20110531

En crise e a media luz...

... seguindo a canción, 'de noche y a media luz'. Agora trátase de algo diferente: o canon eléctrico e a normativa das liñas eléctricas.
Digamos que un afecta ós ribadenses e outro, a Ribadeo...
O canon eléctrico é unha taxa que se pide ás empresas pola producción de enerxía nun determinado lugar, contraprestación que debera cobrer, por exemplo, o efecto de manter unha terra anegada decenios para unha central, incomunicando as beiras, e un longo etc. En principio, digo, sería algo que a empresa aboaría a poderes públicos que administran a zona como compensación. Agora, cunha reforma en marcha, parece pretenderse que o canon sexa pagado... tachín! polos consumidores locais que serían os que terían que recibir os efectos de seren outros quenes se aproveiten do que se produce no seu entorno. Rizando o rizo: burros e apaleados. A parte, claro, de discriminados e indignados. Pagando máis pola electricidade que se consome beira da casa. Teño que haber entendido mal, non pode ser... pero quen mire os xornais de onte, xa me dirá: Galicia tería recibos máis caros por ter implantado o canon eólico.
Sobre as liñas eléctricas: agora os concellos terán que submeterse a unha nova normativa na que, máis ou menos, por ser as liñas supramunicipais, terán preferencia (máis da que tiñan ata o momento) para o tendido, quedando os concellos 'a velas vir', nunca mellor dito. Pero resulta que en Ribadeo temos xa varios anos de tratos (non coñecidos pola cidadanía, pero teñen que estar aí, segundo as novas de prensa que periódicamente deixan ver algunha novidade ó respecto) en relación a unha nova liña e unha nova subestación transformadora. Algo que está a facer falta, polo que parece, para que o polígono marche como debe. Por certo, que chama a atención agora que se di que España non necesitará novas centrais eléctricas ata máis aló do 2020, que para algo se leva anos tentando que a xente empregue a nerxía de xeito máis eficiente e eficaz.

Lugo pide un cambio

Por obra de Ángel Alda entérome deste vídeo que da unha idea da concentración 15-M de Lugo. É xa de antes das eleccións, pero como documento coido que abonda para manifestar a petición do cambio de sistema que se extendeu or toda España e xa prendeu nalgún lugares no extranxeiro. E que non se interprete mal: trátase dun cambio xeral, non en quen goberna ou deixa de gobernar a provincia dende a Deputación.

Lugo pide un cambio from Adrián González on Vimeo.

20110530

O tema do ruído, noutro lugar

Neste caso, en A Guarda.

Chove a cántaros. Obras, tamén choven

Actualización a media mañá: a segunda foto compleméntase con que por fin a obra pendente no CIFP Porta da Auga vai ser reprendida, e o edificio deixará de ser un cadáver despois de xa abondos anos para irse parecendo máis e máis a un edificio público. Están metendo barracóns de obra da empresa que vai levar o remate de obra.
1,4 L/m2 nos últimos 20 minutos (perto das 8 da mañá), segundo a Pedro Murias.
Unha segunda entrada pequena (despois da nota do envío de 2225 sinaturas para impulsar a residencia de maiores) para deixar a imaxe de que non só está a chover a cántaros hoxe en Ribadeo, senón que tamén as obras, grandes e pequenas, sucédense na vila 'a cántaros'. Iso si, todas dun xeito ou outro, públicas.
Na rotonda do xardin, o Juanín xa ten mastro.

O novo edifico mai medrando e achega a unificación dos IES, pero aínda falta.

Hai pouco que se fixo, pero necsita coidar o seu entorno, e hai que protexer a lápida de Calvo Sotelo.

Nota de prensa da Plataforma pro residencia de persoas maiores de Ribadeo

NOTA DE PRENSA

El portavoz de la Comisión nombrada por la Plataforma pro Residencia de Mayores, de Ribadeo, y con el ruego de su publicación en los medios de su dirección, le adjunta copia del escrito remitido a la Consellería de Traballo e Benestar, el día 30 de mayo, acompañada de 2.225 firmas de vecinos de este concejo de Ribadeo, solicitando la adjudicación y construcción de una nueva Residencia para Mayores en Ribadeo, para dar respuesta a la demanda de este servicio, tanto en el concejo de Ribadeo como en esta comarca limítrofe.
Se informa, asimismo, de los objetivos y próximas actuaciones a seguir acordadas por la mencionada Plataforma en la reunión que tuvo el día 29 de mayo en los locales de la Casa da Xuventude en Ribadeo. Con la asistencia de unas diez asociaciones locales el portavoz de la Plataforma hizo un balance de las actuaciones llevadas a cabo desde su creación hasta la fecha. Sometió, asimismo, a la consideración y aprobación de la asamblea la ruta de actuaciones a desarrollar en los próximos días por la Comisión de la mencionada Plataforma. Cabe destacar, entre otras, las siguientes:
1º.- Remisión de las 2.225 firmas a la Consellería de Traballo e Benestar al día 31 de mayo, solicitando una nueva Residencia para Mayores en Ribadeo.
2º.- Comunicación informativa de este hecho a la presidencia de la Diputación Provincial, al Parlamento de la Xunta de Galicia, al Alcalde y a los portavoces de los distintos Grupos Políticos de Ribadeo.
3º.- Mantener en breves días, una vez constituida la nueva Corporación Municipal, una reunión con el Alcalde de Ribadeo.
4º.- Mantener, también, una reunión con cada uno de los portavoces de los partidos políticos de la oposición.
5º.- Solicitar una entrevista con la Sra. Conselleira de Traballo e Benestar en Compostela.
Y después del correspondiente cambio de impresiones y sugerencia sobre los objetivos de la Plataforma, se cerró la sesión.


Carta remitida a Conselleira:
SEÑORA CONSELLEIRA:


Os abaixo asinantes, membros da Comisión nomeada pola Plataforma pro Residencia de Mayores, con domicilio social a efectos de notificacións en LG Cargadoiro, nº 5, 27710-RIBADEO (Lugo), surxida no Concello de Ribadeo en data 18 de febreiro do presente ano de 2011, e en representación da mesma, por este escrito diríxense a Vde., como Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, para expoñerlle

1º.- Que o Concello de Ribadeo, con unha poboación de 10.000 habitantes, aproximadamente, goza de unha residencia para maiores, o nomeado antigo Hospital Asilo de esta vila, cunha capacidade de 47 plazas, que resultan totalmente insuficientes para dar resposta as necesidades de acollida da poboación necesitada deste concello.

2º.- Que, debido a esta carencia de capacidade, son moitas as persoas que se atopan en situación de demanda de praza. E outras moitas, unhas 30 neste intre, que se atopan desprazadas noutras residencias foráneas, moi alonxadas do seu entorno habitual, co conseguinte trastorno para o mantemento da sua relación familiar e mesmo vital.

3º.- Que, do anteriormente exposto resulta evidente que a construcción dun novo xeriátrico para Ribadeo e a sua comarca, para cubrir as necesidades presentes e futuras deste servicio, é unha necesidade imperiosa que demanda con urxencia unha resposta adecuada por parte da Administración.

Por todo o arriba exposto, esta Plataforma, e os membros da sua Comisión abaixo asinantes no seu nome, préganlle a Vde. que tome en consideración esta demanda, avalada por las 2.225 sinaturas adxuntas de veciños deste concello, que así expresan a sua vontade de acadar este servicio; e acorde a construcción urxente dun novo xeriátrico en Ribadeo para dar cobertura ao novo mapa de infraestruturas sociais desta comarca.

