráfico

Despois do post sobre as cumbreiras, pasáronme algunha foto que é abondo máis ilustrativa para ver que é o que se está a facer nas cumbreiras. As dúas fotos que deixo son para confrontar unha e outra:
'Nova' cumbreira
Cumbreiras aínda sen desmontar
 Coido que o que se está a facer está claro. Ou non?

Información é poder. E o control da súa distribución, tamén.

A 40 días das novas eleccións, pregúntome polos cartos invertidos polos partidos nas propias eleccións. é dicir, en prodigar a 'súa' información, a propaganda e en xeral a comunicación institucional, que démoslle o mesmo nome ou non, serve ó mesmo fin. Aquí remátase tendo unha vaga idea tempo despois das eleccións, mentras que noutros lugares como nos EUA o anuncio da propia recadación de cartos ven sendo como un preludio dos resultados. No sistema actual o ter unha transparencia financieira do proceso electoral podería axudar a que a democracia fora algo máis real...
Mentras, alguén sabe das contas dalgún partido de cara a este proceso? Os presupostos xa deberan estar feitos ...

20111009

Cumbreiras

Despois do anuncio de hai varias semanas, quen se dera unha volta por fronte das cumbreiras en r/Irmáns Moreno Ulloa podía ver algo como o que deixo abaixo. O certo é que alomenos dende terra non é doado a estas alturas percatarse da diferenza, polo que fago unha pequena ampliación e destaco as liñas de cumbreira a unha beira  a outra.
Vista xeral do edificio cos andamios

detalle para apreciar adiferenza de altura (liñas á esquerda e dereita da imaxe, altura actual e rebaixe)
Canto se tardou en facer o rebaixe? Por que se permitiu? Son algunhas das pregutnas, pero non as únicas. A prensa esta semana fíxose eco de que se está a comezar a empregar de xeito partidista a posibilidade de cobro/impago do construtor respecto ó derribo, e as obrigas legais correspondentes. O tema parece estar en que o xulgadoordeou o derribo ó concello, no ó construtor diretamente...

20111008

De O Tesón

Onte tivo lugar a primeira das charlas do ciclo "Ribadeo e ... 2011", anunciada polo cartel
Cartel correspondente á charla de onte
Cunha asistencia escasa de público, a conferenciante espuxo a súa idea de saúde integral para o corpo e relatou as súas experiencias coas medicinas alternativas.
Charla que será seguida pola anunciada a continuación:
Cartel da segunda charla
Asemade, púxose xa á venda a lotería do Tesón, cun motivo para chamar a atención sobre o sucedido coas vidrieiras do cemiterio:
O motivo: resto de vidrieira ben conservado (o único), e outros dous desfeitos.

20111007

Non entendo, pero hai diferenzas.

Deixo tres apontamentos diferentes para xulgar, sen máis comentarios:
1.Días antes das pasadas eleccións, en pleno de maio pasado, aprobouse o que se deu despois en nota de prensa como: 'Na última sesión plenaria deste mandato a Corporación de Ribadeo aprobou unha normativa de rexistro de intereses "para que os concelleiros da nova Corporación e das sucesivas Corporacións teñan a obriga ou a necesidade de declarar o seu patrimonio de maneira pública e aí todos acordamos por unanimidade que así sexa".'
2.Hoxe a prensa lembraba o tema cun titular: Suárez sigue sin hacer público su patrimonio y el de los ediles ribadenses.
3.E, se imos na procura da acta (por certo, alguén sabe por que hai outro 'buraco negro' na web do concello na acta correspondente a marzo?) do pleno, temos que foi aprobado un regulamento co texto:
PRIMEIRO.- Obriga de declarar


1. Todos os Concelleiros e Concelleiras formularán declaración sobre causas de posible incompatibilidade e sobre calquera actividade que lles proporcione ou poida proporcionar ingresos económicos, e da participación en sociedades de todo tipo, con información das sociedades por elas participadas e das liquidacións dos impostos sobre a Renda, Patrimonio e Sociedades, no seu caso.

2. As declaracións levaranse a cabo antes da toma de posesión do cargo, con ocasión do cesamento e ao final do mandato, e cando se modifiquen as circunstancias de feito, neste caso no prazo dun mes a contar dende o día en que se produciron.


No caso das declaracións das liquidacións dos impostos sobre a Renda, Patrimonio e Sociedades, no seu caso, faranse con carácter anual, unha vez rematado o exercicio fiscal.

3. As declaracións efectuaranse nos modelos aprobados polo Pleno, de conformidade con canto se establece polo artigo 75.7, aliña segunda, da Lei 7/1985, do 2 de abril.


SEGUNDO.- Contido das declaracións


 Xunto á data e a identidade do declarante, a sinatura do interesado e do Secretario da Corporación na súa calidade de fedatario público municipal, o contido mínimo debe ser o seguinte:


1. Declaración de bens e dereitos patrimoniais


Identificación dos bens patrimoniais e da participación en sociedades de todo tipo, con información das sociedades por elas participadas.
a. Patrimonio inmobiliario declarase: os bens inmobles, tanto de natureza rústica como urbana, o seu valor catastral, data de adquisición e título adquisitivo, clase de dereito real que se ostenta e porcentaxe de participación.
b. Patrimonio mobiliario: depósitos bancarios en calquera modalidade, accións, participacións de todo tipo en Sociedades e Institucións de investimento colectivo, seguros de vida, plans de pensións e xubilación, débeda pública, bonos do tesouro, etc.
c. Outros bens e dereitos patrimonias: vehículos (automóviles, embarcacións. motocicletas, aeronaves).
d. Bens mobles de especial valor: obxectos de arte, etc.
e. Semoventes.
f. Préstamos e outras débedas


2. Declaración de actividades e causas de posible incompatibilidade.


Causas de posible incompatibilidade e sobre calquera actividade que lles e sobre calquera actividade que lles proporcione ou poida proporcionar ingresos económicos.
a. Actividades mercantís, industriais, profesionais, etc.
b. Postos de traballo e cargos, no seu caso, no sector público e no sector privado
(Entenderase por Sector Público o definido así na Lei Xeral Orzamentaria)


3. Declaración sobre as liquidacións anuais dos impostos sobre a Renda, Patrimonio e Sociedades, no seu caso.
Estas declaracións realizaranse mediante fotocopia compulsada das respectivas liquidacións.
TERCEIRO.- Rexistros de Intereses


1. As declaracións inscribiranse nos rexistros de intereses constituídos no Concello: Rexistro de Causas de Posibles Incompatibilidades e de Actividades e Rexistro de Bens Patrimoniais.
2. A levanza e custodia dos rexistros de intereses corresponderalle en exclusiva á Secretaría Xeral do Concello.

CUARTO.- Acceso aos Rexistros.


1. Calquera cidadán a título individual ou en representación de persoa xurídica que desexe ter acceso ás declaracións, deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello ou polos medios do artigo 38 Lei 30/1992, unha solicitude, motivada ,que deberá reunir os requisitos que establece o artigo 70 da devandita Lei, con indicación dos datos persoais do membro corporativo sobre cuxa declaración de actividades interésase a consulta. As solicitudes xenéricas de acceso non son admisibles.

2. Por Decreto do Alcalde-presidente autorizarase o acceso sinalándose día e hora para facelo efectivo. O acceso realizase mediante comparecencia do solicitante diante da Secretaria ou Secretario do Concello que lle exhibirá as declaracións correspondentes. Do decreto daráselle traslado ao Concelleiro ou Concelleira interesados, para o seu coñecemento.


O réxime de silencio administrativo será o previsto polo artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común

QUINTO.- Publicidade


De conformidade co disposto no art.75.7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, establécese:


Primeira.- En tanto non se aprobe o Estatuto municipal invocado polo artigo 75.7da Lei 7/1985 de 2 de abril, no que se determine o contido das declaracións anuais de bens e actividades e os termos da súa publicación, a publicidade das declaracións farase a través de anuncio no Boletín Oficial da provincia, no que conste que os Rexistros de Intereses atópanse á disposición de calquera cidadán na Secretaría do Concello, no horario de oficinas, de luns a venres, sendo o réxime de acceso o establecido no parágrafo cuarto da parte dispositiva do acordo plenario que se adopte

Segunda.- Amais do anuncio referido, a publicidade efectuarase mediante un resumo das declaracións, relativas aos mesmos, na páx. Web do Concello, sempre que o Sr.Concelleiro autorice.”

