20101124

Ribadeo virtualizado


Hoxe teño unha colaboración externa: unha persoa que contribúe a virtualizar o noso mundo para telo accesible dende o noso ordenador. Foi quen me ensinou que xa está no Google Earth a posibilidade de ver a Torre dos Moreno e a Ponte dos Santos en 3D, xirando e vendo dende enriba ou á beira, de múltiples xeitos posibles, como se fora un modelo que movemos ó noso antoxo. Déixovos con el:

Boas! Son Andrés Armesto, un estudante de 16 anos, de Lugo. Aparte de estudar, teño unha afición: Modelar edificios reais en 3D. En principio da miña cidade (podédelos ver aquí), pero ando a expandir fronteiras. Usando o Google Earth, un programa no que podemos ver calquera parte do mundo por medio de fotos aéreas, e un programa de deseño, o SketchUp; recreo construccións importantes. Non sóamente eu, tamén xente que ten por afición o deseño gráfico, como por exemplo Kico López, que fixo a Torre dos Moreno (pinchade na imaxe e arrastrade de dereita a esquerda)

Eu traballo máis Lugo, pero gustaríame ampliar as miñas fronteiras. Se queredes información sobre o programa, onde descargalo, información dos meus novos modelos; podedes pasarvos polo meu blog. Podedes comentar, suxerir modelos... Ou incluso para saber como unirvos! Tedes todo un mundo no 3D, un mundo por crear e modelar. Apuntádevos!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Programas así, serán os que atestigüen a belleza que os ribadenses estivemos contemplando durante un século. E serán tamén, os que nos acusen de desídia ante a Historia... e os nosos descendentes, non nos perdoaran que deixásemos caer tamaña maravilla... pois considerarán que era a nosa obriga, intentar al menos, que non caese toda ela. Pero non fixemos nada.. nada...

Anónimo dixo...

Magnífica entrada... con un blog así para que necesitamos primavera...!!!

Agremon dixo...

... tamén está a vista da Ponte dos Santos.

Andrés Armesto Cortiña dixo...

Hehe, se me paso por alí e vexo algún bonito (seguro que sobran) podo facelo e todo.

Un saúdo!