Ribadeo, a 30 de maio do 2011



SRA. CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR DA XUNTA DE GALICIA.- COMPLEXO ADMINISTRATIVO SAN LÁZARO, S/N.- SANTIAGO DE COMPOSTELA.

20110529

Sabes o que é 'Españistán'?

Un país de ficción nun vídeo ... unha explicación de ficción para tomala en serio ou de coña.

Unha idea de O Tesón. Comunicado

AVV O Tesón
Nota de prensa
Ribadeo, 20110528

Unha semana despois das eleccións municipais, a situación política en Ribadeo comprende dous partidos cun só representante. Nun dos casos xa se propuxo publicamente dende o primeiro momento a renuncia á súa acta da persoa electa, e no outro, ó longa da semana, xurdiron na prensa e no pobo diversas informacións que fan pensar nunha variación total de propostas respecto a antes das eleccións.
Nesta situación, a directiva da AVV O Tesón quere aportar unha idea que non é nova, pero que polo momento non se aplicou en Ribadeo. Noutros lugares, algunha formación declarou antes e despois das eleccións que a súa misión principal no consistorio sería observar e transmitir á cidadanía o transcorrer diario do que alí ocorre, facendo transparente a política municipal. Para poder facelo dun xeito ecuánime, terían que complementalo co aporte da súa opinión máis que con tratar de tomar a iniciativa nos plenos ou a outros niveis políticos no respectivo concello.
De igual xeito, en Ribadeo na actualidade, e antes de que coñezamos como se clarifica a situación final destes dous partidos, consideramos que sería bo que algunha persoa, allea ó goberno e sen exercer tampouco como oposición belixerante, tomara unha iniciativa semellante: o manter á cidadanía informada do que se coce no interior do Pazo de Ibáñez, á espera dun regulamento de participación cidadá que permita realmente á cidadanía isa participación que se está a pedir cada vez máis ó longo do estado. Evidentemente, o exercer unha misión así, implica unha obxectividade que presupón á renuncia dalgunhas propostas previas que se soen asumir implícitamente nos partidos. É dicir, unha xenerosidade de cara ó pobo de Ribadeo que pedimos a ditos partidos que teñan en conta.
Ribadeo, a 28 de maio de 2011.
No blog de O Tesón

20110528

6 euriños, por favor... son para salvar a Telefónica ....

Dádeme 6 euriños cada un para salvar a Telefónica ... necesita un ERE urxente para sobrevivir ... tede piedade dunha sociedade que o ano pasado só gañou 220 € por cada un de nós ... apiadádevos, 6 euriños máis ...
Que és emigrante? apiádate igual, Telefónica é internacional.
Que és menor de idade? Telefónica pode comunicarte cando sexas maior.
Non é para viño, os cartos son para un ERE e para pagar a directivos ...
Piedade!

- Nota: segundo as informacións de diversos xornais, Telefónica tivo un beneficio de máis de 10 000 M€  pasado ano, máis de 220 por cada persoa de calquera idade, sexo ou condición contabilizada en España. O ERE que pretende para desfacerse de 8 000 empregados pasa por unha 'axuda' que corresponde a uns 6 € por persoa. Os pluses dos directivos son unha cifra superior. -

20110527

Panem et circenses? Fútbol vs democracia!

De todos é sabido que o fútbol move masas. Máis que a política, neste país. Agora, coa excusa de que o Barça pode ganar a copa, cara ó fin de semana desaloxan a praza de Cataluña en Barcelona, porque é alí onde se celebran estas festas, polo que parece. E tamén comezaron o desaloxo en Lleida, segundo informan no twitter. O caso é que con iso, chega máis xente ós lugares de desaloxo ... interesante cuestión sociolóxica. Pero, evidentemente, non só iso. Remataron as eleccións, pero non a política, nin os intentos de participación, neste caso a traverso dos movementos do 15M.
Por certo, quen manda o desaloxo? Evidentemente, só poden facelo os políticos, precisamente a clase á que os indignados lles están pedindo un cambio e rendición de contas.
Algo despois: #bcnsinmiedo 'topic trend' en twitter...

Tomando o sol

Inspección e correctivo: socorristas tomando o sol na praia das catedrais, non correcto, tick non recollido, bandeira azul denegada.
Chaman a atención na páxina do concello dúas entradas consecutivas, visibles hoxe, sobre a praia das Catedrais. O cabreo pola perda dun título, o de bandeira azul, é patente, despois da sorpresa inicial. As cousas non soen ser tan sinxelas, pero o certo é que a falta de 'profesionalidade' non se da só nos socorristas, senón outras moitas profesións, ou máis ben, individuos. Evitando esa falta quizáis o tema da crise actual estaría solucionado, por máis que se puxeran de acordo os inversores de deuda, o FMI e algunha institución máis. Pero, neste caso, parece que os inspectores actuaron como debían, e aínda que poda parecer desproporcionada unha medida deste tipo nunha praia onde a xente non vai bañarse (en xeral), as condicións son as que son, e deberan cumprirse. Xa vale do pasotismo amosado noutras moitas ocasións.
En canto á praia, as consecuencias para o turismo coido que serán escasas, e case máis ben beneficiosas a medio prazo, pois a xente ven a ver un monumento natural que, polo tema das bandeiras, pode saír máis veces na prensa, sen que a calidade de servizos na que pensa para a súa visita sexa menor. A foto usada polo concello para ilustrar a nova sobre as catedrais indíaco ao claro: cola kilométrica para acceder ás escaleiras do areal ... Para a praia en si, coido que un pouco menos de presión non lle viría mal nalgúns días: de feito, non é a primeira vez que se oen rumores de limitación de visitas, enfocadas dun ou outro xeito.
Mentras, non se sabe que a organizción que concede as bandeiras dixera nada dun tema como o do aparcamento nunha zona protexida ... e é que os títulos non teñen por que corresponder coa idea que  xente temos deles.

20110526

15M, IGaPE, o Deportivo, a mina, a ría ...

Xoves. As eleccións comezan a ser xa tema desfasado, e comezan a relocer as curiosidades, como que en Aduna o voto en branco fixo posible que non houbera alcalde. Ou que un movemento de cidadáns en branco sitúase como forza política a un certo nivel. Ou localidades nas que un partido copou a alcaldía. As dúas primeiras situacións lembran o 'Ensaio sobre a lucidez' de Saramago.
Mentras, o descenso do depor aínda non está desfasado: vinte anos en primeira, unha copa e perda de categoría no último partido... o día antes das eleccións. Cántos votos indecisos decidiría ese partido na Coruña? Posiblemente non moitos, pero si algún. O caso é que cunha débeda cuantiosa, o descenso implica un futuro peor para o equipo por abondos anos, salvo 'sorpresas sorprendentes'.
A mesma noite do partido, os acampados coruñeses do 15 M, os 'indignados', movemento que deu moito que falar (e aínda pode dar) non eran máis dun puñado, e nos momentos álxidos de discusión (coa participación directa ou curiosa dalgunha persoa de Ribadeo) na tarde, uns 300.  Polo momento, e co movemento en retroceso despois dunha eleccións nas que tivo influenza reducida, goleada do fútbol fronte á crise. Pero ... a indignación non deixa de medrar: aí está o caso do IGAPE, destapado por certo despois das eleccións, que se presenta como unha máquina de traspaso de cartos públicos a bolsillos particulares, ó tempo que nos lugares con máis masa crítica os indignados procuran novas formas, diversificando os lugares de protesta.
Onte apareceron por Ribadeo, buzoneados, uns 'boletíns informativos' Asturgold informa. Polo que pon, van polo nº 3, de onde se deduce que a empresa pro mina de Salave decidiu ampliar o ámbito de distribución de folletos en relación a veces anteriores, pois dos dous primeiros non teño constancia que foran distribuídos por aquí. O caso  que, segundo xa se escoitara falar, a mina de Salave está a recibir un novo impulso despois das mobilizacións do pasado. Prometen máis traballo que antes -500 postos- e explican que serán máis respetuosos co medio, ó tempo que lembran en lugar apropiado que o paro aumentou en Asturias o ano pasado, empregando o gancho típico nestas situacións.
E, mesmo enfrontado a Ribadeo, a constrcción dun novo peirao nas Figeiras xa puxo ates das eleccións á xente en pé de guerra, máis que polo propio feito de facelo, por o como.
Falaremos.

