20110307

Sobre o apuntalamento do Torre dos Moreno

Últimamente sucédense as novas sobre a Torre. En particular, en relación ós cambios de man da propiedade, da que se espera que en breve quede en só dúas mans, Paisajes de Asturias e o Concello de Ribadeo, e o apuntalamento. Coido que ir ó anuncio oficial do apuntalamento pode deparar algunha sorpresa. Quedan colgadas en Publicado en Ribadeo as páxinas correspondentes do BOP de 23 de febreiro nas que se da conta de dúas cousas no mesmo boletín: o anuncio da resolución de execución e o anuncio de adxudicación, con orzamentos ben diferentes.
Algunhas das últimas novas no blog sobre a Torre:
Máis do apuntalamento
Apuntalamento
Venda dun 10 %
Venda do 50 %
Anuncio do apuntalamento
Algún dato

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Resulta curioso constatar ahora que unha empresa privada gestiona en dous días a adquisición da propiedad que estaba dispersa en mans dos herdeiros. E os nosos xestores, do PP, fundamentalmente, foron, incluso, a Arxentina, e non foron capaces nin siquiera de atopar os herdeiros. ¿A qué se adicaron? O mesmo que se adicaban cando iban a Coruña a ver o PXOM.

Agremon dixo...

Home, penso que hai máis cousas, pero non deixa de ser curioso, non.