20110708

Búscanse persoas.

Búscanse persoas. Calculo que por esta chegará cunhas catrocentas cincoenta ou cincocentas para non ter que estirar moito os brazos.
O 23, sábado, está pensado que as marchas de indignación cheguen a Madrid. E, para acompañalas no esprito, aquí está previsto facer unha cadea humana ó longo da ponte dos Santos. Será o 23, sábado, ás sete da tarde
Como en Ribadeo aínda segue a surtir máis efecto en moitos casos o boca a boca, é cousa de transmitilo así: que sirva iste apunte só como un eslabón máis na cadea de procura de xente que vexa o problema e esteña a implicarse dalgún xeito. De aí o título: 'búscanse persoas'.
A ponte dos Santos. Entre os puntos sinlados pola liña, 620 m. E unha curiosidade da foto do sigpac (http://sigpac.mapa.es/fega/visor/): está actualizada á autovía na parte oriental, pero non na occidental.

Un vídeo en galego estremeiro sobre a cadea humana:

1 comentario:

Agremon dixo...

Deixo eu mesmo un comentario feito en facebook por Victor Villar: "Gracias Antonio, de verdade, pero deixame facerche un apunte, que espero que me teñas a ben... o video está feito en galego, na fala e en castelán, non creo que seña un acerto rebautizar unha lingua que xa está bautizada por quen a usa...e nada mais, gracias de novo e a seguir facendo camiño de a pouco e sumando ;-)"