20110525

Pospolítica como política postelectoral

Unha vez que falan os números, as consideracións políticas soen cambiar de aspecto. Tanto en xustificacións como en temas, pasando tamén por actitude. A nivel local ou nivel estatal e máis aló. Non importa. Estamos ante unha pospolítica, pois a 'política' en si, a xusto anterior, xa non serían as relacións e actividades de goberno, senón de consecución de votos do período previo ás votacións.
Maniféstase a nivel internacional: o primeiro que fixeron 'os mercados' foi desconfiar ante unha situación de debilidade do 'Reino de España' por 'non ter clara' a situación política posterior. E comezaron a intervir tanto no custe da débeda como na bolsa ou a traverso de declaracións de representantes diversos para 'orientar' as futuras accións do actual goberno do estado.
Maniféstase a nivel estatal, co xúbilo e algarabía duns e a desolación doutros máis que coa autocrítica sobre as propias accións, que aínda que poden estar relacionadas, parece moitas veces aquelo de que 'os camiños do Señor son inescrutables' cando se entra ver a relación.
Pero as votacións en Ribadeo, neste caso, eran a nivel local, con derviación a nivel provincial na Deputación. E, a iste nivel, atopamos unha cesión no último posto: a resignación da cadeira do candidato polo PSOE. Deixemos a parte do tema da correspondente autocrítica ou mesmo xustificación, que polo momento, escápanseme, non as vin, e centrémonos no feito da resignación: quen pode aceptala? O segundo da lista? a terceira? Cunhas eleccións levadas dun xeito personalista, estando as accións anteriores durante catro anos levadas da man doutra xente que non aparece no novo listado porque xa estaba desgastada, e sendo novatos en política os seguintes listeros, sendo unha única cadeira a ocupar polo grupo, e polo tanto sen apoio, a cousa está complicada para elixir. Tanto como que un exalcalde se sente só, illado nunha corporación que abandoou hai 16 anos, e tras cambiar de grupo, e ... Neste caso sinxelamente non hai 'pospolítica', senón outra cousa, interna.
No seguinte partido en votos, a UPRi, chamoume a atención o feito de 'morrer matando' que aparentan as declaracións de quen debera ocupar a única cadeira obtida, ó seguir atacando despois das eleccións a conta do gabinete de prensa o concello, que, segundo el, sería o gabinete do BNG e tería feito a maioría de propaganda electoral. Se considere que é ou non certo, é seguir na mesma liña que levou ós resultados vistos. Autocrítica ou construcción do futuro non aparecen, mentras de novo aparece a comidilla no pobo sobre un posible futuro cargo, neste caso nun goberno de Cascos en Asturias. Así, que pasaría coa súa acta de concelleiro? Como son só dimes e direites, mellor deixalo polo momento. Pero o caso é que tamén aquí hai o deserto político poselectoral.
No PP parece que se tomou o resultado cunha certa decepción, pero coa veciñanza á realidade que representou unha estabilidade en votos e porcentaxe. E ca visión clara de que non foi que o grupo 'perdera as eleccións', senón que houbo un balance de forzas, un conxunto de perdas que foi compensada por unha ganancia do BNG sen pasar por eles. Polo demáis, hai unha continuidade nos ditos de antes das eleccións e despois, configurándose como unha 'leal oposición' que dirían os ingleses.
En canto ó BNG, ó xúbilo hai que sumarlle a prudencia, cousa que o pobo agradece despois de ter visto en ocasións pasadas como ós alcaldes e ó equipo de goberno se lles sobe á cabeza unha segunda victoria, e máis se é in crescendo, con maioía absoluta de cadeiras. Neste caso parece que a cousa poidera ser diferente a tenor das declaracións iniciais. Sería algo bo para todos, incluído para o alcalde, equipo de goberno e partido. Polo mome, a menos se me escapara algo, foi o único que falou de futuro, coa aprobación do PXOM na mente, e quizáis coa claridade de que un mandato con maioría asoluta non é só unha tranquilidade, senón tamén unha responsabilidade.
Despois do anterior, coido que as posturas poselectorais coinciden abondo ben co número de votos obtidos, de xeito que mesmo se podería dicir que os votos sería consecuencia delas, e non ó revés...
Por outra banda, a outras esferas, parece que non vai a ter os tres niveis en mans opositoras, senón que por pouco, a Deputación vai a seguir sendo 'aliada', por unha Xunta 'opositora' e un Goberno que polo momento é 'de transición', cos tres adxetivos entrecomillados tanto polo que representan como polo que non deberan representar. Niveis que están relacionados cunha última consideración de hoxe: a economía. Estando menos endebedado que hai uns anos, o efecto é maior pola dificultade actual do crédito, e polo tanto, as relacións con outros niveis de dirección política son máis importantes tamén que hai uns anos. Pero coido que isto Fernando xa o sabe e tratou de aplicalo.

20110524

Distribución de votos nas parroquias

Antes de nada unha nota: Os números que me pasaron non coinciden cos provisionais, por pequenas diferenzas, no BNG e na UPRi. Como as diferenzas non son representativas, faigo o gráfico con istes datos detallados.
A táboa manifesta que o BNG ganou en tódalas mesas exepto na A do cine-teatro, que foi para o PP.
En resumo xeral, o BNG obtivo mellores resultados na zona rural, UPRi equilibrou as dúas zonas e PP e PSOE tiveron mellores resultados na vila.

Flecos electorais e lista de concelleiros electos

Despois dunhas eleccións, sempre queda o facer xogo cos números resultantes. Segundo as táboas xa postas, a maioría absoluta do BNG vese respaldada por 93 votos extra: con 2596 votos perdería o 7º concelleiro en favor de UPRi. Dun xeito alternativo, tamén o perdería se estoutra formación obtivera só 28 votos máis, 769. A lembrar de calquera xeito que os números son provisionais polo momento.
Así pois, por ista volta, o BNG é o máis beneficiado polo sistema d'Hondt, mentras a UPRi é a máis perxudicada. O PP queda case a pre co sistema e o PSOE tamén se ve perxudicado nun 4,5%. A este respecto, cabe lembrar as cifras e votos sobre o total de electores, 31,4%, 20,98%, 8,66% e 8,58%,e remarcar que a pesares de non lograr nin a terceira parte dos votos posibles, só o BNG sobrepasa a porcentaxe de xente que se abstivo, algo meritorio porque non é moi corrente.
Despois dos comentarios xerais de onte, coméntase nos xornais que a diminución de votos, e o aumento de porcentaxe de votantes débese a que a diáspora viu negado este ano o ter dereito a voto. Así, se non se vive aquí, non se vota aquí. Particularmente coido que o perxuízo en xeral foi para os partidos con máis recursos e máis grandes, os dous líderes a nivel estatal, se ben nas municipais quizáis teña menos impacto que poidera ter nas xerais.
A lista de concelleiros electos quedaría, por orde de obtención de cadeira:
1.Fernando Suárez Barcia (BNG)
2.Manuel Valín Valdés (PP)
3.Mari Luz Alvarez Lastra (BNG)
4.Manuel Yáñez Dablanca (PP)
5.Vicente Castro Reigosa (BNG)
6.Francisco Rivas Álvarez (UPRi)
7.Eduardo Gutiérrez Fernández (PSOE)
8.Ana María Martínez Fernández (BNG)
9.Azucena González Loredo (PP)
10.Horacio Cupeiro Rodríguez (BNG)
11.Mª del Campo López-Braña Freije (PP)
12.María Teresa González Piñeiroa (BNG)
13.Xavier Campos López (BNG)
Respecto ó anterior, hai que ter en conta que Eduardo Gutiérrez puxo a súa acta a disposición do PSOE, polo que é posible que ocupe o seu sitio outra persoa da lista.

