20110809

Enterádevos: a revolución xa ten comezado

e chámase evolución.
A conto do 15M moito se ten escrito, moitos noivos lle teñen saído, que logo na mior parte dos casos sentíronse despechados sen ter chegado ó noviazgo en ningún caso. Moitas veces se ten dito que o 15M acábase, e moitas ten continuado. E adaptado. E adoitado por máis xente, que sentindo que non comparte todo (ideas, actitudes, métodos) cos outros participantes do movemento, cada vez ve máis craro que comparte moitas cousas, máis das que o separan. Tense visto asamblea tras asamblea.
E mentras, o movemento pasou a ser europeo para ser mundial, sumándose con outros movemento nados noutros lugares, algúns téndoo como referenza, outros como un compañeiro máis. Diriamos 'compañeiros de viaxe' senón fora porque tamén neste caso as ideas, pero tamén as actitudes e os métodos, difiren en parte, pero son compartidos na súa maioría. En tódolos casos, comezaron por ser invisibles para forzar a súa visibilidade, e logo, o seu protagonismo e quedar a súa presenza a longo prazo.
E vese un futuro: a loita. Que pase de pacífica a violenta, como remarca E. Dans na súa entrada de hoxe, depende de diversos factores, pero dende o primeiro momento sábese que pode variar por un -por un só, con moitas posibilidades diferentes para ise 'un'- motivo. Pero sempre, contínua.
Mentras, o movemento vai voltándose máis extenso e asumindo tarefas, diversificando, e calando máis na xente. Aí están a jmj ou o 20N como próximos obxectivos cos que interactuar, pero sobre todo a mensaxe de que o movemento non se para, porque segue a medrar, a dar ideas, a ver as posibilidades de futuro, a sentirse sociedade, a sociedade.
Na Mariña, con  retraso respecto ó centro, o movemento segue avanzado. Non en liña recta, que un camiño non é unha liña, senón unha superficie alongada que mesmo pode dar curvas apra sortear obstáculos, pero avanzando. Por exemplo, poñendo na rede máis información cun novo lugar en internet para indignados A Mariña, despois do blog. Sabendo que a rede non é máis que unha parte do mundo real. E tendo á vista que unha revolución non ten por que ser rápida nin violenta, aínda que poda ser calquera das dúas cousas, mesmo forzada a ser as dúas.

3 comentarios:

tharilo dixo...

Non entendo moi ben o que queres dicir ó final:
"E tendo á vista que unha revolución non ten por que ser rápida nin violenta, aínda que poda ser calquera das dúas cousas, mesmo forzada a ser as dúas."

agremon dixo...

Ó longo da historia, tendeuse a chamar revolución a períodos de cambios rápidos, moitas veces observados como violentos por ser sinxelamente cambios. Neste caso, na nosa escala temporal, non estamos indo demasiado rápido, e coa perspectiva actual, o cambio é incruento, non violento en canto a violencia física. Podería ser rápido na nosa escala temporal, e violento. E a ambas cousas podería ser inducido externamente, por exemplo, incrementando a represión policial e a represión económica.

agremon dixo...

Unha referenza nun xornal nada sospeitoso, sobre os feitos de Tottenham: http://www.guardian.co.uk/commentisfree/2011/aug/08/context-london-riots