20110710

Avance de actividade

Cartel das xornadas
A A. C. FRANCISCO LANZA de Ribadeo organiza as IX XORNADAS DE HISTORIA LOCAL para os días 14 e 15 deste mes de xullo, xoves e venres, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Mar.

Este ano trataremos da historia recente da nosa vila. Por un lado, Enrique Rodríguez Baixeras fará posíbel que coñezamos unha das primeiras curtometraxes galegas. Foi dirixida por el a primeiros dos anos 70, antes da morte do Ditador, baseándose en dous contos da obra de Anxel Fole Á lus do candil. Acompañarán a Enrique veciños nosos que fixeron de actores nela.

Esta curtometraxe creuse perdida, e temos a sorte de que o propio autor a dea a coñecer.

Por outro lado, e coincidindo co décimo aniversario do seu pasamento, lembraremos a Hernán Naval nunha mesa redonda na que participarán alumnos e alumnas seus, e tamén outras persoas que conviviron intensamente con Hernán nas súas variadas actividades (culturais, políticas, sindicais, artísticas...)

2 comentarios:

ajaspino dixo...

pedazo cartel... que bonito. wow!

Agremon dixo...

Autor?