20101106

O show de Truman

O anuncio da TVG para o cubrimento da visita papal de hoxe fíxome pensar no anuncio que aparecía na película 'El show de Truman' sobre a montaxe de seguemento de Truman dentro da esfera-plató. Aquí a cousa é lixeiramente diferetne: santiago non se convirte nunha esfera plató, senón que é o seguemento contínuo de Ratzinger en Santiago o que o envolve a el nunha esfera mediática que, á vez, convirte a Santiago nun esceario, a modo daquel zar ruso que emprendeu unha viaxe polos seus territorios e non pasaba mesmo polas aldeas, pois lle tiñan preparados escearios fachadas para que creera que os servos vivían de marabilla. Aquí tal parece que se conxugan as dúas cousas, a un custe elevado: o custe da súa estancia en Galicia é maior que en Cataluña, e alí durme, e alí non paga todo a Xunta/Generalitat, ...
Por certo, botando contas, Ribadeo sae a uns 12 000 €, isto é, dous millóns das antigas pesetas de cartos públicos que a Xunta destinará ó evento en nome de Ribadeo (parte alícuota, craro).
Outra cousa máis sería a labor policial de amedentamento dos opositores á visita papal na mesma Compostela, os casos que se van coñecendo de intentos de retirada (ás veces conseguidos, outras non) de carteis opositores, revisións (ou intentos algunhas veces) de casas sen mandato xudicial, etc.
Coido que habería que distinguir entre crenzas relixiosas, o que é viaxe, cuestións de custe e rendemento económico, etc, pero a organización e os fastos poñen moi difícil o facelo. Sen ir máis aló, a representación é relixiosa, política ou de mero peregrinaxe? Dicir que 'as tres' coido que sería demasiado...

1 comentario:

marinho68 dixo...

"Venga que empieza la fiesta". Isto díxoo un antidisturbios que avisaba aos seus companheiros nunha cafetería a carón da Alameda. Minutos antes de cargar contra xóvenes e non tan xóvenes.

A uns amigos meus por ir cantando pola rúa, (xa sei que non che gusta o ruido, enténdoo) pedíronlhes a documentación. Estes preguntáronlhes se fixeran o mesmo cando "la roja" ganhara o mundial....pois hala para a furgona e futura multa que non será pequena
por certo.
Deixo isto para quen o queira ver:
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6547.html