20101130

Marquesado renovado: Ría de Ribadeo

Unha nota que parece só atinguir ós ribadenses: o marquesado de Ribadeo xa pasou, vía BOE, ó fillo maior de Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín, novo Marqueś de 'la ría de Ribadeo'. Así temos un título nobiliario que fai honra ó nome oficial da ría, denostado en moitos lugares. O irmán do novo Marqués, Juan, é político en Castropol, e é certo que non tiña lembrado escoitarlle ou lerlle outro nome para a ría, pero tampouco o de ría de Ribadeo. Por iso fixen unha procura en internet, e atopo que hai veces que bordea o tema, pero hai algunha que vai ás claras, como nesta entrevista, onde non pode escorrer unha pregunta direita ainda que o intenta:
"-¿Ría del Eo o de Ribadeo?
-Otro asunto que no debería ser un conflicto, pero lo es. Es una polémica inventada, artificial. Cuando era alcalde y como portavoz del PP siempre he dicho ría del Eo, por respeto a mis vecinos. La abuela de mi mujer, que es asturiana y tiene 95 años, siempre dice ría del Eo. Soy consciente de que en el lado asturiano de la ría se ha dicho desde hace muchísimo tiempo ría del Eo. Al final el conflicto lo zanjó una comisión geográfica en Madrid. Naturalmente hay que reconocer un derecho a los habitantes de esta zona a llamar a la ría como ría del Eo, lo que ya es más discutible es que esa denominación deba ir en las cartas náuticas. Esa batalla no salió bien, pero eso no impide que coexistan ambas denominaciones. " (La Nueva España)
Así pois, será pola clara postura de La Nueva España en contra do nome oficial de ría de Ribadeo, pero o caso é que na nota o irmán do Marqués da ría de Ribadeo opta por algo que poderiamos chamar 'cooficialidade matizada', con repetición do topónimo rexeitado oficialmente. Así, segue a aclarar a renglón seguido:
"-¿A qué atribuye la polémica?
-El problema se sacó políticamente de su contexto porque a veces se pretende buscar la identidad en el conflicto. Asturias se ha sentido en la necesidad de hacerse más asturiana reivindicando una denominación en la que se quitara el nombre de Ribadeo. Como portavoz del PP, hablo de la ría del Eo, pero a mí me sale ría de Ribadeo, aunque en muy pocas ocasiones, porque aquí, normalmente, no ponemos apellido cuando se habla de la ría.
-El debate se reavivó con el título nobiliario a su padre.
-Sí, aunque fue una polémica razonablemente menor. Evidentemente, mi padre, que nació en Madrid y vivió aquí, no había dicho en su vida ría del Eo, como el 95 por ciento de los ribadenses."
Pode chegarse a diversas conclusións, (Juan Calvo Sotelo, postura mantendo a súa postura a parte deixa ben ás claras "Asturias se ha sentido en la necesidad de hacerse más asturiana reivindicando una denominación en la que se quitara el nombre de Ribadeo") pero ocórreseme unha delas, agora que moitas cousas s emiden por internet: o número de veces que sae nas procuras o nome o Eo asociado á ría multiplícase en cada artigo nesa prensa asturiana.
En fin, algo que seguirá. Mentras, xa temos ascensor á ría (Ribadeo) ou nave verde sobre o peirao (porto 'da Veiga', Castropol), no que toca á beira, e recheos nunha e outra zona da ría. Seguirá isto tamén?

3 comentarios:

Fer Trombón dixo...

pois entón o probiño do marqués non ten ría.. menos mal que sempre lle queda a jrandeza de Rinlo.. para poñer no títolo

agremon dixo...

O Marqués é o outro irmán ...

Anónimo dixo...

Menos mal que Don Leopoldo Calvo_Sotelo, tiña unha mente privilexiada que razonaba en alto "standing". É unha mágoa ver que os seus heredeiros tanto lles ten Compostela como Toledo ou Oviedo..., por que como non tiveron nin a centésima parte que loitar como o pai para chegar onde están, e non teñen nin idea do que costa chegar... alá eles... pero Ría de Ribadeo será "por siempre jamás... amén" ... tan pouco sentidiño non é digno de ter tales privilexios tales herdeiros..., en particular, El Nuevo Español da entrevista ¡¡que cruz... coño!!! Si levantara a cabeza Gelmirez... e vira onde están xa as fronteiras da súa Galiza... !!!