20110620

150 indignados en Ribadeo

Non te fíes do título: chegou a haber nun momento dado (sobre as 13:30) dese orde de xente. A que pasou foi máis, pero a que está indignada non corresponde con esa cifra, como se puido comprobar falando fóra de micro ou mesmo fora da xuntanza. De claquera xeito, non está nada mal.
Primeiro, uns números: se collemos a poboación de Ribadeo, 10 000 persoas, a cousa representa o 1,5%. Se collemos a poboación Mariña-Occidente, a porcentaxe segue a baixar perigosamente.
O día de praia non sei se favoreceu ou non, pois escoitei comentar que da xuntanza á praia, a hora fixa, co que estaba manifestada claramente a xerarquía de actividades.
45 minutos de convocatoria para comezar é demasiado. Aínda que fóra unha cuestión técnica, por non chegar a megafonía. E deixouse sentir ben esa demasía, en comentarios e en ausencias.
Desta volta, non tratei de coller uns apuntes para levantar acta persoal; ligarei co lugar no que se poña ou se me chega antes por correo electrónico un esquema da mesma, cargareino ó blog. Pero ... o esquema repítese. O fallo de asistencia da persoa encargada de montar a acta anterior a partir de dous tomanotas propiciou a repetición, nunha falta de memoria apoiada polo feito de que, coa itinerancia asamblearia na zona, non só a conciencia de movemento é moi diversa, senón que se está a ampliar dunha a outra xuntanza.
A xente, antes de comezarse a falar

Algúns dos carteis

A zona central, nun momento
Dentro de cousas ditas (máis que faladas, pois coido que non se chegou a establecer un 'diálogo' =Discusión ou trato en busca de avenencia), están algunhas que no meu entender van frontalmente en contra da liña da asamblea. Pero a toma de palabra era libre, e a liberdade respectouse. Ó fin, dixéronse cousas en público que a xente ten que aprender a dicilas fóra de cando está cos amigos.
E no futuro? en Ribadeo non se acaba o mundo, e tampouco a asamblea da zona. Que se poda pensar que a cousa non vai como debería (é dicir, como define que debería ir quen así o pense) é lexítimo e pode ser un exercicio de diálogo no seu caso. Eu mesmo opino que a estrutura non está moi lograda. Ou que as persoas que asisten van a diferentes velocidades ou con diferentes implicacións, dende quen estivo en todas as da zona despois de asistir ou visitar algunha asamblea en cidades ata quen asistiu por primeira vez, o que fai difícil o diálogo a un mesmo nivel. Pero tamén vexo o 'meu' nivel de implicación, as posibilidades e as necesidades. Por iso, teño claro que dun ou outro xeito a cousa continuará. Poda que derive cara a un ágora cidadá nalgún lugar, pode que se refuxie máis en internet do que xa está, pode ... a súa imprevisibilidade é algo que á 'xente de orde', afeita a outras cousas, fastídianos, pero tamén é unha forza que ten.
Por certo, que falouse alí nun momento, a conto do medrar da asamblea e do seu futuro, de cousas que me lembraron a 'Masa e poder', de Elías Canetti, unha obra de referencia intento de razoamento da orixe e variedades do fenómeno da masa, así como o seu funcionamento, (más que á 'Rebelión das masas' de Ortega, que tamén).

4 comentarios:

Félix Soria dixo...

Coido que para ser a primeira, estivo moi ben.

El ángel de Olavide dixo...

Como me alegro de ver estas fotos y tus comentarios. Vistas las cosas sin la implicación de formar parte del paisaje y desde la ausencia me suenan a cambio verdaderamente revolucionario. El simple hecho de reunirse gentes de todas las procedencias para discutir respetuosamente de política es un acontecimiento civil de primer orden. Que luego los métodos asamblearios, la propia incertidumbre del futuro o el desconocimiento entre las personas hagan que las cosas se produzcan con mayor o menor acierto para mi es secundario. El simple hecho de romper las barreras mentales y políticas de las procedencias de ámbitos territoriales es para mi un signo de cambio relevante. Yo disfruto simplemente asistiendo a este milagro. Espero en Agosto tener la oportunidad de estar presente en algunas.

Agremon dixo...

unha curiosidade de La Razón sobre a maifestación de onte en Madrid

Iván Rodríguez Lombardero dixo...

Me pilló tomando notas, pero cuando alguien comentó que paciencia, que los cambios llevan tiempo, querría haberle dicho que para mí la asamblea era un cambio, un logro impredecible hace sólo un mes.
También se me quedó en el tintero recordar que no hay que impacientarse, que hay que disfrutar del camino, no caigamos en la precipitación absurda de estos tiempos. Paseniño.