20110523

Non sei o que fixeches, pero sei o que contribuíches a facer

Aquí, en Galicia e en España. Desastre do PSOE. Na veciña Asturias, a pesares da irrupción de Cascos na contienda. Di a prensa que victoria do PP; coido que máis ben, derrota do PSOE. Mentras, o movemento 15 de maio polo momento lembra que está vivo, e non se move. A cousa continuará. Co teu voto ou a túa deserción das urnas, este é o panorama a nivel xeral. En Ribadeo, o resume de onte a noite da para un comentario longo. Unha cousa rápida de primeira hora dunha mañá onde está a saír o Sol en Ribadeo non da para moito máis que para o que sería unha charla de café, que haberá que ir ampliando.
En primeiro Lugar, unha resistencia de UPRi a saír do esceario non logra evitar a súa caída, aínda que por ser menor que a do PSOE, ase a ser a terceira forza poítica de Ribadeo. Tanto no pasado mandato como neste, por razóns diferentes, non logrou chegar a unha posición de bisagra, e a nivel xeral, a un partido independente, máis se non ten unha certa estrutura interna, élle difícil acadar unha terceira vez representación, segundo as estatísticas. E xa non se trata tanto do que fixo ou deixo de facer no mandato, senón de estruturarse para logar unha representación.
Cartel no concello
En canto ó PSOE en Ribadeo, se deixamos a parte as primeiras elección democráticas, que sería unha especie de 'proba', o número de votos acadado é o menor da serie histórica. e coincide cunha baixada tmén histórica de estar punto de conseguir o cuarto conceleiro (foi o partido máis mérxudicado polo reparto no pasado mandato en Ribadeo). E, por cousa da lei d'Hondt, obtén a menor representación que tivo en toda a democracia. Só o cabeza de lista. Para reflexionar profundamente a importancia relativa das que parecen chamadas a ser as tres causas principais: a influenza da perda de rumbo socialista a nivel estatal, catro anos dunha actuación deficiente no concello e unha presenza buscavotista en campaña onde o candidato nº 1 pouco tivo que ver co resto da lista e cunha coherencia de ideas, na que está incluído tamén o feito de que fora alcalde polo BNG. O resto da candidatura, inmaculado, pois non saiu a escea.
O PP manténse no nivel da eleccións pasadas, máis ben un pouquiño por riba que por baixo, en contra do que parece indicar o número de votantes, pois tamén votou menos xente en total que nas pasadas eleccións. Coido que Manuel Valín non soubo separarse do PP anterior en Ribadeo nin a nivel nacional, e, o que noutros lugares pode ter sido un acerto, aquí non parece telo sido. A posteriori, coido que hai un factor importante externo ás actuacións e á ideoloxía: a foto de Valín que aparecía nos carteis non lle sumou puntos, e máis ben lle restou.
En canto ó BNG, coido que cando no mítin electoral Fernándo Suárez dixo algo así como '(...) e algún tolo nos da sete concelleiros', creía que en realidade era unha toleada, aínda que fora ilusionante para o equipo. A toleada cumpriuse, acadando con diferenza o mellor resultado do BNG en Ribadeo, e logrando eses concelleiros máis que estaba pedindo a berros dende hai moito tempo para facer cousas. Xa os ten, e agora ten o problema de como utilizalos. O resultado parece responder a un traballo e coherencia previos, supoñendo o mesmo para iste, algo a demostrar.
Atrás quedan a moción de censura que artellou pero non defendeu a oposición hai un ano, ou as acusacións diversas ó equipo de goberno anterior, incluído o pacto PP-BNG e moitas outras cousas. Nace un novo día en Ribadeo, con Sol, mentras que o fenómeno da Porta do Sol aquí non se deixou sentir moito polo momento.

20110522

Resume de datos e algunha cousa máis (6ª e última de hoxe)

Segundo resultados de http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127905199_L1.htm?d=614&e=255
 A táboa anterior resume os resultados das eleccións para Ribadeo, incluíndo a división d'Hondt que asigna 7 cadeiras ó BNG, 4 ó PP, e 1 a UPRi e ó PSOE. Iso representa unhas porcentaxes relativas de 53,85 // 30,77 // 7,69 // 7,69, a comparar coas porcentaxes de votos.
A continuación, a relación de votos válidos nas diferentes municipais, onde se ve que houbo menos votos esta volta que nas do 2007.

A táboa seguinte, os votos das eleccións dende o 79, resaltando os mellores resultados de cada unha, e a continuación, os concelleiros obtidos.
As gráficas correspondentes ós numeros anteriores,en porcentaxes.
E os alcaldes (naturalmente, o actual non aparece aínda como 2011 por non ser aínda elixido)
Por certo, hai que acumular ó anterior que PSOE + BNG teñen un deputado provincial máis que o PP.
Agora falta facer a análise a nivel galego e estatal, a influenza das mobilizacións, ... e, por suposto, o que significa para Ribadeo.
Unha cousa máis: equivoqueime no pronóstico. A clave estivo no medrar do BNG, que deixou 'paralizados' ó resto dos partidos... algo que non fun o único en non prever, como comezan a amosar os comentarios (ver)

10:45 Maioría absoluta do BNG

... gráficas e demáis desenvolvementos, noutro post

Unha tontería: captura dos primeiros resultados que aparecen, ...

... con maioría absoluta sobrada do BNG, e o PSOE sen representación

Para ler mentras (4ª de hoxe)

Quizáis, para a espera de resultados, comentarios, gráficas e demáis, non resulte mal repasar a wikipedia ...

Previsións (... 3ª)

Os avances dan en Ribadeo un aumento de participación: mañá boa, día calmo,, ambiente de expectación superión a outras convocatorias ... agora mesmo xa hai algo de vento, o temperie empeorou lixeiramente, o anuncio de participación tamén inflúe ...

Unha colaboración para (interpretar os resultados d)as eleccións - entrada 2 do día

Hai xa algún tempo que fixen unha entrada que me requeiu Suso para o seu blog, e que estará publicada hoxe nel. Reprodúzoa hoxe aquí como segunda entrada do día, para ver como se reparten as cadeiras segundo o método d'Hondt:

Se hai 13 postos, e hai trece persoas dispostas, non debera haber problema ...

Se son 13 os lugares que hai dispostos e 14 persoas candidatas a ocupalos, hai que elixir. Póñense condicións, criterios, e tómase a decisión. E iso son as eleccións. Pero os votos, o que conta para elixir, só son parte do proceso. Outra parte, moi importante, son os criterios de asignación do cómputo de votos para enmarcalos nos postos existentes
Nun caso concreto, en Ribadeo, nestas eleccións concorren 52 persoas (4 listas electorais, sen os suplentes) para 13 postos. Hai que elixir. Hai 9000 persoas inscritas como votantes, para facer a elección, o que se fai dando un voto cada un dos electores a unha soa lista, encadrada por 13 persoas (novamente, máis os suplentes en caso de que alguén que conte como titular falle e sexa necesario remprazalo).
Deixando a parte a confección das listas, correspondendo cada unha a un partido ou coalición electoral, eses 13 postos en disputa están pensados para repartirse entre as listas que se presentan, como se se tratara de entidades que poideran ocupar cada unha delas varios postos.
Hai varios sistemas de reparto, de asignación deses votos para a ocupación dos postos dispoñibles. En España úsase o método d'Hondt, un deses sistemas. A solución non é perfecta, e o método ten os seus detractores, que lle achacan principalmente que tende a favorecer ós partidos máis votados, aumentando relativamente o valor de cada voto (como se trata de estatística, hai veces que o máis favorecido non é o máis votado, senón mesmo o menos votado).
Voltando ó método, a súa aplicación é de manual. En síntese, logo de escrutar todos os votos, e polo tanto, ter o número deles que acadou cada lista, fáise unha táboa na que aparecen ditos números sucesivamente divididos por 1, 2, 3, 4, ... ata o número total de postos a repartir. Cada un deses números corresponde a un candidato da lista. Así, ó candidato nº 4 dunha lista que obtivera 2600 votos corresponderíalle o número 2600/4 = 850. A partir de aí, vánse collendo persoas para cada posto, dun xeito ordeado, correspondendo ós números máis elevados, ata encher os postos dispoñibles.
Como demostración para ver como se aplica, tomemos o caso das eleccións municipais do 2007 en Ribadeo. Había 13 cadeiras dispoñibles, a ocupar por xente de 4 listas de 13 persoas (máis suplentes). Os resultados resúmense na seguinte táboa:
A parte esquerda da táboa corresponde ós votos obtidos por cada opción, e porcentaxes sobre censo, sobre o total de votos emitidos, sobre o total de votos a partidos, etc. Hai que ter en consideración que os votos que contan són só os que reciben os partidos, non contando para o reparto nin a abstención (principal opción electoral individualizada como pode verse na táboa) nin os votos en branco, nin os nulos.
A parte dereita da táboa é o resumo de aplicación do método d'Hondt. Aparecen nela os números correspondentes ás divisións entre 1, entre 2, etc (non poño todas as divisións por non ser necesario, unha vez cubertos os postos) dos votos de cada partido. A orde de consecución de concelleiros por cada grupo foi:
1º concelleiro: BNG
2º: PP
3º: PSOE
4º: 2º concelleiro do BNG
5º: 2º concelleiro do PP
6º: UPRi
7º: 2º concelleiro do PSOE
8º: 3º concelleiro do BNG
9º: 3º concelleiro do PP
10º: 3º concelleiro do PSOE
11º: 4º concelleiro do BNG
12º: 4º concelleiro do PP
13º: 2º concelleiro da UPRi
Así, gardando a mesma ordeación que na táboa anterior, os postos foron conseguidos nesta orde:
Onde aparecen en vermello os concelleiros efectivamente obtidos e en azul a orde de asignación dos catro máis que se obterían se o concello tivera asignados 17 concelleiros, como se baraxou que podía suceder nestas eleccións 2011. Pódese ver que corresponden a ordeación dos números en vermello na táboa de resultados.
Nesta última tábo pódese observar que co mesmo número de votos, pero diferente número total de concelleiros, a representación cambia sen ser de xeito proporcional, tendendo a favorecer ós partidos máis votados como se dixo máis enrriba. Igual pasaría se o número de cadeiras dispoñibles fora 12, tendo quedado nese caso UPRi cun só concelleiro.

Para seguir as eleccións (entrada 1 do día)

Agora que despunta o día podemos planificar onde seguir as eleccións. Por suposto, neste blog, pero se non, en sitios alternativos como aquí, e no blog adicado ás eleccións de Ribadeo este ano.

20110521

5 da mañá, spanishrevolution

David Bravo: Terminó mi turno. Vuelvo a casa cansado y contento.
Coido que un sinxelo twit da para saber unha nube de cousas. Unha noite de protesta tranquila e organizada, onde hai participantes cunha traxectoria xa longa ás súas costas ... chámaselle revolución pero quizais debera falarse do callar dunha evolución.
Mentres, xa estamos en xornada de reflexión en Ribadeo, e está dispoñible para ler o libro seguinte a 'Indignádevos!', 'La crisis que viene' (descargable na ligazón e mercable)
- Indignádevos está descargable en francés en http://www.millebabords.org/IMG/pdf/INDIGNEZ_VOUS.pdf, e  éxito de vendas e descargable en galego e castelán, ó que contribúen tamén os prólogos das versións papel (José Luis Sampedro e Manuel Rivas)

Unha reflexión para a xornada

Aínda que a ilusión dunha revolución pacífica pode trastocar o sentido das eleccións, copio o que O Tesón enviou (a comezos de semana) para ser publicado (hoxe, xa veremos se sae) na Comarca:

