20100803

Sen obras

Pouco a pouco non, senón ás presas, fóronse paralizando as obras da autovía en diversos tramos, de xeito que agora parece que só quedan en marcha as correspondentes a Barreiros-Lourenzá. Hai alcaldes que protestan, e non debe causar extrañeza: representa un pao en diversos aspectos.
En primeiro lugar, de xeito inmediato, o emprego. O efecto do emprego non é desprezable, aínda que sexa de xeito transitorio, e máis se se considera a época de crise. Pero a pesares da importancia do tema, as obras non deberan ter como obxectivo primario as mesmas obras, dicir, ter como fundamento para realizalas o emprego, senón un resultado posterior, en este caso, a mellora das comunicacións.
Ise sería o segundo punto: o que representan de retraso das comunicacións cara ó futuro. Nunha zona que tradicionalmente non estivo moi ben comunicada co centro da provincia, de galicia ou da penínusula, e tampouco gozou de moi boas comunicacións internas, este retraso supón unha desventaxa comparativa na economía da zona respecto doutras.
En terceiro lugar, algo non menos importante aínda que hai que esperar que sexa circunstancial: mentras se realizan as obras as infrastruturas están en precario. Prodúcense inconvintes diversos, dende as riadas (neste caso, está visto que o inconvinte é máis que temporalmente circunscrito ó tempo de obra) ata os atrancos nas vías de comunicación xa existentes, que a parte de non ser 'tradicionalmente boas' como dixen arriba, últimamente estaban sendo descoidadas nalgúns tramos, quizáis á espera do remate das obras da autovía. E os impedimentos nos tramos xa existentes na actualidade non son desprezables.
A parte, hai cousas que se poden considerar máis pequenas, pero que tamén deberan ser xulgadas. Poñamos por caso, o balance das relacións económicas. Hai xa tempo que falei do efecto 'sal no zapato' (ou aquí) e isto váino incrementar: se Ribadeo xa cadraba dende hai moito, por mor das comunicacións, na órbita económica ovetense, o deixar autovía feita cara ó centro de Asturias, e máis impedimentos cara a Galicia, vai incrementar evidentemente as relacións cara ó leste en relación coas mantidas cara ó oeste, mesmo podendo implicar cambios sociopolíticos. A Ribadeo aféctalle ademáis o tema de que o esperado acceso por Vilaselán dende Galicia será con toda seguridade esperado durante máis tempo. E iso tamén é economía.
Máis? Pois si. O anterior é un comentario cinguido a unha actuación en marcha na nosa zona, o completar a autovía. Pero está demostrado que a potenciación de autovías en España foi unha medida na que interviu un lobby de empresas de producción de coches para a promoción de vías de comunicación rodada a nivel europeo. Que ben que grazas ós produtores de coches deuse un impulso ó transporte por automóbil... en detrimento da potenciación doutros tipos de transporte alternativo, como o ferrocarril, ou mesmo das comunicacións en xeral, incluída a banda ancha de internet. E da alternativa do ferrocarril na zona, sabemos algo, nas circunstancias nas que está e a alternativa realque representa na actualidade, co corte da via no mesmo termo de Ribadeo hai pouco. Pero é moito meterse agora a tratar esta comparación (incluíndo custes finais, ecoloxía, etc) polo que curto a entrada cunha coincidencia: o anuncio dos recortes da inversión en estradas e a case inmediata paralización de obras produciuse con poucos días de antelación ó anuncio de que as vendas do sector do automóbil voltaron a caer en período mensual máis dun 40% despois dunha tímida recuperación mes tras mes durante aproximadamente un ano. Pensaría o goberno algo como para que estradas sen coches ou estaría pensando nalgo 'máis profundo'?

4 comentarios:

JOSE ANGEL BOLAÑO PENELO dixo...

Bos días:

Suceden estas cousas cando o que prima son intereses "ocultos"; ¿onde van as planificacións dos proxectos, o cálculo das supostas desviacións que sempre existe o risco de que se produzcan?
O benestar da poboación é un concepto que aínda non se ten asimilado.

Un saudo.

JOSE ANGEL BOLAÑO PENELO dixo...

Bos días:

Sempre suceden estas cousas cando o que prima son outros intereses. ¿Onde están a programación dos proxectos e as desviacións que poden producirse a hora de iniciar unha inversión?

O concepto benestar aínda non está moi asimilado por parte dalgúns sectores?

Un saudo.

Yo escribo dixo...

Un pequeno comentario:

A obra que continua facéndose é a de Barreiros-Vilamar.

O tramo Vilamar-Lourenzá está parado.

Agremon dixo...

Certamente, o tramo en obras é só ata Vilamar. Como tal, non existe o tramo Barreiros Lourenzá, senón Barreiros-Vilamar e Vilamar-Lourenzá.