20110827

Derivacións

O tema, os funcionarios? Ou o tema, o xeito de facer as cousas? Hoxe sábado, unha nova intervención na prensa, esta volta, da oposición,  coido que se podería titular algo así como o 'PP denuncia o populismo de Suárez'. Quizáis resulta que M. Valín viu o post de Fernando Suárez en Facebook relacionado co tema e as 29 respostas (neste momento) xeradas. Entre elas, a miña: "Fernando, a petición está ben, pero podias tela feito antes, sen propaganda contra o funcionariado, e estar funcionando xa todo como é debido. Non?". E sígoo preguntando, porque non vexo correspondencia na transparencia con que se tratan outros temas, nin tampouco vexo por que non se solucionou antes, ou sen cargar contra o funcionariado (xa abondo enfrontado ten á xente, parte por o funcionamento dalgúns funcionarios -ou moitos funcionarios, segundo percepcións- como por comportamentos políticos continuados facendo responsables ós funcionarios de cousas que non lles coresponden, senón ó poder político). É máis, coido que é unha medida que a medio prazo pódese voltar contra o alcalde: chega con que o cidadá correspondente vaia ó concello e o funcionario que o teña que atender esteña de baixa por enfermidade. O cidadán comezará a desconfiar de que as medidas tomadas polo alcalde só o foron 'de boquilla', e quedarán desprestixiados tanto alcalde como funcionario.
Non deixa de ser unha curiosidade máis, pero onte, contra a información dada pola comisión de festas de facer os fogos do sete noutro lugar, Fernando Suárez dicía que aínda non estaba permitido. Os xornais de hoxe non traen nada (alomenos en internet). Apostas sobre o que pasará?

1 comentario:

J. A. Bolaño dixo...

Comparto na sua totalidade o teu razoamento, e ademais engadiría que unha boa xestión de persoal ten que tratar de unir os empregados na procura de servizos de calidade, non dividirlos e crear enfrontamentos xefe/empregado ou mesmo empregado/empregado. Pero en fin, cada quen usa a estratexia que cre mais convinte os seus intereses.