20110722

Unha ollada ó pasado

Para procurar un dato sobre Hernán (co que rematei poñendo algo máis na rede sobre el), andiven mirando vellas Comarcas e Mariñas. Atopei cousas moi curiosas vistas da perspectiva de hoxe. Un par de exemplos:
"El Ayuntamiento de Ribadeo comprará la vieja aduana", nova na Mariña de La Voz o 19940316, axustando como subtítulo unha frase que se atribúe aEduardo Gutiérrez, alcalde daquela ó que lle quedaba un ano de rexidor: 'Se non pasa a titularidade pública é case imposible de amañar'. Hoxe a aduana está remozada para que non se caia e presente bo aspecto, non pasou a titularidade pública durante aquel mandato nin nos seguintes, pero aplicáronsese resortes legais e o tema está máis ou menos sulucionado, despois de estar moitos anos á venda en internet. Algunhas cousas no blog sobre o tema (2, 3, 4, e fotos). O que está sobre o tapete hoxe  que a Torre dos Moreno poda seguir a verse enteira, sen derruír.
Na beira da nova anterior: 'Invertirán más de mil millones en recuperar edificios'. Abaixo aclara que serían 1270 millóns de pts -algo máis de 7,5 M€- en 12 anos. E aclaro eu que, 17 anos despois, séguense a esperar os millóns que se daban por feitos.
Ano 1995, unha acusación: o goberno municipal anterior (presidido por E. Gutiérrez) deixou unha débeda de 100 Mpts, sengundo o novo alcalde, J.C. Rodríguez Andina. Oito anos despois, os de mandato de Andina, a débeda elevárase abondo. 4 máis, mandato do PSOE en coalición con BNG e chegara ós niveis actuais, que se ben non hai acordo sobre o total (tampouco o había daquela, e hai quen acusa ó BNG de aumentar a débeda no seu mandato, cousa que eles negan), poden cifrarse entre 5 e 9 veces aquel importe que deu lugar a un desmentido por parte de E. Gutiérrez e a un ataque sobre o gasto...
O 21 de abril do 94 a Mariña da Voz recollía 'Evaristo Lombardero acusa al BNG de distribuir folletos en los que se ataca a su familia'. Daquela estaba E. Gutiérrez no BNG, e no ano 94 a causa sería 'debido a la oposición que presentan a la construcción de un polígono industrial en la parroquia ribadense de Vilaselán'. Segundo a nova, sería tamén atacada a familia do representante dos veciños de Vilaselán. Ano 94. 17 anos despois, o polígono non foi a Vilaselán, está feito, pero non hai nada aínda nel ...
Non está escrito aquelo de que 'o pobo que esquece a súa historia ...

Ningún comentario: