20110416

De que crise estamos a falar?

Leo hoxe a prensa de onte, e máis pausado. Pódense ver as cousas con máis perspectiva ... como que Iberdrola duplique os incentivos ós seus directivos mentras estase a planear outra suba da luz, coa recente ás costas.
Pero chama máis aínda a atención que en pouco tempo, Telefónica, a maior empresa española (excluída a banca), xere tres novas de cariz ben diferente: unha nova marca nas ganancias, un ere de 6 000 empregos e unha suba de cartos para os diretivos. Novas que se poden complementar con outra na que o goberno da permiso para incrementar o precio de maiorista á competencia (prezo por usar a infrastrutura de telefónica) e que posiblemente, vía aumento de prezos non referidos a ningún índice por estar segmentados en mil e un tipos diferentes de contratos, nos chegue sen que apareza absolutamente nada na prensa, tanto se 'somos' de telefónica como se non.
Así pois, de que crise estamos a falar? Da de España, quizáis? Coido que a palabra non é crise, senón expolio que sufrimos algúns.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Si o pobo non fora analfabeto, leería o famoso librito de Stephanne Hessel, titulado ¡INDIGNAOS! Pro ¿que se pode agardar dun pobo dominado polo analfabetismo social e político?
É por eso que os políticos se aproveitan e o gran capital fai as américas.