Algunhas cousas para pensar
Dende O Tesón, como veciños que somos, vímonos decatando de diversas cousas no transcorrer de Ribadeo. Unhas veces, reciben publicidade, outras, a maioría, tentamos sinxelamente de que se fagan realidade. Van de cousas prácticas a outras que sinxelamente afirman a Ribadeo, pero sempre, que repercuten na vida de tódolos veciños dun ou outro xeito, de tal maneira que creemos mellorarían a Ribadeo.
Escribimos isto, días antes de que remate a campaña electoral, para facelo dun xeito xeral, e chamar a atención só dun puñado de cousas -poderían ser outras- tentando que todos reflexionemos de cara ó que pode ser o día de mañá en Ribadeo. Día de mañá que se pode extender durante catro anos.
Dende O Tesón estaremos pendentes para facer un seguemento dos programas, e, se é o caso, unha cualificación do cumprimento. Non é a primeira vez que o faremos, aínda que non se fixera público nas anteriores ocasións. Así, sinxelamente gardamos os programas destas eleccións o mesmo que o fixemos das anteriores, e lembrarémolos sen esperar ós catro anos, porque a democracia éo no día ó día, sen circunscribirse a un día cada mil cincocentos.
Dende hai anos pedimos unha interlocución fluída entre os políticos e os veciños. O resultado foi un Regulamento de Participación Cidadá, aprobado polo Pleno do Concello, que tratamos de axudar a facer sen que as nosas propostas acadaran a consideración necesaria -antes dese momento- que foi alegado -despois-, e polo de agora está en paradoiro descoñecido. Por outra banda, falamos de xeito informal con varios partidos, e o resultado non foi un compromiso real, senón só algunha idea para o programa electoral correspondente.
O retorno do Xulgado, que empuxamos mediante unha recollida de sinaturas ata o mesmo 31 de decembro do pasado ano, fixo posible unha foto de conxunto dos representantes políticos. Pero dende o 31 de decembro pasou moito tempo, e ata o momento, non hai un acordo do Pleno para apoiar as sinaturas enviadas a Madrid, nin tan sequera se fixeron xestións para adecentar o actual edificio asignado ó Xulgado de Paz. Non estamos parados, non. Pero de novo parece que seguiremos a estar pouco acompañados, polos nosos representantes, para lograr que Ribadeo recobre algo que perdeu “por falta de jueces o aspirantes que puedan servirlo” (B.O.E. 26-novembro-1965) ¿Que pasa, seguimos sin xuices e aspirantes? ¿Ou é que a creación de demarcacións totalmente novas está por riba das primixenias que sempre existiron? ¿Como é posible que na mesma resolución, se incorporaran ó xulgado de Mondoñedo os de Viveiro e Ribadeo, e o cabo dun tempo se devolvera á existencia o de Viveiro, e o de Ribadeo non? ¿por que esta descriminación?.
O nome da ría deu lugar á nosa denuncia contra un medio de comunicación asturiano. De novo, que Ribadeo figure ou non en sitios que deberan seguir a normativa oficial ou en lugares que se non son oficiais, son moi importantes para o noso turismo, como Google Maps, ou a asignación de Ribadeo a Asturias nalgunha rede social, parece que non acapara nada máis que atención marxinal os nosos representantes. Temos documentos de actuacións pasadas, e da normativa legal, pero oficialmente non somos nós quenes debemos actuar. Creemos que incumbe, e moito, a Ribadeo e ós seus intereses. Pero non temos oído moito do tema nesta campaña electoral.
Do que si se falou algo, foi do tráfico e accesibilidade. Pero un plan para as bicis, por exemplo, non parece que ninguén o teña claro máis aló de ver o bo que sería telo. E, polo medio, xa se leva realizado en estado máis ou menos adiantado, un par de estudos que incluirían algo relacionado co conxunto de accesibilidade e tráfico. Iso sí, hai unha permisidade manifesta, do tráfico semipesado, practicamente en tódalas rúas peatonais: bicis non, furgonetas sí.
Levamos reclamado durante xa medio ano, sobre a destrucción das vidrieiras da capela do cimeterio, e aínda estamos perplexos de que non se saiba nada. Creemos que algo se debe estar a facer, pero dubidamos do que se está cocendo cando todos os partidos calan mentras pasa o tempo. Haberá algo que se nos esteña escapando e que os partidos nos esteñan perdoando para non ter que reconvirnos públicamente? Se é así, que non se preocupen, que nos digan que pasa, con claridade, pois queremos esas explicacións, son necesarias para evitar máis futuras barbaries e que queden impunes. Nós somos veciños, e tratándose das vidrieiras, un ben patrimonial de todos, levamos un longo camiño na escuridade, do que queremos sair.
O Castro das Grobas ten reclamado a nosa atención máis dunha vez, pois creemos que sería doado aproveitalo de xeito turístico. Algunha sinal para acceder a el, o deseño dunha ruta e un folleto, serían puntos básicos para iniciar un aproveitamento que polo momento non se vislumbra. Poucos cartos, pero de novo máis de esquecemento que de seguir adiante, aínda tendo en conta a limpeza que se fixo ou as catas, que se fixeron con gasto de recursos públicos, e das que se dixo se ofrecerían os resultados ... hai ano e medio, e non se divulgaron. Non hai que esquecer que novamente están implicadas administracións controladas por varios partidos, pero que teñen que ser requeridas polo Concello, para que den as explicacións pertinentes.
Reclamamos sentidiño nas propostas, nos programas, e realismo para adxuntar a cada programa un plan para levalo a cabo. Senón, todos e cada un dos programas, en maior ou menor medida, non será crible: será incrible.
Ben, din na Biblia que o número sete é moi grande xa. Por iso, aquí rematamos, aínda que, como dixemos ó comezo, somos conscientes de que habería moitas outras cousas: como un exemplo máis, a ansiada Residencia de Maiores, na que non vemos que as ideas dos partidos evolucionen a pesares do movemento veciñal.
En fin, só lembrar que o de hoxe é un día como calquera outro para reflexionar.

20110520

Xa hai 15 de maio en Foz

como pode verse no mapa ... pronto, en Ribadeo?

Preparando a reflexión ...



... en imaxes de Ángel Alda da porta do Sol e o movemento 15 de maio ...

# 290 Spanishrevolution, con 500 000 acampados, e subindo

Un mapa... e máis cousas que van xurdindo, por exemplo un 3D virtual, ou unha foto que pode resultar histórica.
Teño preparadas entradas xa para mañá e pasado. Quedarán obsoletas antes mesmo de cargalas?
Outros sobrespanishrevolution / movemento do 15 de maio, no blog:
Tahrir, Sol e historia de Ribadeo
Paréntese antes das eleccións
Oito propostas e unha alternativa

Tahrir, Sol e historia de Ribadeo

Mensaxe en Twitter: Has Spain their Tahrir Place?
Resposta: No, we have our 'Sun gate'
A percepción do que sucedeu na praza Tahrir con toda seguridade terá matices diferentes para un exipcio e para calquera de nós. Do mesmo xeito, cualificar de Tahrir ó que está sucedendo na Porta do Sol coido que non é exacto, nin por aproximación. E que aínda se verá polas consecuencias, non só electorais, a importancia, unha vez que xa tivo a duración e importancia para pasar a historia. A cousa, a traverso da indignación, dun xeito ou outro continuará: hoxe mesmo, Im-pulso titula unha entrada "Nueve de cada diez ejecutivos encuestados 'comprenden' la corrupción", e mentras que haxa xente que sexa sufridora da mesma en cantidade abondo superior a executora, será unha indicación (entre outras) de que o problema (e a resposta) seguirá.
Mentras a mobilización do 15 de maio pasa á historia, nós estamos lonxe dunha cidade con resposta, e con dificultade para seguila coa participación máis que co sentemento compartido, polo que teremos que conformarnos coa nosa propia historia e tentar aproveitar o xuízo dos demáis.



A propia historia? Enrriba quedan duas táboas e dous gráficos que lles corresponden. A primeira táboa, o número de concelleiros de cada partido nas eleccións municipais de Ribadeo no periodo democrático (entre os que se presentaron; hai algún partido que e presentou e non obtivo concelleiros), e na segunda as porcentaxes que corresponden (sempre houbo 13 concelleiros). Na táboa e gráfico de embaixo, os votos e a procentaxe correspondente (neste caso, ó ser variable o número de votos, sobre a táboa aparecen o número de votos a partidos en cada ano). Obsérvase, unha vez pasada as primeiras eleccións, tres grandes grupos e incidencias particulares. O PSOE é o único que se presentou como tal partido a tódalas eleccións municipais ribadenses, pero en xeral a obtención de máis votos caeu ben no PP ben no BNG. De calquera xeito, pola lei d'Hondt, nótasea diferencia visual entre os gráficos de votos e de cadiras conseguidas por cada agrupación.
Un detalle a considerar é o número de votos a partidos en cada elección e a variación correspondente en votos a cada partido. A interpretación diso déixoa a cada lector ou lectora.
Xusto enrriba, as alcaldías, que non corresponden co número máximo de votos da outra táboa, pois houbo mandatos con maioría absoluta, con maioría relativa (con ou sen coalición) e con minoría coaligada.
Ata aquí, os datos...

20110519

Paréntese antes das eleccións

Xoves, venres, sábado, eleccións!
Mentres as eleccións seguen por camiños máis ou menos previsibles en Ribadeo, recuncan temas como a escollera nas Figueiras (algo que xa se barrunta dende hai anos) ou algo máis lonxe, un tema novo xorde cada vez con máis forza: nin a choiva nin a poli son quen de desindignar a quen na Porta do Sol está a protestar por todos nós, aínda que haxa xente que diga que non é así... Despois dun tibio comezo de cobertura mediática, a cousa xa desbordou e non se sabe moi ben que influenza terá nas eleccións, pero o movemento xa a ten (ver o manifesto). Un pouco máis lonxe aínda, mentras Dominique Strauss-Khan dimite (que pasaría se a cousa tivera sucedido en España cun director do FMI español? e cun norteamericano?) e aquí temos imputados que se presentan ás eleccións a esgalla, na rede pululan estes días mensaxes con vídeos como o que poño a continuación, ou ligazóns como a do 'mapa da corrupción' en Google maps. Cousas todas a coller como na xornada de reflexión, é dicir, reflexivamente, si, pero sendo conscientes ó tempo de que aquí en Ribadeo o último pleno do mandato foi coñecido, salvo raras excepcións, despois de ter lugar, ou que, fora do alcance das municipais, os políticos da UE quérenlle 'reordear' a Grecia a débeda esixindo o desmantelamento do que é de todos (os gregos) para prestarlle cartos que son de todos (nós, gregos incluídos)
Por certo, voltando a Ribadeo, no pleno houbo amplos acordos para as aprobacións; quizáis noutro momento tería habído máis oposición a algunha cousa como que haxa un rexistro de intereses, coa que os novos concelleiros terán "a obriga ou a necesidade" de declarar o seu patrimonio de maneira pública. Digo o anterior porque os malos xeitos non se desarraigan dun día para outro, os privilexios tardan en ser considerados inxustos e aínda non hai catro anos que algún político local quixo recriminarme a aparición dunha foto dunha propiedade súa no blog (por nada bo, aínda que coido que autorizado; a foto e o comentario seguen)

20110518

De novo, un aviso

Por ter publicado onte unha entrada por erro, aínda que corrixido logo, é posible que haxa xente que vira 'Haberá autobuses para ir votar ...' dun xeito totalmente incompleto.

Haberá autobuses para ir votar... curiosidades das primeiras eleccións municipais en democracia









Estas eleccións acudín por curiosidade ás 'Comarcas' correspondentes ás eleccións municipais en democracia, e pasoume Pancho Campos algunha información máis. Irei sacando algunha cousa, pero persoalmente impactoume o que atopei sobre as primeiras, 3 de abril de 1979.
Lembro que é ampliable cada imaxe premendo co rato sobre ela. Neste caso, é necesario o facelo pois o básico son os textos escaneados.



En diferentes 'comarcas' aparecen varios anuncios de candidaturas, cunha retórica que agora nos parecería totalmente inxenua, como se pode observar (o que non quita para que a actual sexa tamén inxenua).



Daquela había que animar a sacarse o medo do corpo, e a iso se adica por exemplo o PSOE, animando a votar en conciencia. Hoxe non se fai iso, e parece que o medo siga no corpo de moita xente. de calquera xeito, coido que pode explicarse parte da diferenza de participación neste punto.
A táboa da fe dos resultados expostos pola Comarca o 17 de abril, explicitando os votos por circunscrición, así como porcentaxe de votos emitidos contabilizados por cada partido e porcentaxe de representación acadado, o que beneficiou a CPI e perxudicou a CR (CD). Outra cousa sería o ver a porcentaxe de electores que votaron a partidos, pero non teño datos.



aínda que non aparecía a verba
democracia a miúdo, era un valor en alza que había que asegurarse, moitas veces sen separarse demasiado da traxectoria anterior, como nadando e gardando a roupa. é algo que se ve claramente no semanario.



Os resultados lembran á actual corporación: sen maioría absoluta, repetíronse os números actuais de concelleiros, se ben os nomes dos partidos non corresponden cos actuais, a excepción do PSOE.



Unha lembranza dun par de papeletas electorais da unha idea de que debeu ser difícil conseguir encher a lista: non aparecen suplentes a esgalla como agora, cando se fai gala dunha lista ampla aínda que se saiba que non é necesaria.



O que digo no título dos autobuses aparece na propaganda de UCD. Na táboa de resultados aparece CD por CR, como se lee na propaganda, pola organización que lle daba cobertura.

O primeiro pleno, adicado á organización interna, ben diferente da que agora hai...

E o artigo de comentario de Dionisio Franco, instando a non saírse do testo por se poidera aínda haber un re-cambio.

20110517

Letras galegas 2011 en Ribadeo

Sol, algunha nube que outra, gaivotas ó fondo, tranquilidade na mañá, lectura de poemas ó mediodía, ... Na frente unha estrela, no bico un cantar...
Unha pequena contribución no blog de Ángel de Olavide:
"
Rosalía de Castro. Santiago de Compostela. Foto de la colección de Ana Vieiros en Flickr con licencia CC


Cada 17 de Mayo Galicia celebra el Dia de las Letras Gallegas. Homenaje a la lengua propia de los gallegos a través de los creadores de todas las épocas. En cada villa, en cada ciudad se une el pueblo en una celebración poética y festiva. La música, la literatura y la vida cotidiana se funden en una apasionada y a la vez sencilla celebración.

Le he pedido a mi amigo Antonio Gregorio que nos entregase mediante la palabra un pequeño testimonio, una muestra, del significado de esta fiesta para los gallegos y esto es lo que nos ha dado. Gracias Antonio por este gesto con el que honras a tu lengua, a tu pueblo y a dos de los grandes intérpretes de la historia de Galicia: Rosalía y Curros Enríquez

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sen fin
¡que inda recei pola pobre da tola
eu, que non teño quen rece por min!

Ollando cara adentro, a Galicia, vese paseniño á súa lingua á beira, mesmo se pode imaxinar entre néboa. Vese camiñando cunha meta, un fin, e coa forza da palabra e o son, e, ó tempo, fráxil, que non débil. Moitas veces sen comprensión, como se ten considerado sempre á xente especial do pobo: 'tola'.

Curros adicou a Rosalía o poema. Podía telo adicado á lingua enteira.
Como lector, e polo tanto, intérprete, a ti tanto como a min, máis aló da literatura, tócanos tamizar se é real, se só o foi, se o seguirá a ser. Coa idea clara, e o traballo, tamén da palabra, a nosa lingua ten por diante mil primaveras máis.


Del mar por la orilla
la miré pasar,
en la frente una estrella,
en el labio un cantar.
Y la vi tan sola
en la noche sin fin
¡que todavía recé por la pobre de la loca
yo, que no tengo quien rece por mí!

Mirando para adentro, a Galicia, se ve poco a poco a su lengua al lado, incluso se puede imaginar entre niebla. Se ve caminando con una meta, un fin, y con la fuerza de la palabra y el sonido, y, al tiempo, frágil, que no débil. Muchas veces sin comprensión, como se ha considerado siempre a la gente especial del pueblo: 'loca'.
Curros Enríquez dedicó a Rosalía de Castro el poema. Podía haberlo dedicado a la lengua entera.
Como lector, y por lo tanto, intérprete, a ti tanto como a mí, más allá de la literatura, nos toca tamizar si es real, si sólo lo fue, si lo seguirá siendo. Con la idea clara, y el trabajo, también de la palabra, nuestra lengua tiene por delante mil primaveras más.
"

20110516

Entre o 16 e o 17 de maio



Iste ano o concerto das letras galegas foi o 14 de maio. O por que, non o sei. E sendo unha homenaxe a Hernán, que tivo o seu pasamento na noite entre o 16 e o 17, queda como algo raro. Participamos na última peza músicos que chegamos a tocar con Hernán. Convertiuse así no segundo acto das celebracións deste ano na súa lembranza, despois da inauguración da exposición de Chenchu que aínda continúa e á que corresponden as fotos de embaixo. Por certo, que respecto á foto do tam tam, o movemento ven dado en parte polo mal xeito de facer a foto, pero en parte da idea do propio 3D do cartel nunha exposición que coido que é a mellor disposta das que se fixo na vella oficina de turismo.
Embaixo deixo tamén unhas palabras que lin antes do comezo da música que queda reflectida no programa á beira.
En canto ó concerto, gustoume, e coido que en xeral ó público asistente, que non chegou a encher o auditorio Hernán Naval. Faltou a presentación de Suso, que non a súa voz mediante unha gravación (ligada embaixo), e foi complementado asemade coa voz de Toni Deaño en Os teus ollos.
Por ista volta, non hai gravación,

