20100730

Un país normal

O título corresponde a algo que entendo triste para unha especie de compañeiro de viaxe irmán maior, moito maior, deste blog. Vieiros. Hai uns días dábase a nova do peche desta canle informativa con visión relacionada con Galicia. É de esperar que se manteña na rede ata que remate o seu aboamento de dominio, e de aproveitar mentras o seu fondo de novas e artigos diversos. E, por que non un movemento para conservar na rede estes anos de información dende, por e para Galicia?
Naturalmente, non todo se vai a considerar excelente, nin moito menos, pero Vieiros marcou case tres quinquenios da rede en Galicia, mellorando a media e a disposición de canta xente quixera beneficiarse dela. Algo máis que unha mágoa. Unha parte da historia recente de Galicia que se está a ir, que se foi.

4 comentarios:

Xosé M. Vázquez dixo...

Coincido co que anotas, o primeiro paso é manter o dominio e o fondo documental do servidor, para consultas como base dun estilo de facer información en galego e para os galegos.

E nun prazo medio debemos valorar a posibilidade de continuar este proxecto, nunha segunda etapa onde a xestión pase a ser dun grupo amplo de persoas interesadas en contar con información plural na nosa língua. Non é difícil se hai vontade e un compromiso mínimo, digo máis, é doado se queremos. Xa está ben de lamentacións, de poñer en mans de terceiros os nosos sonos e a responsabilidade dos fracasos, chegou o momento de comprometernos.

clapaucio dixo...

O sea, vamos a ver si lo he entendido:

Construimos encima de las playas, y no pasa nada.
Hay un 20% de paro, y no pasa nada.
Premian a la Guardia Civil por multar en lugar de auxiliar, y no pasa nada.
Abaratan despidos, y no pasa nada.
Gana España el Mundial, y casi rompe el país.

Y vosotros pensáis que se va a movilizar la gente por una página web???
para ir a vuestro país dónde hay que pedir visado?? mañana marcho a vivir ahí.

PD. Siento mucho el cierre de la página, quizás podría hacerse un mantenimiento a través de la Agrupación Francisco Lanza, no?? Buscan proyectos interesantes para subvencionar.

Salu2

Agremon dixo...

Que non Clapaucio, que non vai por aí a cousa. É unha cousa máis. E sempre contando con cousas como o de un gran non fai graneiro, pero axuda ó compañeiro, ou aqeloutro de fixérono porque non sabían que era imposible.