De exame

Repasando papeis, chega á miña vista o texto seguinte:
"Polo tanto, onde queira que calquera número de persoas se xunten nunha sociedade dispostas a abandoar cada un o seu poder executivo da lei da natureza, e a renunciar a el en favor do poder público, alí e só alí haberá unha sociedade política ou civil"
A cita é de Locke, collida de Dous tratados sobre o goberno, LII, e 'caeu' na selectividade este setembro en Galicia.
Non está mal para reflexionar sobre ela: as persoas teñen que estar dispostas (é dicir, ter conciencia, non abandono) e polo tanto ter unha comprensión da situación, non un deixarse levar polas circunstancias. Así, pode considerarse a actual sociedade española unha 'sociedade política ou civil'?

20111004

Informe resultados enquisa satisfacción festas patronais

Onte colguei o resultado das contestacións da enquisa das festas patronais que anunciei no blog. Aínda que espero facer un pequeno artigo resume, aquí queda a ligazón para descargalo en publicado en Ribadeo.

20111003

Un comunicado da Asamblea 15M celebrada o fin de semana pasado en Navia

El 15 de Mayo algunos vecinos de la Mariña y el occidente asturiano salimos a la calle, con otras muchas personas de toda España, manifestando nuestra indignación por los atropellos que estamos sufriendo y para conseguir una sociedad más justa.
Somos personas pacíficas, de diferentes edades y profesión, unidas por la necesidad de defender nuestros derechos y dignidad, dispuestas a no dejarnos arrebatar lo que tanto costó conseguir: el derecho de todos a la salud, a la educación, a la vivienda y a un trabajo dignos.
Estamos viendo cómo aquí – igual que antes en Grecia, Italia, Portugal o Irlanda – esos derechos están siendo cada día más pisoteados por unos políticos que protegen los intereses de banqueros y especuladores que con la crisis se siguen enriqueciendo cada vez más, mientras a los trabajadores y a las pequeñas empresas se les exigen cada vez más sacrificios:
Se congelan o bajan sueldos y pensiones de todos los ciudadanos, pero no las retribuciones y privilegios de los políticos, ni los ingresos de los Consejeros de empresa, y mucho menos las ganancias de los inversores financieros.
El paro crece, a causa de los despidos masivos y el cierre de pequeñas empresas, dejando sin recursos a millones de familias.
Se deteriora salud, al recortarse los medios destinados a la Sanidad Pública.
Se reducen los fondos destinados a la Escuela Pública, mientras se aumentan los de la Concertada.
Se eliminan las ayudas sociales a los sectores más desfavorecidos (ancianos, discapacitados…)
Centenares de miles de familias se quedan en la calle, al no poder afrontar el pago de la hipoteca de su piso. Además, pierden todo lo que ya han pagado y aún deben a los bancos rapiñeros el resto del capital e intereses del préstamo.
Sabemos que ese no es el camino, que eso no es lo que la mayoría de la gente queremos, y que hay otra manera de afrontar esta crisis:
Haciendo pagar más a los que más tienen y que, encima, siguen sacando beneficios de esta situación que ellos mismos han provocado.
Reclamando una democracia real y participativa, que impida que los políticos incumplan, sin responsabilidad alguna, sus promesas electorales e ignoren la voluntad popular.
Exigiendo a nuestros gobernantes que sirvan a nuestros intereses y no a los especuladores, que dejen de mentir, de manipular y de jugar con nuestro pan, nuestras vidas y nuestra dignidad en beneficio de unos insaciables poderes económicos.
Gracias a nuestras movilizaciones ya se han conseguido algunas cosas:
Que se haga público el patrimonio de nuestros dirigentes.
Que la clase política empiece a hablar de recortes a sus privilegios. Incluso que algunos alcaldes hayan moderado sus aumentos desorbitados de sueldo, presionados por las protestas.
Que hasta algunos muy, muy ricos hayan dicho públicamente que se les deberían subir sus impuestos.
Que se esté haciendo frente a los intentos de desmantelar la Sanidad y la Escuela Pública.
Que se hayan paralizado muchos desahucios.
Que se haya puesto en marcha una iniciativa popular de cambio de Ley, para que la dación en pago del piso baste para saldar una deuda hipotecaria.
NOS QUEDA MUCHO CAMINO POR RECORRER : TÚ HACES FALTA, SI QUIERES UN MUNDO MEJOR
¡¡¡ REACCIONA !!!
Asamblea ciudadana Occidente Asturiano-Mariña Lucense http://asambleaoccidentemarina.blogspot.com

20111002

Unha referencia

Durante uns días estarei un pouco alonxado do blog, só enchendo de paso algún oco. Como por exemplo, hoxe, referindo o pleno da aprobación dos presupostos anuais ó blog 'Vida sociopolítica de Ribadeo'. Que vos aproveite!