No X cabodano do pasamento de Hernán
No libro do 5º cabodano da banda aparece un artigo meu titulado 'sonríe para hacer felices a los demás'. Lémbrome a cara que puxo Hernán ó ler o título, crendo por un momento que estaba redactado en castelán. Parecéndolle moita celebración os actos daquela, dixo que a ver que se facía no X cabodano. Coido de que todos nos aledamos de ter feito tanto non só por convencemento que que sobraban méritos para a celebración, senón tamén, a posteriori, porque no X cabodano xa non estaba Hernán. Por certo, o título non era o lema de Hernán, pero cumpria con el ó seu xeito.
Como músico e ex presidente de Amadores, recibín o encargo de dicir unhas verbas neste acto. Teño claro que estamos aquí reunidos por Hernán. E pola música. Tamén que cada quen dos que o coñecimos ten unha experiencia diferente, unha visión propia, pero que Hernán foi, é, único, tanto no sentido de que esas visións diferentes recaen sobre a mesma persoa como no da singularidade que todos nós estimamos. A partir de aí, calquera verba non deixa de ser algo secundario, aínda que poda servir para centrar o conxunto deste cabodano nunha persoa a quen añoramos. En canto a quen non o coñeceu, é posible que lle custe entender o que sentimos.
Quizáis o mellor xeito de acometer este encargo sexa dar algunha pincelada arredor de aspectos de Hernán que aínda que esteñan relacionados coa súa música, son envolventes de aquela ou ó revés, son acubillados por ela, pero dalgún xeito separables. Iso tentarei, consciente de novo de que en calquera caso as verbas quedarán escasas tanto en número como en significado.
Coñecín a Hernán ... así podería comezar, referíndome a unha data determinada, cando andabamos facendo xestións para o nacemento da banda. Pero non, o certo é que fúmonos coñecendo mellor pouco a pouco, e cabe dicir que entre todos, pois é difícil separar moitas veces a persoa do conxunto da súa obra e das outras persoas que acompañaban, cos seus máis e os seus menos, pero sempre cun apoio no contraste que recoñecía a boa vontade e o traballo mutuo. Respecto a isto último, Hernán era esixente. Vía a esixencia como unha necesidade. E daba exemplo ó tempo que podía disculpar os erros, pero non a falta de esforzo. Os que estabamos dirixidos pola súa batuta sabíamos desa necesidade e do seu criterio. Aprendímolo no medrar dunha banda que tivo que comezar con pouco máis que lembranzas de música popular doutros tempos, daquela vistos como gloriosos.
Traballo e esforzo, a máis de condicións naturais, claro, fundamentaron pola súa parte unha obra que non foi só musical, senón, e coido que sobre todo, social, nun entronque da súa adicación vital á música con ideas políticas e filosóficas que configuraron a súa vida tanto como aquela. Entre os que o tratamos na época ribadense, perdura o ritmo musical a carón do marcado polos artigos no semanario e nos xornais, con mistura de ideas de acción e ideoloxía con sátira, historia ou pedagoxía. O libro que está a saír lembrará algúns puntos desta literatura que axuda a comprender a Hernán tanto como a música, e que lle era tan necesaria como aquela para facerse comprender entre xente que non vivenciaba a música como el.
Fixo da banda unha familia e unha institución que rendía resultados. Pero primeiro, unha familia. Hai que lembrar que como en calquera familia, tamén había broncas, pero como en toda familia ben avenida, pesaban máis os bós momentos. E iso tradúxose en que a banda fómola todos, e, ó tempo, con cariño e orgullo. Así, se se plantexa a alternativa se naquel tempo había discusión ou charla amistosa, a cousa estaría solucionada de antemán. De calquera xeito, dándose o caso, sería unha discusión amistosa. Non é unha contradicción o sinalar que non sempre era así, lembrando que para quen ten as cousas claras o falar e actuar leva a moitos roces, que aínda que se pretenda que non sexan cortantes, ás veces sóno.
Cunha tremenda ilusión levou á banda a comezar unha vida musical co Coro de peregrinos do Tannhäuser ou West Side Story, misturados cunha peza vencellada a Ribadeo como Katiuska e outras máis tradicionais de banda... Hernán fixo entrar a banda pola porta grande á vida musical, cunha visión ampla, e así a mantivo. Despois, esforzouse e mesmo, e como un detalle accesorio pero clarificador, cónstame que puxo cartos do seu peto. Era a súa banda, coa que compartía a música. Era un apéndice del. Director da academia de música e logo da escola? Hernán. Profesor? Hernán. Director da banda? Hernán. Tamén era quen suplía ou complementaba moitas veces o traballo da directiva da Amadores...
É obvio que non todas as pezas musicais eran iguais para el. Así, podemos observar como un corte interno respecto ó himno galego: como símbolo, non só era consciente da súa importancia e significado, senón que o asumía plenamente. Musicalmente, facía a vista gorda: era unha peza máis, en tódolos sentidos.
Un último comentario, a conto do cartel deste concerto. Lembroume que unha foto pode desencadear unha crise, alomenos en forma de faladurías. Mesmo cando non é dun. E por motivos ben diversos. Dous exemplos que lle tocaron a Hernán, amigo das imaxes e da imaxe -aí está a exposición de Chenchu para testemuña- son a foto do cu no piano e a do primeiro CD, reproducida no cartel actual. A vista dun vello Mirasol contemplado por un home de costas deu pé a que se falara que era el mesmo, que se proxectaba así na foto a modo de autopromoción. Aínda hoxe non sei quen pode ter sido, pero é evidente que non podía ser el, e, aínda no caso de ter podido ser, coido que o significado non sería o deixar a súa imaxe, senón algo máis achegado a que o interior, a música, é de Ribadeo e dirixido ó amplo mundo ó que a mercadoría pode chegar dende Mirasol. A outra, ilustrando o seu artigo para o libro do 5º cabodano da banda, suscitou naquel momento comentarios de indignación por amosar o traseiro. Hoxe, unha vez pasado o episodio, queda sinxelamente como unha mostra de que a música pode ser algo de disfrute familiar.
Poderíanse dicir moitas cousas máis, en relación á literatura, á política, á música, pero alomenos para os que aquí estamos non é necesario repetilas. Que conste únicamente que Hernán non estaba só, pero ó partir, deixounos máis sós ós que quedamos.
Antonio Gregorio Montes, Ribadeo 14 de maio de 2011




8 propostas e unha alternativa

Xuntei nun único lugar as catro propostas electorais deste 2011 en Ribadeo cos programas do 2007, e aí están, en publicado en Ribadeo, dispostos para a súa comparación, se alguén quere. [unha nota: algún escaneo pasado non saiu moi ben, se alguén pode subministrar mellores imaxes...]
Claro que, con movementos como o de onte en diversas cidades promovido por democraciarealya, é posible que os programas electorais (¡por fin!) comecen a verse con outra óptica. Que sucedu onte? O 'Ángel de Olavide', Enrique Dans ou Félix Soria poden servir de fiestras ás manifestacións que tiveron lugar pedindo outra política, non o cambio de partido. Mentras, os políticos parecen querer combater a 'competencia'.
Mentres, aí está a petición de non votar os grandes partidos, ou o que se considera ou non 'voto útil'.
Un seguemento alternativo, no twitter.