20101011

Estás afiliado á CEOE

Non o sabías? Pois si, estás afiliado á CEOE, pero sen dereitos de afiliación.
Os números en economía son mareantes para calquera do común. Por exemplo, resulta que poderás ter ou non pedido un crédito no banco, pero o estado deixoulles por ti (varía segundo as fontes) cousa duns 2 000 € para o que tivo que endebedarse e terá que pagar intereses (ós bancos, claro), unha das cousas que fai que o teu soldo se resinta (ou o 'soldo' dun recén nado, ou a pensión dunha anciá).
Pois agora que os sindicatos de asalariados foron postos a parir por ser cuna de mangantes rascabarrigas, resulta tamén que o sindicato da gran patronal ten un montón de xente nos seus cadros, e para manter a estrutura súa estrutura o estado aporta uns 10 € ó ano por cada español (ou española, bebé ou anciano, ...). Hai que dicir que suponse que boa parte desa cantidade vai á formación de desempregados (supónse: contas opacas, control nulo). Vamos, coa mesma liña de subvencións que un sindicato calquera. E parellas lacras, postos a falar ben da patronal, pois non se sabe que os secretarios xerais dos sindicatos de asalariados deban cartos ós seus traballadores.
Mentras, o partido no goberno segue a baixar nas enquisas, e a pesares de pretender unha liña semellante e sufrir e sufrir casos de corrupción, parece que o principal partido da oposición manténse ... . País ...

2 comentarios:

Yo escribo dixo...

"""postos a falar ben da patronal, pois non se sabe que os secretarios xerais dos indicatos de asalariados deban cartos ós seus traballadores""".

Antes de intentar "hablar bien" de los sindicatos, podemos darnos una vuelta por Irlanda (de la cual se habla mucho estos días en la prensa) y después pensar qué es lo que estamos haciendo aquí. Porque ya se sabe: "Cuando las barbas de tu vecino veas cortar, pon las tuyas a remojar".


<<>>

Haber si algún día, nos fijamos en el modelo anglosajón y dejamos de financiar a estos "vagos".

¿Sabes cuales fueron las vacacciones de Toxo? Pues parece ser que fue un crucero de lujo...

La primera medida para continuar reduciendo el gasto debe ser: reducir los liberados sindicales en más de un 60%.

agremon dixo...

Non creo que nestes momentos haxa que fixarse no 'modelo anglosaxón'. Collendo estatísticas e vendo o por que un país vai arriba ou non, o modelo anglosaxón é peor que o noso.
En canto ás barbas a remollar, pois ímonos preparando, que esto non parou aínda.
En canto ó número de liberados sindicais, aínda que non esteña en sindicato algún,non creo que sexan demasiados, se non queremos que nosa arrollen aínda máis e voltemos a ter os mesmos dereitos que no século XIX. E, en relación a Europa, temos menos liberados que case calquera outro país (segundo datos da prensa da semana pasada).
En canto ás vacacións de Toxo, xa sabía algo delas: parece que cara a frenar ós sindicatos na folga foron un dos estandartes principais para o seu desprestixio e desactivación da protesta (que era, ou debera ser, de todos os traballadores, non dos sindicatos)