20100715

Descoberto o pastel do ascensor


Onte foi descoberta a placa e inaugurado o ascensor. Cal? O da Atalaia, claro. 21 m de desnivel. Non máis pasaxeiros polo momento, pois está pechado á espera de pequenos detalles. O acto foi aproveitado: non foi o importante ó descubrimento da placa, senón os comentarios e peticións arredor dela, lembranza de inversións prometidas e lembranza tamén de que o concello non ten cartos para poñer unha persoa que o coide. Aí vai o titular de La Voz: Ribadeo inaugura un ascensor panorámico de 1,4 millóns sen poder pagar a quien o atenda.
O pulo? Máis que comunicar o porto, dar vida a unha zona que estaba a esmorecer. As incógnitas son moitas, comezando por cánto tempo estará en funcionamento. As curiosidades tamén, e aí está a zona barrada á beira do ascensor, protexida non para evitar máis derrumbes, snón para evitar que a xente se poda situar baixo deles.
No plano, a zona con centro no ascensor, tal como viña contemplada no último que se sabe públicamente do PXOM, entre a aduana vella (arriba) e o auditorio de Cabanela (abaixo). O-11 é á capela da Atalaia.
Algúns relacionados:
Pagus - ascensor na atalaia de Ribadeo
Sobre a Atalaia
De Suso Peña á Atalaia
Xa non é nova
Será noticia
Cogomelos
O ascensor da Atalaia, onte
Guirilandia

3 comentarios:

Félix Soria dixo...

O ascensor da Atalaia é a imaxe case que perfecta da ineficiencia de moitos políticos profesionais (sen esquecer que a idea e os compromisos orzamentario e presupostario non foron do actual equipo de goberno ribadense).
Saúdos.

Anónimo dixo...

So cabe agardar que pasado o tempo veña un alcalde con setido común e se dispoña a recuperar o vello paisaxe e patrimonio da Atalaya. E se decida a derribar esa monstruosa construcción para devolvelle o rincón mais histórico de Ribadeo a sua propia entidade. Cousas así xa se viron noutros tempos e lugares. Recórdese o edificio da Caixa de Aforros en Barreiros.

Agremon dixo...

Lembro que nalgunha entrada foi deixado un comentario comparándoo coas obras megalomaníacas dalgúns dictador...