20100526

Palabras, ocas?

Hoxe é día de mercado en Ribadeo. Na praza cómpranse e véndense mercadorías varias. Na prensa, comentarios dos políticos. Nada novo, pero facendo ruído, neste caso, a conta da posible moción de censura. Como di un xornal, "de momento o que hai na política ribadense é moito ruído." E é que parece que a política sofre asemade inflacción de ruído, non en vano somos dos países do mundo con máis contaminación acústica. Conecta moi ben co último post de Im-pulso, "cada vez máis, a información política é un rosario de palabras ocas". Por suposto, non é só que en troques de facer política a oposición se de propaganda para ter máis visibilidade que estes tres últimos anos, senón tamén as notas institucionais dende o goberno municipal, as que estarían máis en relación co post de Im-pulso. Collendo un parágrafo deste, "burlar a labor dos informadores (...) porque unha vez esquivado o informador, todo é noticia, incluída a nada". É dicir, a producción dunha inflacción de novas produce unha desorientación informativa, o que é manipulable. Tanto como a falta da información, coa que está relacionada: non din que os extremos tócanse?
Unha nota: Uso moitas veces tanto a prensa como direitamente as notas de prensa do concello.

Ningún comentario: