20100810

O camiño de Santiago no entorno de Ribadeo, un par de comentarios

Hai anos que posteei noutro blog unha entrada relativa ó camiño de Santiago, que a mellorei con gráficos en pdf, ou que puxen na Mariña/El Progreso unha serie de tres artigos sobre o camiño. Retorno sobre o tema a conto dunha pequena escapada que fixen o outro día ata Lourenzá en bicicleta e volta, polo Camiño de Santiago.
Poucas cousas novas a dicir ... relativamente. Dende o ano santo pasado, variou que sáese de Ribadeo atravesando unha nova ponte, sobre a circunvalación. E pouco máis. De calquera xeito, puiden anotar algunha cousa a comentar.
En primeiro termo, as fontes no camiño chaman a atención, sobre todo se o día permete que o Sol esteña pro riba todo o rato. Pois ben, as fontes que hai no tramo ribadense do camiño distínguense ben das dos outros tramos ata Vilanova: por unha veira, están en lugares apropiados para o descanso, pequenos parques ad-hoc, ó contrario que as fontes sitas nos outros concellos; pero pola outra, mentras que as de Barreiros por exemplo especifican auga potable conectada á rede, etc, as de Ribadeo locen un cartel onde se especifica que non se sabe da potabilidade da auga (nunha, dominando Arante) ou indicando mediante un símbolo que non é potable (en Vilela).
Tamén me chamou a atención a falta de letreiriño cos quilómetros de distancia a Santiago en cáseque todolos fitos ata máis aló da metade do camiño a Vilanova. Sería cousa de repoñelos, pero chama máis a atención o feito de que supónse que quenes transitan por alí son peregrinos camiño de Santiago, cun certo esprito relixioso, crete ou non, e cunha noción axeitada do que está ben facer e do que non.
Unha terceira cousa é a conservación do camiño, que se apreza diferente por tramos e por concellos. Diría que a proporción de tramos en bo estado é inferior no que abrangue o concello de Ribadeo, que ten o conxunto de dous tramos peor de toda a travesía: un, antes de chegar a San Vicente de Covelas e outro despois de pasara A Ponte de Arante. Neles, o camiño está destrozado. En conxunto, non obstante, o camiño en Ribadeo manifesta unha atención de tempo, tendo os regos de escorrentía máis antigos. Tanto máis, que os que son feitos con terra sobresaíndo do nivel do camiño, xa case con se aprezan.


En canto a información, supónse que os peregrinos veñen da capital do concello, e na oficina de Turismo hai información abonda. En Barreiros teñen que optar por un cartelón enumerando gráficamente as cousas interesantes a visitar. Por certo, que chama a atención nese cartel, e máis adiante, que unha das dúas ramas 'oficiais' do camiño non aparece: fáise propaganda da rota por San Xusto, que maximiza o paso polo concello de Barreiros, en lonxitude, fitos de interese ou comercialmente, mentras non se ve indicación algunha para a variante do San Marcos da Cadeira, que inclúe a Trabada no reparto de zonas de paso.
Por certo, no San Marcos notei que aínda queban as estruturas provisionais montadas para o San Marcos, hai un par de meses, o que me lembrou que este luns a xente do GRUMIR estaba desarmando tenderetes que quedaran armados o día anterior en Santa Cruz.
As fotos, dous detalles da Ponte de Arante, cruce do Camiño de Santiago sobre o Río Grande.
Por certo, entre camiñantes adiantados e xa chegados a Vilanova, os números perdéronseme ó pasar de 50...

2 comentarios:

Anónimo dixo...

O que é bastante vergonza é que nun pobo coma Ribadeo, que presume de ser a Porta Norte do Camiño de Santiago, exista un albergue con só 12 literas, e non se permite a posibilidade de ir a un pabellón municipal ou a un local similar senón pertences a un grupo cunha reserva feita. Así a xente, logo de igual camiñar 30 km., ten que continuar 8 km. mais ata un albergue habilitado en Vilela, quedando a maioría das veces en hostais da propia vila, que aínda que é bó para o pobo, deixa moi mala imaxe, sabendo que por exemplo albergues como o de Abadín teña 26 plazas.
Aínda por encima, o albergue é o sitio escollido por moita xente para acudir ós aseos, dado que en todo o entorno Paseo Marítimo-Faro non hai ningún servicio ó que poida acudir calquera persoa. O albergue é público, sí, pero o seu uso é para peregrinos, non para persoas de a pé, para eso están pagando 5 euros. Servicios como o Bús das praias ou similares están ben, pero uns servicios en puntos estratéxicos da vila darían unha moi boa imaxe e serían de moita utilidade.

Agremon dixo...

Quizáis iso sexa a clave para ver peregrinos camiñando ou en bici mesmo á saída de Ribadeo ata case o anoitecer.
en canto ó prezo, eu cría que estaban pagando 3 e non 5€.