20100520

Orzamento, non, presuposto, tampouco (II)

Despois da primeira entrada sobre o pleno de martes, seguen sucedéndose as novas sobre o sucedido. Ás xa apuntadas como comentario daquela (1 e 2), hai que engadir tanto as notas de prensa do concello (1 e 2) como os diversos comentarios dos edis na radio (1, 2, 3, 4, 5, 6), a visión da nova no outro xornal (1, onde por certo se di que os contactos entre membros da oposición non comenzaron, mentras que onte a última hora podo confirmar unha amigable charla entre Rivas e Balbino) ... Non hai en ningunha das novas moito detalle sobre o pleno, senón máis ben exposición de posibles consecuencias e opinións sobre as mesmas, ou analízase en termos de responsabilidade ou irresponsabilidade, coas opinións de cada quen metidas nesa asignación.
As dúas xuntanzas previas mantidas antes do orzamento, e que foron esgrimidas como parte da causa do consenso ou rexeitamento polos grupos, parecen ter xa quedade esquecidas, o mesmo que as votacións (2 a favor, 5 abstencións na comisión) ou mesmo a supremacía dos 68 000 €, e definitivamente, tamén quedou esquecida a nota da interventora relativa á normalización do financiamento do concello de ser aprobado o orzamento. Todos estes extremos foron superados polo futuro.
Si que mereceron parágrafos a disposición dos grupos a non cobrar por asistencia ós plenos e a rebaixa do alcalde, non deixando claro que en todo caso, foi parte da consecuencia do desenvolvemento das cousas: a proposta de rebaixa do 15% no soldo do alcalde foi da oposición (que por outra banda, é algo que vai vir de por si se prospera a normativa estatal e así o deixou caer o alcalde) e a proposta de non cobrar os plenos, foi do alcalde, recollida como cousa normal pola oposición. En calquera caso, mellor, en ambos casos, aínda non se materializou a tal proposta.
En xeral, excepto nas notas do concello, tampouco se fala das liñas xerais propostas no presuposto botado abaixo, nin nos inconvintes que viu a oposición. Por iso, como un punto máis, tamén sería destacable a postura do PP no pleno, que non se puxo a analizar os números porque dixo que sinxelamente non cría que tiveran pensado cumprilos, por falta reiterada á palabra por parte do goberno municipal, e que a súa falta de apoio xa estaba anunciada polos condicionamentos postos o ano pasado, que non se cumpriron. Algo que, engadiron, alomenos nos 19 anos que leva JC Andina polos plenos municipais, non pasara nunca.
Así as cousas, sen descartar unha moción de censura máis adiante, o próximo venres ás nove da mañá haberá unha cuestión de confianza.
Coido que continuará.

Ningún comentario: