20110824

Cambios 'de última hora'

Hai xa varias semanas que se puxo data, 20N, para o próximo cambio político. Os comentarios indicaban que a lexislatura estaba rematada. Pois non.
O primeiro, manifestouse branco sobre negro algo que se colara sen detección nin comentario subseguinte por parte de ninguén coñecido (alomenos, por min), unha variación na lei que indica que os partidos extraparlamentarios deben recoller sinaturas para poder presentarse ás eleccións, en cantidade relativa co censo da xurisdicción: o 0,1%, pero en 20 días. Parece pouco, pero non o é. Non é o mesmo votar dentro dunha estrutura xa articulada, para todo o mundo, que recoller sinaturas dende unha micro estrutura. E poñéndolle impedimentos, por certo: puiden comprobar como a un determinado partido se lle permitía poñer unha mesiña na rúa para recollida de sinaturas un día e non ó seguinte, por exemplo. De novo, unha cousa así favorece ós partidos grandes e tenta cortar a introduccción de cambios vía novos partidos. A disculpa? Económica, e para facilitar a limpeza electoral (limpeza en canto a que se hai menos partidos, veriase máis claro a quen votar, on menos intromisións)
Despois, un acordo para unha reforma partidista da constitución. Partidista no sentido que sería a reforma en base únicamente ó acordo dos 'grandes partidos', sen consulta ó pobo. En contra dos debates pra a reforma en profundidade d constitución, nos que e debatía non xa a refoma, senón tan só a portunidade dunha reforma, agora un apretón de mans entre dous señores que en teoría representan a case todo o mundo, e listo (por suposto, en teoría: súmense os vots e verase que lle falta moito para ser tan representativos despois de saír das urnas, e moito máis despois das derivas que collen apartándose dos mandatos dos votantes). E para facer que? Non para dar máis dereitos, senón para poñer máis cortapisas á (posible) actuación económica do estado: un teito de gasto. Lembras a que se armou a nivel mundial hai menos dun mes nos EEUU? Pois algo semellante á causa do xaleo. En troques de introducir racionalidade e retorno dos fondos inyectados ó sector privado ou variación para que non pague menos impostos quen máis gana, isto, que é evdente que permitirá elevar o teito de gasto cando haxa que salvar á banca pero non cando a consecuencia diso haxa que sacar cartos de educación ou sanidade.
A aínda máis, reforma da contratación laboral (a peor, claro): contratos de formación ata 30 anos e encadeamento de contratos temporais. é dicir, contratos máis precarios. Iso si, suavizando as palabras.
Engadido: páxina para congtribuír a avalar partidos ra a súa presentación ás eleccións: http://www.yoavalo.org/p/27 (en Lugo; noutras provincias, cambiar de páxina a partires desa mesma)

2 comentarios:

Agremon dixo...

Sobre o límite constitucional: http://jabope.blogspot.com/2011/08/propuesta.html

Anónimo dixo...

Calquera reforma da Constitución debería ser votada en Referendum. Os representantes maioritarios (PSOE+PP) son políticos do diario que non deberían ter dereito o pacto bipartito "ocasional"... Para as celebracións dos días de festa, con gaitas e cabezudos, hai que contar con todo o pobo, xa que todos van a sufrir o estarabouzo dos foguetes, e non só o 52% do pobo que é, máis menos, o que eles representan