20110318

Hai xa días,un comentario

Entre os ficheiros gardados para comentar que pouco a pouco van quedando vellos, algún sae a tempo do pó informático de cando en vez. Como unha nova de hai case dez días que consistía nunha entrevista ó alcalde de Barreiros. A entrevista era o de menos, pero chamoume a atención unha frase, en véspera eleitoral: "Cando faltan recursos hai que agudizar o inxenio e hai que traballar arreo"
O caso é que é un uso común, pero coido que é un sistema para o fracaso: os medios hai que poñelos antes, para que non falten os recursos, tanto como despois, para aproveitar o que haxa. O contrario é algo así como vivir de pelotazo en pelotazo.

2 comentarios:

Im-Pulso dixo...

Tes razón, o alcalde de Barreiros non é precisamente un exemplo de previsión e planificación.
Unha aperta.

marinho68 dixo...

Zas en toda la boca....
Deches no cravo.