20110425

A auga pasada

   Rematou a Semana Santa. Case ó remate atópome cun díptico en papel duro de alta calidade, o que deixo escaneado á beira, da semana para Ove, Piñeira e Vilaselán. Non é que as tres parroquias se xuntaran para facer un consorcio de celebración da semana santa, senón que son administradas polo mesmo sacerdote.
  Calquera que viñera uns cantos anos por Ribadeo pode levar a mesma impresión: os actos cada vez son máis numerosos e de máis calado. O que iso significa de cara ó turismo e parafernalia está claro. De cara ós fieis, xa é fariña de outro costal. Mentras, as autoridades seguen a asistir como tales autoridades ás procesións e outros actos. O que choca un pouco nun estado que se declara aconfesional, sexa en Madrid ou en Ribadeo. E nótase máis cunhas eleccións ás portas.
   Nótase máis tanto pola cantidade de electos asistentes para a foto como polo contrase con actos de xeite laica que está a tentar reafirmar que o estado, legalmente, é laico.
   O resultado electoral? É de supoñer que cando o fan (o asistir ás procesións e demáis como representantes do poder civil nun estado aconfesional, e polo tanto, sen un mandato expreso de facelo de xeito institucional) e incrementan a súa presenza diante dunhas eleccións, esperarán obter réditos a traverso da visibilidade, por exemplo, co que a presenza de políticos nos actos da semana convírtese nunha actuación, a deles, dentro dunha representación -por exemplo, unha procesión- de cara a un público (participantes en ou asistentes a ela).

Ningún comentario: