20110702

Política, economia ...

Últimamente chámanme moito a atención novas que trascenden en xeral moito o noso entorno máis inmediato, non só Ribadeo, senón tamén a comarca, ou Galicia.
Todos sabemos que mentras os ricos se fan máis ricos, os pobres pola súa banda, ven aumentar o seu número e a súa pobreza, e séguense a aprobar medidas que aumentarán a tendencia. Algo que non sei moi ben se decir que é lóxico ou polo contrario, que contrasta, con que os empresarios declaren de media menos ganancias que os asalariados (non sei se se inclúen en 'asalariados' os xerifaltes empresariais con emolumentos de millóns de euros, mesmo en entidades que se reflotou con cartos públicos ou en empresas públicas que van ser obrigadas a malvenderse como as antigas caixas [outra cousa é que ademáis, estiveran deficientemente xestionadas pola msma xente, ou parella, que vai a sañir con eses soldos]).
Mentras, séguese a contaminar e as medusas fan cerrar unha central nuclear en Escocia: o que non conseguen os ecoloxistas van conseguilo precisamente unha das consecuencias da existencia da propia central. Por certo, non só o mar cada vez produce menos pola contaminación e a sobrepesca, senón que cada vez máis se aconsella non consumir determinados produtos mariños debido precisamente a esa contaminación que xeramos. Algo do que nos enteramos debido a un fallo xudicial en en contra dos gobernos tanto do PP como do PSOE habidos na última década, que ocultaron información sobr o tema: Vése que o tema económico prima máis que a saúde,cousa que por outra parte estase amosando así a traverso do manexo das contas e a privatización de servizos de saúde.
Mentras que aquí se afirma que 1/4 da economía é mergullada, vemos que en Portugal, un goberno recén saído das urnas, de dereitas, mete xa novos impostos que non tiña previsto en campaña electoral, dun xeito extraordinario, e claro, sobre o salario, non sobre a renda do capital. Ou mentras que empresas con marcas de ganancias botan en masa a xente a rúa pretendendo que lles subvencionen o tema. Ou mentras que as empresas enerxéticas seguen a ganar máis, pero sube a luz e din que se lles deben cartos.
Que hai un vaivén de límites de velocidade sen sentido? Non importa que funcionara (eso din)e que quen o está a dicir sexa quen o vaia variar de novo a pesares de que xa estaba aceptado: o que se aforra nun ano nunha medida así desaparece nun día por outras medidas das que ou nin se fala ou os responsables pasan do que se fale...

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Haber si te lo explico: no queremos lo que no podemos y no podemos lo que no queremos

Agremon dixo...

Como coido que o comentario anterior pódese interpretar de máis dun xeito, non vou engadir máis que, alomenos coa miña interpretación preferente, estou de acordo.